Blog de orientación

BOLSAS N.E.A.E.

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2024 - 2025

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 25%).
  • -  Alumnado con trastorno grave de conduta.
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 25%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón.  

 

 

Prazo de presentación:  dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.

 

Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

 

 

ConZENtrate

     Colección de cadernos con recursos para desenvolver habilidades cognitivas e traballar emocións.

 

         Caderno conZENtrate para Educación Infantil

 

        Caderno conZENtrate para 1º e 2º de Primaria

 

        Caderno conZENtrate para 3º e 4º de Primaria

 

        Caderno conZENtrate para 5º e 6º de Primaria

 

 

CURSO 2022 / 2023

 

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2022 - 2023

 

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 33%).
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 33%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 Prazo de presentación:  ata o 30 de setembro de 2022.

 

Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

 

Como solicitar esta axuda

ACCESIBILIDADE

 

ORIENTACIÓNS, FERRAMENTAS E RECURSOS

PARA FACER ACCESIBLES AS PROPOSTAS EDUCATIVAS   

 

 

 Documento do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), con recursos e orientacións para facilitar o acceso a aprendizaxe de tod@s.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

   O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria colaborou, xuntamente con outros coles,  coa asociación Vontade de Tomiño enviando cuestións e dúbidas sobre a discapacidade. 

   Como resultado, as persoas integrantes desta asociación, crearon o vídeo que podedes ver premendo no seguinte link:

 

https://drive.google.com/file/d/1skuUnelvTBea-EJm-9Tf2hoG0Fsdwocy/view?usp=sharing

 

Moitas grazas, Vontade!

CURSO 2021 / 2022

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA

DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2021 - 2022

 

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 33%).
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 33%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 Prazo de presentación:  ata o 30 de setembro.

 

https://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-y-ayudas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dc

CALENDARIO COMPETENCIAS 2021

 

 

Descubride neste calendario da CEAPA como desenvolver competencias clave todos os días do ano.

BENESTAR EMOCIONAL

O benestar emocional é un concepto amplo que ten que ver, non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de xeito positivo ou adaptativo as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

 

 

 

 

 

Programa de Intelixencia Emocional 

(Programa elaborado pola Diputación de Gipuzkoa)

 

3 - 4 anos 5 anos

 

6 - 8 anos 8 - 10 anos 10 - 12 anos
 Anexos  Anexos  Anexos

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Protocolos de atención á diversidade en Galicia

 

     
     
     
     

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer