GUÍA DE PRÁCTICA DE MINDFULNESS PARA MOMENTOS DE ESTRÉS
Introdución e orientacións para iniciarse na práctica do mindfulness como ferramenta útil para o contexto estresante xerado pola emerxencia sanitaria do COVID-19. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NAS SAÍDAS DA POBOACIÓN INFANTIL
A música é capaz de todo: trasladarnos a recordos do pasado, acompañarnos en todo momento e conseguir levarnos a calquera lugar, levantando o noso ánimo naqueles días máis grises e tristes.
Aquí, neste pequeno recuncho, imos propoñervos a escoita dunha lista de cancións realmente capaces de conseguir este obxectivo, aínda que, como todos sabemos, a última palabra sempre a temos nós mesmos, porque alegrarnos a vida nestes períodos tan difíciles só depende de nós.
Ánimo!! Todo vai saír ben!
A editorial Kalandraka ofrece contos contados para acompañar o día a día das familias.
A editorial de literatura infantil e xuvenil Kalandraka pon o seu gran de area no espazo de entretemento cultural e literario lanzando a campaña audiovisual "Cuentos contados" na que cada día irá subindo un vídeo contando un conto de entre todas as obras do seu catálogo. Esta acción está orientada, sobre todo, para o disfrute dos máis peques da casa, pero tamén deleitará a todas aquelas persoas que lles gusta que lles conten contos.
|
Así es la vida. Este conto, escrito por Ana Luísa Ramírez e ilustrado por Carmen Ramírez, pode axudar @s nen@s a reflexionar sobre a vida, sobre as situacións boas ou difíciles que nos tocan vivir e pensar que as cousas, moitas veces, non saen como pensabamos, pero que todas as ocasións nos poden servir para aprender e crecer como persoas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer