Benestar emocional. Cancións para levantar o ánimo
A música é capaz de todo: trasladarnos a recordos do pasado, acompañarnos en todo momento e conseguir levarnos a calquera lugar, levantando o noso ánimo naqueles días máis grises e tristes.
Aquí, neste pequeno recuncho, imos propoñervos a escoita dunha lista de cancións realmente capaces de conseguir este obxectivo, aínda que, como todos sabemos, a última palabra sempre a temos nós mesmos, porque alegrarnos a vida nestes períodos tan difíciles só depende de nós.
Ánimo!! Todo vai saír ben!