Nesta publicación da CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais) podemos atopar pautas para ensinar ás fillas e aos fillos o bo uso dos videoxogos e dispositivos móbiles.
Desde o Departamento de Orientación e, con gallo da conmemoración desta
sinalada data, presentamos ás distintas titorías a seguinte proposta de
actividade para traballar desde as aulas.
PDF descargable:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/system/files/Futuros%20d...
O PROGRAMA ARCO
No mes de setembro solicitamos a participación no Progama ARCO (accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación).
Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, persegue, entre outros, os seguintes obxectivos:
Grazas á participación neste programa o centro vai contar cunha docente máis (a media xornada) para, xuntamente coas persoas titoras, mellorar a atención á diversidade de alumnado de 4º, 5º e 6º.
BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA
DE APOIO EDUCATIVO
Resolución de 31 de xullo de 2020 da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-2021
Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:
Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/720295/docu...
Estamos a piques de rematar este curso 2019 /2020. Un ano académico que, sen dúbida, quedará na memoria de pequenos e maiores.
Hai nen@s que no próximo curso van comezar unha nova etapa educativa, continuando no colexio ou pasando a un centro de secundaria. Para tod@s el@s e para as súas familias achegamos esta información sobre o cambio de etapa, realizada polo psicopedagogo Jesús Jarque.
POR FIN AO INSTITUTO. GUÍA PARA FAMILIAS
(orientadora Montse Alonso álvarez)
Asemade, alumnado de tres anos incorporarase por primeira vez ao colexio, comezando o segundo ciclo da Educación Infantil. Esperamos con ilusión o momento de darlles a benvida ao CEIP Plurilingüe Nº 2.
Actualmente, entendemos a intelixencia como un conxunto de potencialidades que se activan en función das condicións, demandas e oportunidades propias dun contexto determinado.
Enlazamos a estes cadernos, da Editorial Santillana, con actividades para potenciar estas habilidades: atención, memoria, orientación espacial e temporal, razoamento e pensamento crítico.
Hoxe, máis que nunca, a familia convértese no centro de todo o noso universo e é a ela, precisamente, á que lle temos que agradecer o noso benestar persoal.
Aquí vos deixamos un conto de Olga de Dios para que disfrutedes, como non podería ser doutra maneira neste día tan especial, en compañía da familia.
Material para trabajar la lectura. Es de la Editorial Lebrón.
Los ejercicios se realizan a partir de 15 pequeñas historias y abarcan variedad de actividades como, por ejemplo: observar y contestar oralmente a preguntas, ordenar un texto leído, completar un texto con palabras, sopas de letras, localizar errores, etc.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer