ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

O PROGRAMA ARCO

 No mes de setembro solicitamos a participación no Progama ARCO (accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación).

Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, persegue, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Apoiar ao alumnado para mellorar o rendemento académico.
  • Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
  • Diminuír barreiras de aprendizaxe que dificultan acadar os obxectivos do nivel educativo.
  • Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.

Grazas á participación neste programa o centro vai contar cunha docente máis (a media xornada) para, xuntamente coas persoas titoras, mellorar a atención á diversidade de alumnado de 4º, 5º e 6º.

 

     

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer