Poderíamos definir as competencias como aqueles coñecementos, habilidades e destrezas que deben adquirir as persoas para resolver tarefas da vida real que lles fagan sentir máis libres e responsables.
A CEAPA, para axudar a desenvolvelas, edita este calendario para que as familias aumenten as posibilidades de éxito da vida escolar e social dos fillos e das fillas.
É na familia onde se define a autoestima das nenas e dos nenos, onde aprenden a aceptarse e quererse a sí mesmos e onde aprenden a recoñecer se a súa opinión é ou non valorada.
En función do estilo educativo da familia, os pequenos e as pequenas aprenderán moi cedo a recoñecer se o que pensan ou dicen é válido para os demáis.
Os nenos levan comportamentos e actitudes que aprenden na familia aos demáis contextos sociais en que se moven.
Aquí tenemos tres contos, editados pola CEAPA, para ler en cooperación cos fillos e coas fillas, cos que se pode traballar este tema.
O TDAH ou Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade está caracterizado por unha dificultade de manter a atención voluntaria fronte ás actividades, tanto académicas como cotiás levando engadido unha falta de control dos impulsos.
A sintomatoloxía pódese manifestar de forma diferente segundo a idade dos pequenos e débese desenvolver en dous ou máis ambientes (como na casa e no colexio).
Segundo as características que se manifesten podemos atopar:
Déficit de atención
Hiperactividade
Impulsividade
"Siembra un pensamiento y cosecharás un acto.
Siembra un acto y cosecharás un hábito.
Siembra un hábito y cosecharás un carácter.
Siembra un carácter y cosecharás un destino"
Samuel Smiles
Interesante guía editada pola Junta de Andalucía para asesorarnos sobre boas actuacións ante o uso das tecnoloxías dixitais por nosos fillos e nosas fillas.
O Síndrome de Asperger (SA) é un trastorno do desenvolvemento, de base neurobiolóxica, que afecta ao funcionamento social e ao espectro de actividades e intereses.
Para coñecer máis:
Esta guía foi elaborada no ano 2004 por un grupo de profesionais de DELETREA , unha das institucións máis prestixiosas en España relacionadas cos Trastornos Xerais do Desenvolvemento e coa colaboración de José Artigas Pallarés, neuropediatra e psicólogo.
Resulta tamén interesante coñecer este MANUAL de instrucións con pictogramas das actividades cotiás dunha persoa desde que se levanta ata que se deita, realizado por Aurora Garrigos, nai dun chico con Asperger
8 CONSELLOS PARA A MELLORA DA AUTOESTIMA
Ter un nivel axeitado de autoestima é un requisito indispensable para poder aprender.
Azucena Caballero e Mireia Long, no seu blog PEDAGOGÍA BLANCA, mostrannos interesantes consellos para mellorar a autoestima das nosas fillas e dos nosos fillos.
Excelentes orientacións da psicopedagoga galega Ana Torres Jack.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer