Blog de orientación

Aprender desde a casa xogando

Desde o Departamento de Orientación queremos sumarnos ao labor que o profesorado do centro está realizando á hora de proporcionar ás súas respectivas titorías todos aqueles recursos educativos que están ao seu alcance para reforzar, afianzar e/ou avanzar cos contidos propios da súa propia práctica docente.

Os materiais que aquí vos imos ir presentando son recursos aplicables a todo o alumnado, recursos moi visuais e interactivos cos que non só aprenderemos, senón que o faremos do mellor xeito posible, xogando e disfrutando.

 

Árbol ABC. Trátase dunha plataforma pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nen@s desde 3 a 10 anos e inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.

 

 

 

 

GUÍA DE RECURSOS #yomequedoencasa  

A Fundación Mª Jose Jove en colaboración coa Asociación Participa, veñen de elaborar esta guía con recomendacións, recursos audiovisuais, visitas virtuais, lecturas...para nen@s e adultos.

   

 

 

AULAS GALEGAS.  Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de docentes sen ánimo de lucro, con recursos variados para utilizar tanto o profesorado como as familias.

https://aulasgalegas.org/

 

 

QUEDÁMONOS NAS CASAS

VOLVEREMOS A JUNTARNOS,

VOLVEREMOS A BRINDAR,

UN CAFÉ QUEDA PENDIENTE EN NUESTRO BAR...

(Volveremos a Brindar. La Oreja de Van Gogh)

 

      Neste momento  que nos toca vivir convirtamos as nosas debilidades en fortalezas e loitemos todos xuntos, uns dende a primeira liña e outros dende as nosas casas, para defender o noso estilo de vida. 

     Enlazamos ao blog de Daniel Novoa onde o psicólogo vigués nos proporciona

20 IDEAS PARA COIDAR A SAÚDE PSICOLÓXICA DURANTE O CONFINAMENTO

 

 

Decálogo para las familias fronte ao coronavirus da Asociación Española de Pediatría

MEDIACIÓN ESCOLAR

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia á Muller no Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Escolleuse esta data para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Mª Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo, na República Dominicana.

En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data.

Necesitamos a implicación de tod@s para dar visibilidade a esta gran problemática da sociedade actual e realizar actuacións que promovan unha igualdade de xénero real.

 


 

No CEIP Plurilingüe Nº 2 somos conscientes da importancia de que o noso alumnado, ademais de aprender coñecementos e desenvolver competencias, debe medrar cuns valores e actitudes axeitados para facerse persoas plenas e ser quen de construír unha sociedade mellor.

Educamos na igualdade todo ano pero estes días, co gallo da conmemoración do 25 N, realizamos e participamos nunha serie de actividades querendo sensibilizar e promover actitudes de igualdade, respecto, tolerancia, convivencia positiva..., co obxectivo de APRENDER A SER PERSOAS.

 

MATERIAIS PARA TRABALLAR A IGUALDADE NAS AULAS

 

PAUTAS PARA EDUCAR EN IGUALDADE

 

 

DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE LECTURA

 

     Guía para familias de alumnado con dificultades específicas da lectura, editada pola Conselleria de Educación, Investigación, Cultura y Deporte de la Comunitat Valenciana.

 

 

Premede na imaxe

BOLSAS E AXUDAS

       No BOE do 27 de xullo aparece publicado o Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2019-2020.    

 

      Estas necesidades educativas deben ter sido acreditadas mediante un certificado dun departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

         Para a emisión deste certificado requerirase:

  1.  Certificado de discapacidade.
  2.  Diagnóstico clínico dos servizos sanitarios sostidos con fondos públicos nos supostos de trastornos graves de conduta.

        Os umbrais de renta e patrimonio para poder solicitar estas axudas aparecen na citada Resolución.

       As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formato accesible por internet na dirección https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1233

        O prazo de presentación remata o 26 de setembro.

 

        Acceso á información do Ministerio de Educación

          

      

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO

     Publicación da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados).

          Esta guía recolle pautas, consellos e testemuños que nos axudarán a comprender mellor ás persoas con TDAH.

 

FOLLETOS DE AXUDA A NAIS E PAIS

Enlace ao Blog Familia y Cole, do orientador Jesús Jarque, para acceder á informacións uteis sobre diversos temas relacionados co coidado dos fillos.

 

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de Competencias Clave

para a aprendizaxe permanente CEAPA 2016

         Unha vez máis remitímonos á web da CEAPA para achegar este calendario de 2016 con suxerencias de actividades para realizar en familia e axudar a desenvolver  competencias clave nas nosas fillas e nos nosos fillos (en función da idade de cada un).

     As competencias clave, en tanto que combinación de coñecementos, capacidades e actitudes axeitados para unha determinada situación, son fundamentais para todas as persoas nunha sociedade baseada no coñecemento.

       As oito competencias reflectidas son as propostas pola Unión Europea:

  1. Competencia en comunicación en lingua materna.
  2. Competencia en comunicación en linguas estranxeiras.
  3. Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía.
  4. Competencia dixital.
  5. Competencias sociais e cívicas.
  6. Conciencia e expresión culturais.
  7. Competencia para aprender a aprender
  8. Sentido da iniciativa e espíritu de empresa.

     Preme na imaxe para acceder ao calendario.

      

     

CONVIVENCIA

RECURSOS PARA DESENVOLVER HABILIDADES DE CONVIVENCIA

       A Obra Social "La Caixa" oferécenos unha serie de recursos para traballar a educación socioemocional, tanto dentro coma fóra das aulas.

       Premendo na imaxe podemos acceder aos mesmos.

 

 

 

UN DELFÍN SALE DEL SOMBRERO

   Con esta historia, Clara Redondo e Mª Reyes Guijarro, ofrécennos unha oportunidade para traballar os dereitos dos nenos e nenas con discapacidade.

   Trátase doutra publicación da CEAPA.

 

Preme na imaxe

ORIENTACIÓN FAMILIAR

    O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pon a disposición das familias esta páxina de axuda e orientación na educación das nenas e dos nenos en idade escolar.

 

ORIENTACIÓN FAMILIAR

OS FILLOS: INSTRUCIÓNS DE USO II

 

       Continuamos ofrecendo as  excelentes orientacións da psicopedagoga Ana Torres Jack.

 

INTELIXENCIA E TALENTO II

A Teoría das Intelixencias Múltiples e o fomento das capacidades das nosas fillas e dos nosos fillos

AUTONOMÍA E RESPONSABILIDADE

CUATRO PÁJAROS Y UN PATO SOBRE EL CABLE DE LA LUZ

    Conto de Clara Redondo, editado pola CEAPA co obxectivo de aportar un instrumento ás nais e pais para promover a autonomía e a responsabilidade dos seus fillos e fillas de entre 6 e 12 anos.

    

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer