Skip to Content

Aprender desde a casa xogando

Desde o Departamento de Orientación queremos sumarnos ao labor que o profesorado do centro está realizando á hora de proporcionar ás súas respectivas titorías todos aqueles recursos educativos que están ao seu alcance para reforzar, afianzar e/ou avanzar cos contidos propios da súa propia práctica docente.

Os materiais que aquí vos imos ir presentando son recursos aplicables a todo o alumnado, recursos moi visuais e interactivos cos que non só aprenderemos, senón que o faremos do mellor xeito posible, xogando e disfrutando.

 

Árbol ABC. Trátase dunha plataforma pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nen@s desde 3 a 10 anos e inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.

 

 

 

 

GUÍA DE RECURSOS #yomequedoencasa  

A Fundación Mª Jose Jove en colaboración coa Asociación Participa, veñen de elaborar esta guía con recomendacións, recursos audiovisuais, visitas virtuais, lecturas...para nen@s e adultos.

   

 

 

AULAS GALEGAS.  Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de docentes sen ánimo de lucro, con recursos variados para utilizar tanto o profesorado como as familias.

https://aulasgalegas.org/

 

 



page | by Dr. Radut