Calendario

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de Competencias Clave

para a aprendizaxe permanente CEAPA 2016

         Unha vez máis remitímonos á web da CEAPA para achegar este calendario de 2016 con suxerencias de actividades para realizar en familia e axudar a desenvolver  competencias clave nas nosas fillas e nos nosos fillos (en función da idade de cada un).

     As competencias clave, en tanto que combinación de coñecementos, capacidades e actitudes axeitados para unha determinada situación, son fundamentais para todas as persoas nunha sociedade baseada no coñecemento.

       As oito competencias reflectidas son as propostas pola Unión Europea:

  1. Competencia en comunicación en lingua materna.
  2. Competencia en comunicación en linguas estranxeiras.
  3. Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía.
  4. Competencia dixital.
  5. Competencias sociais e cívicas.
  6. Conciencia e expresión culturais.
  7. Competencia para aprender a aprender
  8. Sentido da iniciativa e espíritu de empresa.

     Preme na imaxe para acceder ao calendario.

      

     

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer