O TDAH ou Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade está caracterizado por unha dificultade de manter a atención voluntaria fronte ás actividades, tanto académicas como cotiás levando engadido unha falta de control dos impulsos.
A sintomatoloxía pódese manifestar de forma diferente segundo a idade dos pequenos e débese desenvolver en dous ou máis ambientes (como na casa e no colexio).
Segundo as características que se manifesten podemos atopar:
Déficit de atención
- A miúdo non presta atención suficiente para os detalles e comete erros por descoido tanto nas tarefas escolares coma en outras actividades.
- A miúdo ten dificultades para manter a atención nas tarefas.
- A miúdo ten dificultades para organizar tarefas e actividades.
- A miúdo evita tarefas que requiren esforzo mental sostido.
- A miúdo non é quen de seguir as instrucións que se lle indican.
- A miúdo parece non escoitar cando se lle fala directamente.
- A miúdo perde as cousas necesarias para a realización das tarefas.
- A miúdo descoida e esquece algunhas actividades diarias.
- Distráese facilmente por estímulos irrelevantes.
- A miúdo ten dificultades para prestar atención a dous estímulos simultáneos.
Hiperactividade
- A miúdo move en exceso mans e pés e retórcese no asento.
- A miúdo cóstalle estar sentado cando o debe facer.
- A miúdo corre ou trepa en situacións inapropiadas.
- A miúdo actúa como se tivese dentro un motor.
- A miúdo fala en exceso.
- A miúdo expresa as emocións con maior intensidade.
- Cóstalle esperar o seu turno.
- Vai dun lado para outro sen motivo aparente.
Impulsividade
- A miúdo actúa sen pensar.
- A miúdo fala en momentos pouco oprtunos ou responde sen terminar de escoitar a pregunta.
- A miúdo interrompe en xogos e explicacións.
- A miúdo non é quen de planificar.
- A miúdo sente irritabilidade.
- A miúdo perde ou estraga as súas propias cousas ou as dos outros.