CURSO 2022 / 2023
BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
para o curso 2022 - 2023
Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:
- - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 33%).
- - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais
- - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
- - TEA.
- - Altas capacidades.
Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:
- - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 33%.
- - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.
Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2022.