SAÍDAS
FOMOS A APÍPOLIS
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS MOI LEDOS, XA QUE HOXE DESCUBRIMOS UN LUGAR XENIAL, NO QUE O PASAMOS EN GRANDE. FIXEMOS UNHA SAÍDA A APÍPOLIS, E ESTIVEMOS ALÍ GRAN PARTE DO DÍA.
NON SÓ DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS DAS ABELLAS, SENÓN QUE O PASAMOS EN GRANDE TODOS XUNTOS.
O DÍA FÍXOSENOS CURTO PARA TODO O QUE FIXEMOS. IMOS RESUMIRVOS UN POUCO EN QUE CONSISTIU.
DIVIDÍRONNOS EN 4 GRUPOS E IÁMONOS TURNANDO NAS ACTIVIDADES.
ASÍ MENTRES UNS SE METÍAN NA PEL DOS APICULTORES CUNS TRAXES CHULÍSIMOS , OUTROS RECORDABAMOS O APRENDIDO NO COLE VISITANDO A EXPOSICIÓN DAS ABELLAS, ONDE PUIDEMOS VER Á RAÍÑA NUNHA DAS COLMEAS.
OS DEMAIS GRUPOS, AMASAMOS E COCEMOS NO FORNO RICAS GALLETAS DE MEL, FIXEMOS UNHA EXTRACCIÓN DE MEL DUN PANAL E ELABORAMOS A NOSA PROPIA VELA, QUE TAMÉN PUIDEMOS TRAER PARA A CASA.
PASÁMOLO EN GRANDE E TROUXEMOS UN MONTÓN DE RECORDOS.
DEIXÁMOSVOS UNHAS POUCAS FOTOS PARA QUE VEXADES CANTO NOS DIVERTIMOS.
INDIANA BILL
E POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE FOMOS A INDIANA BILL!
OUTRO ANO MÁIS PASÁMOLO XENIAL TIRÁNDONOS POLOS TOBOGÁNS, SALTANDO, RINDO, PASEANDO ENTRE OS LABERINTOS... PERO SEN DÚBIDA UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN É QUE AS PROFES SE UNAN A NÓS .
PETER PAN
POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE COÑECEMOS A PETER PAN!!!!
FOMOS EN AUTOBÚS, POIS TIVEMOS QUE IR AO TEATRO A PONTEVEDRA, E DIFRUTAMOS UN MONTÓN COAS SÚAS CANCIÓNS. REVIVIMOS AS SÚAS AVENTURAS, E OS SEUS MÁIS E OS SEUS MENOS CO CAPITÁN GARFIO!!!
FIXO UN DÍA ESTUPENDO, POLO QUE ANTES DE VOLVER AO COLE ESTIVEMOS MERENDANDO NUN PARQUE.
ESTAMOS DESEXANDO VOLVER DE EXCURSIÓN .
EXCURSIÓN A INDIANA BILL
A XOGAR!!!
OS NENOS E NENAS ESTABAN DESEXANDO QUE CHEGASE A SAÍDA Á INDIANA BILL. UNHA SAÍDA LÚDICA NA QUE APROVEITAMOS PARA ACHEGARNOS MÁIS AFECTIVAMENTE A CADA NENO E NENA, DISFRUTAMOS DE MOMENTOS DE XOGO, ALEGRÍA REBOSANTE CON ESOS SORRISOS E CLARO … INSISTEN TANTO QUE AS PROFES TAMÉN SE TIRAN CON ELES POLOS TOBOGÁNS, POLO TANTO SON MOITOS OS ASPECTOS POSITIVOS: MOTRICIDADE, AFECTIVIDADE, CONVIVENCIA, EMOCIÓNS…E MOITA DIVERSIÓN!!.
SAÍDA A RECOLLER MILLO
O DÍA 3 DE OUTUBRO DISFRUTAMOS DUNHA SAÍDA NO ENTORNO DE TUI PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN DE MILLO. COMO DI A CANCIÓN DE MIGALLAS “SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR, MIRA O TRABALLO QUE HAI DETRÁS”. NESTA DIVERTIDA SAÍDA VALORAMOS O ESFORZO E TRABALLO DA RECOLLIDA DO MILLO CONVERTÍNDONOS EN GRANDES AGRICULTORES. MIRADE MIRADE…
HAI QUE PLANTAR | HAI QUE ESFOLLAR |
HAI QUE GARDAR |
HAI QUE DEBULLAR |
HAI QUE MOER |
HAI QUE AMASAR |
HAI QUE COCER |
HAI QUE PAPAR |
VOLTAMOS AO COLE |
|