Deporte en Tui
|
|
|
|
VI Urban Trail Night Eurocidade.
Sábado 25 de Novembro de 2023
Eurocidade Valença- Tui
O vindeiro sábado día 25 de Novembro de 2023, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 19:30h ata ás 21:00h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña.
Pincha aquí para descargar a nota de Inscripción
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Quinta de Tui Futsal
VII Campus Futsal "Toñín" Martín.
3-21 xullo 2023
A Quinta de Tui Futsal, organiza do 3 ó 21 de xullo o VII Campus Futsal, se che gusta o futbol sala, non podes perdelo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Club Kayak Tudense
Cursillos de Iniciación ó piragüismo.
O Club Kayak Tudense organiza durante os meses de xuño, xullo e agosto, cursillos de iniciación ó piragüismo. Animádevos a participar.
KAYAKTUDENSE@KAYAKTUDENSE.ORG PRAZAS LIMITADAS Xoox TUI XUNTA DEGALICIA NON tinto catering /ABANCA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA merxia PASTORIZA BAITRA"" width="564" height="397">
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Club Balonmán Tui
Xuño de portas abertas.
O Club Balonmán Tui, organiza no mes de xuño xornadas de portas abertas para coñecer o balonmán, anímate a vivir o balonmán.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Tyde Futbol Club viaxe a Verslmond.
Varios alumnos do C.E.I.P. Nº2 de Tui, atópanse na cidade alemana de Verslmond, co equipo Alevín do Tyde Fútbol Club, xogando un torneo internacional que se realiza entre o 8 e o 12 de xuño de 2023. Este convite ven da boa relación que o equipo tudense estableceu co equipo anfitrión desta cidade.
Aquí vos deixamos fotos da recepción do equipo no Concello de Tui e xa en Verslmond.
Desexarlle a todo o equipo a mellor das sortes e que sobre todo o pasen ben.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Carreira Solidaria Save the Children
Sábado 10 de xuño 2023 ( Tui )
O sábado, día 10 de xuño de 2023, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Save The Children no Paseo da Corredeira, organizada polo CEIP Nº1 de Tui, coa colaboración do Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui. Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as e familias que se animen a participar terán que realizar a inscripción no seguinte enlace: https://clubatletismotui.wordpress.com/, na recollida do dorsal, realizarase un donativo a Save The Children, que será a beneficiaria de todo o importe recaudado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIII Triatlón Tui-Porriño.
Sábado 27 de maio de 2023
Marina de Tui
O pasado sábado día 27 de xuño de 2023 tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.
Tivemos oportunidade de fotografiarnos co gran triatleta Javier Gómez Noya padriño da proba e gañador dunha prata nas olimpiadas de Londres 2012 e varios campionatos do mundo e de Europa. Grazas a todo o equipo de alumn@s voluntarios.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Trofeo Baile Deportivo
Eurocidade Tui-Valença
26 de Marzo 2023
O sábado día 26 de marzo, está previsto o IX Trofeo de Baile Deportivo, na Eurocidade Tui-Valença. Un evento deportivo, que poderemos ver no Pavillón Gustavo de Tui. Animamos a todo o alumnado e familias, a gozar de esta oportunidade, que nos ofrece o deporte tudense.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloia Kids Trail 23.
Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.
O vindeiro sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías serán:
Sábado, 11 de febreiro ás 16:30h.
BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos.
Domingo, 12 de febreiro ás 10:00h
A proba de 20k a saída será ás 10:00 da mañá e reservada para corredores maiores de 18 anos.
A proba de 10k a saída será ás 11:00 horas e reservada para maiores de 15 anos.
Para o alumnado deixámosvos a folla de inscripción aquí.
Para os adultos a inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:
https://www.deporticket.com/web-evento/7923-aloia-trail
Atoparedes toda a información en : http://www.traildoaloia.com/
Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Alexia Pérez Vila.
Xogadora do Club Bádminton Tui.
A alumna Alexia Pérez de 6ºA, xogadora do Club Bádminton Tui, participou en Ourense nun Clinic de este deporte. Alí realizouse un documental sobre este deporte, no que ela foi protagonista do mesmo. Aquí vos deixamos o vídeo para que gocedes de este gran momento.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IX Camiñada solidaria 2022-
O domingo 18 de decembro realizarase a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño, organizada polo clube AndaTui.
Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense.
Atoparedes máis información, premendo sobre a imaxe. Animádevos a practicar deporte en familia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1ª San Silvestre (Tui, 31 de nadal de 2022).
O Club Atletismo Tui, coa colaboración do Concello de Tui, vai organizar o día 31 de nadal de 2022, a 1ª proba San Silvestre en Tui. Esta proba poderá realizarse correndo ou andando. Unha fantástica posibilidade de prácticar deporte en familia.
Animádevos a participar en familia!. Ao remate da proba haberá chocolate, rosca e uvas.
A Inscrición será gratuíta imprescindible ata o mércores 28 de decembro.
En beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Poden facerse donativos no seu número de conta (ES50 2100 2188 8302 0022 3608) ou en efectivo coa recollida do dorsal o día da carreira.
Atoparedes máis información na web do Club Atletismo Tui.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala o martes 6 de decembro
Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.
Aos que vos guste este deporte, animádevos a ir ata os pavillóns de Tui onde poderedes gozar do mellor fútbol-sala de base. Clicade sobre a imaxe para dispoñer de máis información.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eurocidade VI Urban Trail Night.
Sábado 26 de Novembro de 2022
Eurocidade Valença- Tui
O pasado sábado día 26 de Novembro de 2022, tivo lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h. Alí estivo o equipo de voluntarios do CEIP Nº2 de Tui, formado nesta ocasión por: Eloy, Eloy, Alicia, Aldara, Carla, Sabela, Sara e Xiana. Tamén colaboraron co equipo Xoel, Rubén, Alfonso e Cris os papás e o irmá de Sara. Moitísimas grazas a tod@s pola vosa gran axuda.
Eles foron os encargados de repartir o avituallamento aos corredores, así coma de sinalizar, recoller os residuos e deixar todo limpo e recollido. Un gran traballo que a organización califica de excelente.
Motisimas grazas a tod@s polo bo facer, polo voso compromiso e pola vosa axuda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eurocidade VI Urban Trail Night.
Sábado 26 de Novembro de 2022
Eurocidade Valença- Tui
O vindeiro sábado día 26 de Novembro de 2022, terá lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h.
Dende o equipo de Deporte Escolar, do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio como voluntarios para repartir o avituallamento, no paseo fluvial, debaixo da praza da Estrela en Tui, para iso temos que estar na na Praza da Inmaculada ( Diante do Xulgado antigo) ás 20:00h. E as familias recolleránnos no mesmo sitio, as 22:00h. Se alguna familia quere permanecer na actividade cos seus fillos son benvidas. Para calquera dúbida chamar ao teléfono 650602161.
|
|
|
|
|
|