Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 21.

Aloia Kids Trail 21.

Sábado 6 de Nov ás 16:00h.

O pasado sábado 6 de novembro de 2021, as 16:00h tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui. Da nosa escola animáronse a participar moitos alumnos e moitas familias. A nosa noraboa a tódolos/as participantes e tamén aos gañadores. Aquí queremos compartir os premios dalgúns dos gañadores.

Aloia Kids Trail 21.

Aloia Kids Trail 21.

Sábado 6 de Nov ás 16:00h.

O vindeiro sábado 6 de novembro de 2021, as 16:00h terá lugar a Aloia Kids Trail unha proba de correr gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui.Evento: Trail do Aloia 2021 (Tui) - Champion Chip Norte

As Categorías serán:

Sábado 6 de Novembro ás 16:00h.

BABY POWER: de 5 a 8 años

BABY ROCKET: de 9 a 12 anos

BABY WARRIORS: de 13 a 15 anos

 

Domingo 7 de Novembro ás 10:30h

ADULTOS: realizarán a súa proba o domingo 7 de novembro, a saída ás 10 30 da mañan e reservado para corredores maiores de 16 anos. 15km e con un desnivel de mais de 600 metros.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario pinchando aquí:

https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2200/trail-do-aloia-2021

Atoparedes toda a información en :

http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en tui.

 

Deporte en familia.Rutas con encanto

                Programa de Rutas do mes de outubro

            polas sendas dos Muiños do Tripes.   

                           

RUTAS "POLO CAMIÑO REAL AOS MUÍÑOS DO TRIPES"

Ás rutas sairán dende o Lavadoiro de Riomuíños ás 10h. Percorrido circular de 9 quilómetros. Duración estimada 4 horas. Cada día haberá unha temática diferente.

  • Sábado 9 ás 10 h . Aproximación ao Camiño Real e os Muíños.
  • Luns 11 ás 10 h.  Recuperación de camiños históricos, a A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro.
  • Domingo 17 ás 10h. Arquitectura e oficios tradicionais.
  • Sábado 23 ás 10 h. A vida no S. XVIII: camiños e muíños
  • Domingo 31 ás 10 h. Lendas, contos e cantigas.

VISITAS GUIADAS POLA SENDA DOS MUÍÑOS DO TRIPES

Ás visitas sairán do  punto de inicio da Senda ás 11h. Percorrido circular de 4'5 quilómetros. Duración estimada 3 horas. Cada día haberá unha temática diferente

  • Domingo 10 ás 11h. Aproximación aos Muíños e a cultura muiñeira.
  • Martes 12 ás 11 h. A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro
  • Domingo 24 ás 11 h. Os muíños no S. XVIII
  • Sábado 30 ás 11 h. Lendas, contos e cantigas.

 

Actividad Deportiva en Tui

I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro en Tui

EXPOSICIÓNS,DEMOSTRACIÓNS GASTRONÓMICAS, VISITAS GUIADAS...

Ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense a I Feira da Cabaza con exposicións en moitas das parroquias tudenses e rutas de sendirismo guiadas: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.

A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.

Nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.

A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui. 

 

Dende o cole queremos unirnos a esta iniciativa e facer a nosa propia exposición de cabazas.

 

I Feira da Cabaza

LUGARES DE EXPOSICIÓN

  • Areas - Centro Cultural
  • Baldráns – Casa da escola
  • Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
  • Guillarei – Centro Cultural
  • Paramos – Local no Monte das Penizas
  • Pazos de Reis – Centro Cultural
  • Pexegueiro – Centro Cultural
  • Randufe – Pancho Cultural
  • Rebordáns – Centro Cultural

RUTAS de Sendeirismo GUIADAS

 

  • Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos.  Saída dende o Alto das Penizas
  • Domingo,  3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira   
  • Sábado,  9 de outubro, ás 17 h.  Guillarei. Saída dende o casa  cultural
  • Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída  dende  a casa cultural 
  • Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía 
  • Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
  • Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída   dende a casa cultural
  • Sábado, 23 de outubro ás 17 h.  Baldrans. Saída dende a casa cultural
  • Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída   dende a casa cultural
  • Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende  o Paseo da Corredoira.

Máis información na web do Concello de Tui.

 

A piloto de rallys Leticia López e a copiloto María Martínez.

 A piloto de rallys Leticia López e

a copiloto María Martínez

deportistas no mundo do motor.

A piloto de rallys Leticia López e a copiloto María Martínez , dúas antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, fan historia  nesta modalidade deportiva en Tui.

Queremos mostrarlle o noso recoñecemento pola súa valentía e coraxe, así como pola contribución que están a facer na  visibilizacion das mulleres en deportes claramente masculinizados. Seguramente lles esperan grandes aventuras, soños e triunfos.

A por eles campionas!!  

Deporte en Tui.

Recepción oficial a Gustavo Rodríguez

Medalla de Prata nos Xogos Paralímpicos

En Tríatlon TPVI xunto a Héctor Catalá.

O pasado mércores día 1 de setembro de 2021 ás 20:00h,  Gustavo Rodríguez foi recibido pola Corporación Municipal de Tui, no salón de sesión, nun acto emotivo para felicitar os seus resultados nos Xogos Paralímpicos de Tokio, sendo guía de Héctor Catalá na proba de Tríatlon.

Ás 8:15h  tivo lugar o recibimento popular na praza do concello, onde tivo unha felicitación especial, de moitos deportistas e tudenses. Entre eles Enrique Miguez que quixo compartir con Gustavo e co alumnado da nosa escola este gran momento, recordando a súa medalla nos xogos Olímpicos dos Ánxeles en 1982.

 Noraboa Campións

Campión de España de Kung-Fu Xoel González Nogueira de 3º.

Campión de España de Kung-Fu

Xoel  González Nogueira de 3º

Cuenca 8 de Maio 21.

O pasado sábado 8 de maio de 2021, celebrouse en Cuenca o Campionato de España de Kung-Fu. Neste campionato participou Xoel de 3º co Club Disom de Tui. Despois de toda a competición, Xoel converteuse en Campión de España.  Grazas a súa familia e ao seu club podemos compartir con todos vós as fotos de este importante momento.

Noraboa Campeón! 

Deporte en Tui. Torneo de Nadal de Bádminton

Torneo de Nadal de Bádminton

IES San Paio 

20-12-19

Xa está aquí, a cuarta edición do Torneo de Nadal - Deputación de Pontevedra, que organiza o Club Bádminton Tui.

Será como é costume na tarde do día 20, último venres antes das vacacions de nadal. E pasaremos unha tarde de bádminton e festa no Pavillón do IES San Paio de 16 a 21 h.

Xogarase en 4 categorías: Sub11, Sub15, Absoluto e Recreativo

É necesario inscribirse previamente no email ou teléfonos do clube (cbtui2015@gmail.com / 649 901 305 / 685 960 370)
Os inscritos deberán levar o día do torneo  un kilo de comida que será entregado a Sos Tomiño Baixo Miño.

Non tardedes en inscribirvos, esperamosvos!

 

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado domingo 24 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.

 Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 10-5/10-7/7-7/8-7.

Excelente partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e  logrou gañar. Noraboa

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 17 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.

 Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 6-4/12-1/6-5/6-5

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e que logrou gañar. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a segunda xornada da liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 10 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Carballar. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel , Iago e Lía .

 Os parciais foron: Carballal-C.B.Tui: 3-10/4-6/5-4/5-5

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e logrou gañar. 

 

Tamén victoria do equipo Infantil contra o equipo Rebusca de Ribadavia 25-24.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 2 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Guardés. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.

 Os parciais foron: Guardés- C.B.Tui: 2-1/0-7/3-6/1-8

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e  logrou gañar. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

Deporte en Tui: Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui segue a xogar a  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 27 de outubro de 2019, os/as nosos/as deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Salceda.

Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Lía e Yesica.

 

Moi bo partido, onde o resultado non foi favorable. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas.

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui ven de comezar a liga 19-20, este fin  semana do 26 de outubro de 2019 xogando ante o Chapela o primeiro partido da presente liga . 

 Os parciais foron: C.B.Tui-: 6-2/3-4/7-3/8-0

Un triunfo que deixa boas sensacións para a vindeira tempada. Noraboa a todo o equipo polo gran traballo de esta tempada.

 

Na categoría Infantil feminino do clube tamén xogan Lía, Uxía e Yesica e antigas alumnas do cole. Un equipo con moita ilusión que vai mellorando pouco a pouco.

Moito ánimo e moitas gañas que non falten campionas.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA.

IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

 IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui, Iria, Ruth, Zanah, Lucas, Erea, Alexandre, Gabriela e Yesica, xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba. Unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que o pasamos e da importancia que ten colaborar e axudar nas probas deportivas para que estas se leven a cabo con éxito. Moitas gracias tamén á profe Montse, a profe Patri, a Fernando, a Hernán, a Juan, a Iago e a todas as familias pola axuda.


IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

 

Some 6th grade students from CEIP Nº2, apart from some sports team teachers participated as volunteers in the trail. It was a great experience colaborate in this activity. Here you have some pictures in which we are having a great time.

Distribuir contido