Deporte en Tui. Torneo de Nadal de Bádminton

Torneo de Nadal de Bádminton

IES San Paio 

20-12-19

Xa está aquí, a cuarta edición do Torneo de Nadal - Deputación de Pontevedra, que organiza o Club Bádminton Tui.

Será como é costume na tarde do día 20, último venres antes das vacacions de nadal. E pasaremos unha tarde de bádminton e festa no Pavillón do IES San Paio de 16 a 21 h.

Xogarase en 4 categorías: Sub11, Sub15, Absoluto e Recreativo

É necesario inscribirse previamente no email ou teléfonos do clube (cbtui2015@gmail.com / 649 901 305 / 685 960 370)
Os inscritos deberán levar o día do torneo  un kilo de comida que será entregado a Sos Tomiño Baixo Miño.

Non tardedes en inscribirvos, esperamosvos!