Recepción oficial a Gustavo Rodríguez
Medalla de Prata nos Xogos Paralímpicos
En Tríatlon TPVI xunto a Héctor Catalá.
O pasado mércores día 1 de setembro de 2021 ás 20:00h, Gustavo Rodríguez foi recibido pola Corporación Municipal de Tui, no salón de sesión, nun acto emotivo para felicitar os seus resultados nos Xogos Paralímpicos de Tokio, sendo guía de Héctor Catalá na proba de Tríatlon.
Ás 8:15h tivo lugar o recibimento popular na praza do concello, onde tivo unha felicitación especial, de moitos deportistas e tudenses. Entre eles Enrique Miguez que quixo compartir con Gustavo e co alumnado da nosa escola este gran momento, recordando a súa medalla nos xogos Olímpicos dos Ánxeles en 1982.
Noraboa Campións