Deporte en Tui

Deporte en Tui

Imagenes Animadas de AtletismoEurocidade VI Urban Trail Night.Dm4uz3 Foekoe Sticker - Dm4uz3 Foekoe Foekoe Gaming Stickers

Sábado 26 de Novembro de 2022

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 26 de Novembro de 2022,  terá lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:30h.

VI Urban Trail Night Eurocidade | Deporticket

Dende o equipo de Deporte Escolar, do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio como voluntarios para repartir o avituallamento, no paseo fluvial, debaixo da praza da Estrela en Tui, para iso temos que estar na  na Praza da Inmaculada ( Diante do Xulgado antigo) ás 20:00h. E as familias recolleránnos no mesmo sitio, as 22:00h. Se alguna familia quere permanecer na actividade cos seus fillos son benvidas. Para calquera dúbida chamar ao teléfono 650602161.

Deporte en Tui

Imagenes Animadas de AtletismoVI Urban Trail Night Eurocidade.Dm4uz3 Foekoe Sticker - Dm4uz3 Foekoe Foekoe Gaming Stickers

Sábado 26 de Novembro de 2022

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 26 de Novembro de 2022, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 20:00h ata ás 22:00h.

VI Urban Trail Night Eurocidade | Deporticket

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña. A nosa axuda será repartindo o avituallamento. Teredes máis noticias ao longo da semana.

Se queredes máis información sobre a proba pinchade aquí.

Deporte en Tui

O papá de Kloe Garrido Campeón do mundo de Maratón de piragüísmo.

Hoxe martes 04 de outubro de 2022, a periodista deportiva Kloe Garrido, de 1º do noso cole, sorprendeunos cunha gran noticia. Ela estivo en Ponte de Lima onde o seu papá se proclamou campión do mundo de Maratón  a fin de semana pasada. Un recorte de xornal, facía que Kloe se sentira moi orgullosa do gran triunfo de Manu, aceptando publicalo na web do cole, para que todos o alumnado poida facer recoñecemento, do que isto supón.

Depois de moito esforzo, moita dedicación e máis ilusión, Manuel Garrido conseguiu facer historia proclamándose Campión do Mundo de Marathón, na modalidade C1 da categoría senior. Esta competición consiste en ir en piragüa una distancia marcada, pasando por unha zona onde deben transitar correndo a pé coa piragüa na man. 

A nosa enhoraboa a este gran deportista e papá, que nos leva ofrecido grandes momentos e ilusión polo piragüismo, sendo un referente para o alumnado do noso cole. Que o disfrutes que é máis que merecido Manu.

Moita gracias a Kloe por compartir con nós esta noticia tan interesante.

 Manu Garrido y Tono Campos, a la derecha, en el podio del Mundial de maratón. // FDV

A nosa noraboa ao Club Kaiak Tudense e a todos os participantes de esta gran proba en especial a tod@s @s tudenses.

Deporte en Tui

Promoción de Piragüismo.

O pasado martes 20 de setembro o alumnado de 5º desprazouse ata as instalacións do Club Kayak Tudense. Alí gozaron de unha xornada en piragüas na que ademáis de pasámolo moi, moi ben, traballaron o compañerismo, a cohesión etc... Tamén nos convidaron a ir a probar as súas clases de kaiak polas tardes.

Moitas grazas a Buzo e a Matias por aportarnos tanto.

Deporte en Tui

Promoción de Judo

O pasado xoves 15 de setembro estiveron con nós Rubén Morais e Xosé Ramón Solla do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para fomentar o compañeirismo, para o respecto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a ir no mes de setembro a probar as súas clases polas tardes, de xeito gratuito.

Moitas grazas Rubén e Solla por aportarnos tanto.

Deporte en Tui

Promoción de Fútbol Sala.

 O pasado mércores 14 de setembro de 2022, tivemos a Xacobe do Club a Quinta de Tui Futsal e a Juan, Alba e os seus Futbol sala  e pasámolo xenial, xogando. Tamén nos convidaron a visitar os seus clubes para practicar este deporte durante todo o ano. Moitas, moitas grazas.

Deporte en Tui

Promoción de Baloncesto

O pasado martes 13 de setembro, estiveron con nós Javi e Alejandro do Club Baloncesto Tui. Con eles xogamos a baloncesto e aprendemos o importante que é xogar en equipo. Tamén nos convidaron a formar parte do seu Club.

Moitas grazas Javi e Alejandro  por crearnos ilusión polo baloncesto.

Deporte en Tui

Promoción de Bádminton.

O pasado martes 13 de setembro, estiveron con nós Marisa e Javier do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e convidáronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

Deporte en Tui

Promoción de Fútbol Gaélico.

O pasado, luns 12 de setembro de 2022, estiveron con nós membros do Club de Fútbol Gaélico de Gondomar: Pablo, e Suso. Eles adestran no campo de Fútbol do Chaín e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Nos tivemos a oportunidade de probar e practicar. Moitas grazas.

Deporte en Tui

Promoción de Balonmán

O pasado, venres 9 de setembro de 2022, estiveron con nós membros do Clube Balonmán Tui: Pablo, Pablo, Josu, Martín e Pablo. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles son presidente, xogadores, adestradores,etc... de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

Deporte en Tui

Proposta de actividades dos Clubs Deportivos de Tui

Curso 22-23

Deporte en Tui

Xornadas de Promoción

dos Clubs Deportivos.

Curso 22-23

C.E.I.P Nº2 DE TUI

Deporte en Tui

Proposta de Actividades

Club Baloncesto Tui

Tempada 22-23

Deporte en Tui

Proposta de Actividades

Tyde 

Tempada 22-23

Deporte en Tui

Raquel unha campiona de Kaiak.

A alumna Raquel de 3ºB compite no Kaiak Tudense, co que leva gañado moitas medallas en diferentes regatas. Estes días do mes de maio quixo compartilas cos seus/suas compañeiros/as de clase. Noraboa Raquel.

Distribuir contido