O papá de Kloe Garrido Campeón do mundo de Maratón de piragüísmo.
Hoxe martes 04 de outubro de 2022, a periodista deportiva Kloe Garrido, de 1º do noso cole, sorprendeunos cunha gran noticia. Ela estivo en Ponte de Lima onde o seu papá se proclamou campión do mundo de Maratón a fin de semana pasada. Un recorte de xornal, facía que Kloe se sentira moi orgullosa do gran triunfo de Manu, aceptando publicalo na web do cole, para que todos o alumnado poida facer recoñecemento, do que isto supón.
Depois de moito esforzo, moita dedicación e máis ilusión, Manuel Garrido conseguiu facer historia proclamándose Campión do Mundo de Marathón, na modalidade C1 da categoría senior. Esta competición consiste en ir en piragüa una distancia marcada, pasando por unha zona onde deben transitar correndo a pé coa piragüa na man.
A nosa enhoraboa a este gran deportista e papá, que nos leva ofrecido grandes momentos e ilusión polo piragüismo, sendo un referente para o alumnado do noso cole. Que o disfrutes que é máis que merecido Manu.
Moita gracias a Kloe por compartir con nós esta noticia tan interesante.
A nosa noraboa ao Club Kaiak Tudense e a todos os participantes de esta gran proba en especial a tod@s @s tudenses.