Deporte en Tui

O TYDE ALEVÍN CAMPIÓN DE LIGA

O TYDE ALEVÍN PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE LIGA

O equipo alevín do clube tudense proclause campión da liga. Contando todolos seus partidos con victorias o Tyde conseguíu 36 puntos.

Aqui tedes a clasificación final e unha foto do equipo

 

 

UN CAMPIÓN DO NOSO COLE

O Alumno Raúl Mansinho Campión de España de Campo a Través

 

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Raúl Mansinho, ven de proclamarse Campión de España, na proba de Campo a Través, para persoas con discapacidade, na categoría Infantil.

Dito campionato tivo lugar no Campo do Palacio da Magdalena en Santander o pasado 30 de Xaneiro.

 
 

Aquí vos deixamos un enlace, onde podedes atopar máis información:

http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3305

 

Os nosos parabéns para este gran campión!!!!!!!!!!.

 

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO TEUCRO C

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 24 de Xaneiro de 2015, o seu correspondente encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Teucro C, con resultado favorable para o equipo tudense de 10-0. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por estes grandes resultados

Partido solidario Randufe Fútsal - Burela Pescados Rubén

Partido solidario  Randufe Fútsal - Burela Pescados Rubén.

Este venres, 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben.

Este partido terá caracter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais.

Amais diferentes casas colaboradoras aportarán rosca e chocolate quente, que se venderá a un euro, e a recaudación irá dirixida a apoiar á asociación e ao club. A organización tamén entregará un regalo aos cen primeiros nenos e nenas que acudan ao pavillón.

Este será un partido de máxima rivalidade, dado que o Burela P. Rubén ocupa a segunda posición da liga, e os de Tui, que levan cinco partidos consecutivos gañando, están no sétimo posto, polo que unha victoria podería asegurar a súa participación na competición da Copa.

 

Trofeo Concello de Tui de Bádminton

 Trofeo Concello de Tui de Bádminton

Este domingo celébrase o Trofeo Concello de Tui de Bádminton

Forma parte do Circuíto Babolat Deportes Carlos Miguel

Este domingo, 7 de febreiro, o pavillón deportivo do IES San Paio de Tui albergará o Trofeo Concello Tui Circuito Babolat Deportes Carlos Miguel de Badminton, organizado polo Club Badminton Tui e o Club Badminton Rachaplumas, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase nas categorías Sub11, Sub13, Sub17 e Absoluto.

Os horarios do campionatos son os seguintes:

Sub17 – 09.00 a 12.00 horas

Absoluto – 12.00 a 15.00 horas

Sub 11 – 15.00 a 18.00 horas

Sub 13 – 18.00 a 21.00 horas

Este trofeo agarda contar con máis de cen xogadores e xogadoras, procedentes da provincia de Pontevedra. A entrega de trofeos realizarase ao remate dos encontros de cada unha das categorías.

PARTIDO DO TYDE CONTRA O VILA DO CORPUS

PARTIDO DO TYDE CONTRA O VILA DO CORPUS

O sábado 9 de xaneiro reanudouse a liga dos Alevíns A do Tyde tralo parón de Nadal, celebrouse a xoranada 12 do torneo.

Viaxaron a terras ponteareáns a xogar contra o Vla do Corpus B, o resultado foi de 0-3 e con 33 puntos, 11 partidos gañados dos 11 xogados, confirmánse como os primeiros na clasificación a falla dun partido para rematar a liga.

A pesares do mal tempo e do mal estado do campo, os noso nenos controlaron en todo momento o partido, non permitindo ter ao equipo local moitas ocasións de gol.

NORABOA!!!!!!!

 

 

IVÁN ALONSO E ALBERTO DÍAZ

Iván Alonso e Alberto Díaz Gañan a Regata do Río Negro (Arxentina).

Iván Alonso e Alberto Díaz lograron a victoria na Regata do Río Negro en Arxentina, a proba máis dura do mundo con 273 km de percorrido… Os 2 palistas do Kayak Tudense, afrontaron a última xornada como líderes tanto na categoría senior como en veterans..

A nosa noraboa para estes dos grandes campións..

Atoparedes máis información en: http://telemarinas.com/ivan-alonso-y-alberto-diaz-logran-la-victoria-en-la-regata-del-rio-negro/

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.No que participarán moitos alumn@s do noso centro 

 

Neste festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.

Anímadevos a participar!.

IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

IV Gala do Deporte Tudense

 

O pasado Venres día 27 de Novembro de 2015, tivo lugar no Área Panorámica de Tui a IV Gala do Deporte Tudense, organizada polo Concello de Tui, onde se premiou aos mellores deportistas tudenses, tanto nas categorías Promesa, Senior e Veterán, tamén se entregou premio a Adestrador, Premio a Clube, Premio promoción deporte  Base, e Mencións especiais…

Destacar a gran cantidade de deporte e deportistas cos que conta Tui, entre eles moitos dos nenos/as do noso colexio que forman parte de esa base do deporte tudense. Os nosos parabéns a todos os premiados e en especial aos que pertencen á nosa comunidade educativa.

Neste enlace podedes atopar información detallada da Gala.

http://www.infominho.com/index.php/id/74/objeto/28122/claves/ESPECIAL---TUI-HOMENAXEA-OS-SEUS-DEPORTISTAS-M%C3%81IS-DESTACADOS-NA-IV-GALA-DO-DEPORTE-TUDENSE

 

IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

IV GALA DO DEPORTE ESCOLAR TUDENSE

O vindeiro Venres, 27 de Novembro clebrarase en Tui, a cuarta edición da Gala do Deporte Tudense, será ás 20:30h no Teatro Municipal de Tui.

Os Premios Deporte Tudense 2015 reunirán a numerosos deportistas dos Clubes de Tui, e será a festa do deporte. Aquí podedes atopar máis información:

 

http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3210

 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o VI encontro da Temporada o pasado fin de semana, 21 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Esta fin de semana os nenos xogaron en Atios e gañaron 0-14. Ao equipo sentoulles ben a segunda equipación azul celeste.

Adxuntamos imaxes dalgún dos goles que marcaron. Noraboa!!!!!

 

 

A Quinta Futsal alevín xoga os seus partidos de Liga

 

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou o pasádo Martes 17 de Novembro de 2015, un novo encotro de liga. O resultado do partido foi:

Amor de Dios de Vigo-A Quinta Futsal.  3-4

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Noraboa boa por este gran resultado.

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto.

O equipo Alevín, do Club Baloncesto Tui, está a xogar a liga regular de baloncesto. Neste equipo xogan Laura C, Adriana, Sara e Marta, do noso cole.

O pasado fin de semana do 15 de Nov, xogaron co equipo do Celta. O resultado non acompañou as xogadoras tudenses, que a ben seguro xogaron de maravilla.

Celta-C.B.Tui. 65-14.

A seguir xogando con ilusión e facendo baloncesto coma a vós vos gusta.

 

A Quinta Futsal alevín comeza os seus partidos de Liga

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou  a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu  encotro de liga. O resultado do partido foi:

A Quinta Futsal-Gondomar Futbol-sala.  0-5

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Ainda que o resultado non foi moi favorable, imos a darlle moitos ánimos para que nas vindeiras xornadas o resultados ao seu favor vaian chegando.

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LALÍN

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu segundo encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Lalin, con resultado favorable para o equipo tudense de 5-3/3-3/4-5/8-2. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Distribuir contido