Deporte en Tui

URBAN TRIAL EUROCIDADE

 

Urban Trail Night Eurocidade

 26 Novembro 2016

 Tui -Valença.

A Eurocidade Tui Valença promove a primeira proba Urban Trail Night, cun circuito noturno espéctacular pola Fortaleza de Valença, antiga ponte internacional e zona histórica de Tui.

Esta proba consiste nun trail Urbano Nocturno que une os Concellos de Valença do Miño e Tui.

Terá lugar o 26 de Novembro a partir das 20:ooh ( 19:00h en Portugal), serán 14 km de percorrido que combina distintos tipos de terreos: brandos, asfalto, escaleiras, ladeiras, a través dos cales poderase coñecer e disfrutar os cascos históricos tanto de Tui como de Valença.

Animadevos a participar.

Podedes atopar máis información en:

www.urbantrailnight.com

www.cm-valenca.pt

www.visitvalenca.com

 

 

 

 

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO RASOEIRO

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou  a fin de semana do 19 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

O partido foi Rasoeiro do Grove- C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 2-6/1-4/3-3/5-8/ Resultado final:11-21. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia, Marta de 5ºC, Maya de 6ºB e Lucía de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria de 5ºC e Maya de 6ºB. Moitas gracias.

III TORNEO DE BAILE DEPORTIVO EUROCIDADE

III Torneo de Baile Deportivo Eurocidade.


O vindeiro Domingo, 20 de Novembro celebrarase  o“Circuito Eurocidade” que constará este ano 2016 de unha única proba que se celebrará xunto ao Trofeo Eurocidade que  se celebrará tamén ese mesmo día

Na proba participaran parellas de Portugal e de España, e o circuito será para competir con diferentes bailes cos que posteriormente se disputarán os Trofeos nacionais e os Open Internacionais.

Animamos  a todo o alumnado do noso centro que xunto ás súas familias disfruten de esta oportunidade de ver o mellor Baile Deportivo do momento en Tui.

 

EQUIPO DE BALONMÁN TUI

O clube de Balonmán Tui gaña ao Galicia Social

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 12 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi C.B. Tui-Galicia Social, con resultado favorable para o equipo tudense de 6-0/5-1/1-9/3-3 resultado final 7-1. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia, Marta de 5ºC, Maya de 6ºB e Lucía de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPO ALEVÍN DO TYDE

O Equipo Alevín A Tyde F.C. xogan a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da  pasada fin de semana, 12 de Novembro de 2016, foi o seguinte, con estes resultados:

Salceda C- Tyde A F.C. Resultado 0-4

Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada pola familia de Jorge Pascual de 5ºC.

EQUIPO BALONMÁN DE TUI

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 5 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi Balonmán Lavadores-C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 4-5/3-4/0-5/2-5 resultado final 0-8. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia e Marta de 5ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria e polos alumnos de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPO BALONMÁN DE TUI

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 5 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi Balonmán Lavadores-C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 4-5/3-4/0-5/2-5 resultado final 0-8. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia e Marta de 5ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria e polos alumnos de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPOS ALEVÍNS DO TYDE

Os Equipos Alevíns A e B do Tyde F.C. xogan a liga federada da tempada 16-17

Os equipos Alevíns do Tyde F.C., xogan a liga federada da Temporada 16-17 Os partidos da  pasada fin de semana, 5 de Novembro de 2016, foron os seguintes, con estes resultados:

Tyde A F.C.- Caldelas Resultado 10-0 

Guardes- Tyde B F.C.-Resultado 7-1

Nestes equipos do Tyde e do Caldelas xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores, independentemente do resultado.

Información facilitada polos alumnos de 5ºC.

EQUIPO BENXAMÍN DE BALONMÁN TUI

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, xoga o Terceiro encontro da temporada

O pasado Sábado 5 de Novembro o equipo Benxamín do Club Balonmán Tui xogou o terceiro encontro da liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou na Guarda co seguinte resultado.

Guardés B- Tui . 14-2/7-3/5-8/15-10

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

Seguro que pouco a pouco os resultados irán chegando...poñédelle moitas gañas e ilusión.

Noticia facilitada pola familia de Uxía Soliño, moitas grazas.

 

 

 

 

EQUIPO BENXAMÍN DE BALONMÁN TUI

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, xoga o segundo encontro da temporada

O pasado Sábado 29 de Outubro o equipo Benxamín do Club Balonmán Tui xogou o segundo encontro da liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou en Tui co seguinte resultado.

Tui -Guardés A. 4-6/6-11/3-8/3-13

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

 Seguro que pouco a pouco os resultados iran chegando....poñedelle moitas gañas e ilusión..

Noticia facilitada pola familia de Uxía Soliño, moitas gracias.

 

CAMPIONATO GALEGO DE BÁDMINTON

 

Telmo Portela Medalla de Bronce

no Campionato galego de dobres de Bádminton en Ourense.

 

O alumno Telmo Portela ven de acadar a Medalla de Bronce no Campionato galego de Bádminton na modalidade de dobres no campionato que tivo lugar en Ourense a pasada fin de semana. Noraboa a Telmo e ao Club Badminton Tui, pola gran labor que está a facer neste deporte.

 

 

 

VISITAS GUIADAS POR TUI

O concello de Tui organiza unhas visitas guidadas pola cidade, e a varios monumentos. Estas visitas saen da praza do concello e non precisan de inscripción.

 

BALONMÁN

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, da comezo a temporada.

O pasado Sábado 22 de Outubro deu comezo a liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou no Rosal co seguinte resultado.

 Novás- Tui. 11-2/6-2/2-4/8-1

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

 Seguro que pouco a pouco os resultados iran chegando....poñedelle moitas gañas e ilusión..

 

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLÓN

 

Gustavo Rodriguez Campeon de España de Triatlón longa distancia 2016

O pasado Domingo 23 de Outubro, tivo lugar o Campionato de España de triatlón, na modalidade de larga distacia C: 4000 m de natación, 120km de ciclismo y 30km de carrera a pe, a victoria foi para o tudense Gustavo Rodríguez, que o ano pasado tivo que conformarse coa 2 posición.

Iván Pereira Medalla de Bronce en categoría grupo de idade.

Na mesma proba o tudense, Iván Pereira Iglesias , clasificariase 3º na súa categoría grupo de idade GE 30-34. Unha proba moi dura con indice altisimo de participación

A nosa noraboa a estes 2 grandes atletas tudenses, polo seu bo facer, polo seu esforzo e polo seu empeño.

SILVIA PEQUEÑO CAMPIONA DE ESPAÑA DE SKY NÁUTICO

 

Silvia Pequeño Campiona de España de Sky Nautico

9 Outubro de 2016

Club Nautico San Telmo.

 

A esquiadora de clube Náutico San Telmo de Tui, Silvia Pequeño proclamouse Campiona de España na categoría sub 21 o pasado Sábado 9 de Outubro.
Noraboa a Silvia que disfrute do seu triunfo

 

Distribuir contido