Deporte en Tui

EQUIPO ALEVÍN A DO TYDE

 

O Equipo Alevín A Tyde F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de xaneiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:

 Tyde A F.C. – Louro Tameiga Resultado 2-1

 Isto fixo que o Tyde se clasifique primeiro de grupo e se proclame Campeon da primeira fase da liga. Noraboa campións!.

 Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada pola familia de Jorge Pascual de 5ºC.

 

 

 

 

 

EQUIPO ALEVÍN DO CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana contra o Galicia Social. Os parciais foron de 2-4//1-4//0-9//2-9 afavor do equipo tudense no que xogan varios alumn@s do noso cole.

Noraboa por esta nova victoria.

REGATA MIÑO INTERNACIONAL

Regata Miño Internacional

8 de Xaneiro de 2017

Tui

O pasado domingo día 8 de Xaneiro de 2017, en horario matinal, tivo lugar aXXXVII Regata Miño Internacional-XIII Copa Presidente de la Diputación de Remo Olímpico, organizada polo Club Remo do Miño.

A proba tivo lugar dende san Pedro da Torre ata as instalacións do Centro Interfederado de Tui. Na mesma participaron embarcacións Cuatro-scull e Oito con timonel, nas categorías, xuvenil, absoluta e veterano.

Moitos equipos participaron neste evento: equipos galegos, de Madrid, de Portugal e incluso a participación do equipo británicoTrinity Boat Club da Universidade de Cambridge.

A nosa noraboa boa a todos os participates especialmente a aqueles que foron alumn@s do noso colexio

. Podedes atopar máis información no seguinte enlace: http://www.farodevigo.es/deportes/2017/01/09/club-remo-mino-tui-protagonista/1601235.html

VIII Torneo Solidario de Baloncesto o 21 de decembro en Tui

 

VIII Torneo Solidario de Baloncesto

o 21 de decembro en Tui

Mércores 21 de decembro ás 17:30h no Pavillón Municipal de Tui

Infominho - VIII Torneo Solidario de Baloncesto o 21 de decembro en Tui - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Mércores 21 de decembro ás 17:30h no Pavillón Municipal de Tui

O dia 21 de Decembro as 17:30h, o Club organiza xunto co Gadis-Hiper o VIII Torneo Solidário de Minibasquet.

Para poder participar no Torneo é imprescindible que os rapaces(zas) aporten :
Alimentos non perecedeiros , e a poder ser semi-cociñados ( Leite, Cacao, Conservas, Garavanzos cociñados....etc.).

P.D.- A persoa que o desexe, tamén pode colaborar co Clube na obtención de Alimentos, coas condicions antes sinaladas. Deixando os agasallos no pavillón a calquera hora da tarde ata o mesmo dia do torneo.

I TORNEO DE NADAL CLUBE BÁDMINTON DE TUI

 

I Torneo de Nadad Club Bádminton Tui

27 de decembro de 2016

16:00h a 20:00h en el IES San Paio de Tui.



O Club Bádminton Tui organiza o I Torneo de Nadal, no Pavillón do IES San Paio de Tui, o vindeiro martes 27 de decembro de 16:00 a 20:00 horas.

Será un torneo aberto a todo o mundo, sen limite de idade, nunha xornada para disfrutar do deporte de bádminton, ao final levarase un sorteo de regalos donados por entidades e centros comerciais.

Animamos a todo o mundo a achegarse e participar.

FESTIVAL DE NADAL DO CLUBE DE PATINAXE ARTÍSTICO RIBEX

Festival de Nadal do clube de patinaxe artístico Ribex

Este domingo 18 de decembro, as 17.30 horas no pavillón municapal de tui, vaise levar a cabo un festival de patinaxe artístico organizado polo clube Ribex.

O prezo da entrada é un quilo dalgún alimento non perecedero có que poder axudar á xente que o precisa.

Animádevos a colaborar e disfrutar das exhibicións.

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE XOGUETES TRADICIONAIS

 

Obradoiro de “creación de xoguetes tradicionais”.

A actividade, dentro o programa “Tecendo lazos” da Deputación, é de balde e

busca fomentar o coñecemento dos xoguetes clásicos

O pasado Venres, 9 de decembro, abre o período de inscrición para o curso

gratuíto de Creación de Xoguetes Tradicionais dentro do programa

“Brincadeiras de sempre” no marco da acción da Deputación de Pontevedra

“Tecendo lazos”.

 

O curso ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e fomentar o

coñecemento dos cativos dos xoguetes tradicionais cos que xogaban os seus

avós e avoas. Celebrarase entre o 26 e o 30 de decembro en horario de 10:30

a 13:30 do mediodía. A actividade dividirase en 5 módulos diferentes e é

totalmente de balde.

 

No obradoiro, os menores de 13 anos deberán acudir acompañados dun adulto

namentres que aqueles que superen os 13 anos poderán realizar o mesmo

soamente cunha autorización da nai, pai ou titor/a legal.

 

A inscrición está aberta até o 23 de decembro e pode formalizarse no

Concello de Tui en horario de 9:00 a 14:00 horas. O obradoiro desenvolverase

no edificio da Seguridade Social fronte ao albergue de Peregrinos.

 

 

1º TORNEO SOCIAL PADELTUI NADAL 2016

1º Torneo social PadelTui Nadal 2016

O Clube Padel Tui organiza os vindeiros 17 e 18 de Decembro o 1º Torneo Social de Padel de Nadal. O horario será de 16:00-22:00, nas instalación que PadelTui ten en Areas, as categorías serán: Junior( ata 14anos), masculino e feminino.

Animadesvos a participar.

6º CAMPUS DE NADAL ANIMATUI

6º Campus de Nadal Animatui

A empresa Animatui, organiza un ano máis o 6º Campus de Nadal, para nen@ entre 3 e 12 anos, será no Ceip nº1 de Tui, en horario de 9:00h-14:00h, durante o nadal

As persoas interesadas poden chamar ao teleforno 667748633.

Aquí vos deixamos máis información:

O EQUIPO ALEVÍN DO TYDE

O Equipo Alevín A Tyde F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da  pasada fin de semana, 3 de Decembro de 2016, foi o seguinte, con estes resultados:

Tyde A F.C. – Valmiñor  Resultado 9-0

Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada pola familia de Jorge Pascual de 5ºC.

RECORD DO MUNDO EN TUI

Damián Alonso e André Carvalho logran  a tentativa de récord mundial de 100 km en Tui.

O remeiro de A Guarda, Damián Alonso, xunto a André Carvalho do Club Remo Miño Tui Seta, acadaron batir o récord do mundo de 100km de remoergómetro a pasada tarde do Sábado 26 de Novembro de 2016, no Centro Comercial Outlet de Tui. A proba arrancaba ás 12:30 horas na planta baixa do centro comercial, os deportistas turnáronse durante case seis horas, cambiándose cada 3-4 min. Completando os 100km nun tempo record de 05h:56m:57.7s  con una ventaja final de -00:12:19.

A nosa noraboa a estes dous grandes deportistas. Podedes atopar máis información en: https://telemarinas.com/el-guardes-damian-alonso-logra-el-record-mundial-de-100-km-en-tui/

URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE

 

Urban Trail Night Eurocidade

 26 Novembro 2016

 Tui -Valença.

 A Eurocidade Tui Valença levou a cabo a primeira proba Urban Trail Night, con un circuito nocturno espectacular pola Fortaleza de Valença, antiga ponte internacional e zona histórica de Tui. 
Esta proba consistiu nun trail Urbano Nocturno que uniu os Concellos de Valença do Miño e Tui.

Tivo lugar o 26 de Novembro a partir das 20:00h ( 19:00h en Portugal), cuns 14 km de percorrido que combinou distintos tipos de terreos: brandos, asfalto, escaleiras, ladeiras, a través dos cales poideronse coñecer e disfrutar os cascos históricos tanto de Tui como de Valença.

Tamén houbo unha andaina de 10km para aquelas persoas que optaron por camiñar e non correr.

Antonio Toucedo (50’17”) e María Jesús Fernández (1h09’14”) proclamaronse vencedores da primeira edición da Urban Trail Night Eurocidade.

A nosa noraboa tanto aos gañadores coma a organización de este evento, un gran traballo e unha gran proba que esperemos que poidamos voltar a disfrutar na eurocidade.

 Podedes atopar máis información en:

 www.urbantrailnight.com

https://www.facebook.com/UrbanTrailNight/?hc_ref=PAGES_TIMELINE

 

 

 

V GALA DO DEPORTE EN TUI 2016

V Gala do Deporte en Tui 2016.

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que tivo lugar o pasado Venres día 25 de Novembro no Teatro Municipal de Tui.

Dende o Ceip Nº2 de Tui queremos felicitar aos antigos alumnos do noso centro Oscar Carrera,  Lucía portela e Raúl Mansinho, ambos galardoados nesta gala do deporte tudense. Oscar Carrera recibiu o Premio Deportista Masculino, Lucía Portela recibiu o Premio Promesa feminina e Raúl Mansinho recibiu o Premio de Deporte Adaptado. A nosa noraboa para estes grandes deportistas.

Na gala tamén houbo outros premios, e non queremos deixar de facer extensible a nosa felicitación aos mesmos, pola súa labor, polo seu traballo, a súa dedicación e o seu bo facer.

  • ·         Mención Especial a Comandancia Naval do Miño coma entidade colaboradora nos diferentes eventos que se realizan ó longo do ano en Tui.
  • ·         GADISA recibíu o premio á firma comercial nesta V Gala do Deporte Tudense pola súa colaboración cos clubes e actividades deportivas da cidade.
  • ·         O Premio Promesa masculina recaeu nas figuras de Adrián Malheiro(Piloto de karts) e Daniel Pérez(Padeeiro). En féminas o premio recaeu en Lucía Portela(Campo a Través) e Lara Feijóo(Padeeira).
  • ·         O Clube Piragüismo Penedo recibíu un galardón na categoría de Promoción do deporte base.
  • ·         Homenaxe a título póstumo a Ángel Barros, quen se iniciou no futbol co Tyde e mesmo creou un equipo de tenis de mesa.
  • ·         Mención especial solidaria para o colectivo SOS Tomiño-Baixo Miño, entidade que traballa coas familias máis necesitadas da nosa comarca.
  • ·         O premio ó Veterano femenino recaeu en Susana Fontán Verde(Tiro) e en masculino Enrique Míguez Gómez(Kayak).
  • ·         O premio ó mellor clube deportivo foi para o Kayak Tudense, cunha longa traxectoria e galardóns a nivel galego, nacional e internacional.
  • ·         Mencións honoríficas ós históricos tudenses: Antonio Giráldez, Lito Pintos, Juan Carlos Pintos, Salvador Iglesias(Vita), Antonia Romero e Dolores Pedrares.
  • ·         Na categoría de deporte adaptado o premio recaeu en Raúl Mansinho Bernárdez, coa práctica de cross no Clube Deportivo do San Xerome de A Guarda.
  • ·         O premio ós mellores adestradores recaeu unha vez máis nas figuras dos adestradores principais do Kayak Tudense, Esteban Alonso e Manuel Pedrares.
  • ·         Na categoría deportista masculino o premio foi para o padeeiro Óscar Carrera Amandi(diploma olímpico 2016) e deportista femenina para Ana Varela, padeeira en k-4.

 

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI XOGOU CONTRA O ATLETISMO GUARDÉS B

O Equipo Benxamín do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 26 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17, sendo o último da primeira volta.

 O partido foi C.B. Tui-Guardes B, con resultado favorable para o equipo Guardes de 3-5/3-7/6-6/1-7 resultado final 7-1. Neste equipo xogan Uxía, Yosra e Lía Salvado de 3º

Moito ánimo para a segunda volta. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias.

 

V GALA DO DEPORTE DE TUI

V GALA DO DEPORTE DE TUI

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que se celebrará este Venres, 25 de novembro, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui.

Será un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense. Amais da entrega dos galardóns de 2016 aos deportistas promesas, veteranos, e seniors nas categorías masculina e feminina tamén se premiará a  clubs, adestradores, deportistas históricos e colaboradores. Tamén está prevista a actuación do grupo Pelepau e Matissando.

A gala contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, e doutras autoridades.

Unha hora antes na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a exposición itinerante Olímpicos Pontevedreses organizada pola Deputación de Pontevedra e que na que figuran os dous tudenses que participaron este ano nos Xogos de Río: Óscar Carrera e Frank Casañas. 

Distribuir contido