Deporte en Tui

Eurocidade Urban Trail Night

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 11 de Novembro de 2017

Eurocidade Valença- Tui

O pasado sábado día 11 de Novembro de 2017 tivo lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba levouse  a cabo entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

 Dende o equipo de Deporte no 2, do Ceip Nº2 de Tui, participamos na proba de apoio como voluntarios, en resposta ao noso proxecto solidario de centro “ Coas nosas mans o teu sorriso”, aportando a nosa colaboración na organización da proba. @s @alumnos de 6º Lara, Alejandro, Pablo, Jessy, Jessica e Brais xunto coas profes Bea e Sara, foron os encargados do reparto do avituallamento na zona portuguesa de Valença, onde atenderon a demanda de máis de 300 participantes. Unha iniciativa deportiva,educativo e pedagóxia, que fixo que os nosos colaboradores recibirán unha felicitación por parte dos organizadores e participantes da proba.

Tamén valorar a labor colaboradora de Alex de 4ºB, que xunto coa súa familia, foron voluntarios da proba,colaborando no circuito nas rúas de Tui, unha iniciativa familiar, onde o espíritu de colaboración e axuda de maneira altruista é tan importante para levar a cabo e facer posible estas probas deportivas.

Unha proba moi atractiva para disfrutar participando, colaborando ou animando en familia

Moitas gracias a todos por facer posibles actividades coma estas.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui comezou o fin de semana do 28 de Outubro de 2017 a temporada 17/18. Os nosos deportistas xogaron esta fin de semana contra o equipo do Guardes. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

Os parciais foron: C.B.Tui- Guardés: 7-6/3-11/5-0/4-9

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

 

 

EQUIPO INFANTIL FEMININO A QUINTA FUTBOL-SALA TUI

 EQUIPO INFANTIL FEMININO A QUINTA FUTBOL-SALA TUI

O equipo Infantil do Club A Quinta Futbol-sala Tui, debutou o pasado sábado 21 de outubro en Moaña, convertíndose no primeiro equipo feminino de fútbol sala de deporte base da nosa zona. Neste equipo xoga e disfruta do futbol-sala a alumna de 5ºA Claudia. Aquí vos deixamos una foto do que disfruta e pode dar de sí este equipo.

Información facilitada pola familia de Claudia de 5ºA. Moitas gracias

Eurocidade Urban Trail Night. Sábado 11 de Novembro de 2017 Eurocidade Valença- Tui

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 11 de Novembro de 2017

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 11 de Novembro de 2017 terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

 

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui que imos participar na proba de apoio como voluntarios. Unha proba moi atractiva para disfrutar participando ou animando en familia.

Aquí atoparedes máis información.

IV Andaina Muiños do Río Furnia en Malvas

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h

 

O vindeiro sábado 21 de outubro ás 17:00h, terá lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Será unha camiñada para facer en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h.

Para os nenos de Educación Infantil e Primaria será gratuita aportando soamente 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani. O precio dos adultos será de 4€ e 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani.

 

Animamos a todas as familias a disfrutar de este entorno natural.

FÚTBOL-SALA

ACTIVIDADES CLUBES DEPORTIVOS DE TUI 17-18

CURSOS DE VERÁN DE PIRAGÜISMO

 Piragüismo Cursos de Verán

Xullo- Agosto

Instalacións Club Kayak Tudense

 O Club Kayak Tudense, organiza nas quincenas de Xullo e Agosto, en horario de 10:00h a 12:00h , Cursos de Verán de Piragüismo, para nen@s entre 8 e 13 anos, nas instalacións do Club Kayak. Todos os interesados poderedes contactar co club no telefóno: 669219912.

 

Animamosvos a probar e disfrutar de todos os deportes e posibilidades que vos ofrece o Río Miño. A ben seguro, o ides pasar moi ben.

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui,

 No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O pasado 17 de maio de 2017, coma todos os anos, a Federación Galega de Balonmán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo celebrou o Balonmán na Rúa. Un ano máis, este evento tivo como sede na cidade de Vigo, concretamente na zona do Areal, en horario de 10:00 a 18:00 horas.

Alí estiveron @s alumn@s do noso colexio que forman parte do Club Balonmán Tui, nos equipos Benxamín e Alevín.

Uxía Soliño quixo compartir con nós a medalla que conseguíu co seu equipo

Noraboa a todos!.

 

 

CAMPUS URBANO

7 CAMPUS URBANOS ANIMATUI

ANIMATUI está organizando o seu 7º campus urbano para os meses de xullo e agosto.

Está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, o horario é de 9:00 da mañá a 14:00 horas, puidendo quedar no comedor ata as 16:00.

Organizan diversas actividades deportivas, lúdicas, obradioros....para que os nenos en nenas o pasen ben e disfruten das vacacións de verán.

EXHIBICIÓN DE JUDO

EXHIBICIÓN DE JUDO

O vindeiro sábado 17 de xuño, terá lugar, as 10:00 horas no pavillón novo de Tui, unha exhibición de Judo. Nela participarán tódolos nenos e nenas que participan nesta actividade extraescolar, para amosarnos o moito que aprenderon e o ben que se lles da.

Animádevos a ir a velos e a animalos.

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN EN TUI

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello.

Para máis información preme aqui

Tedes a ficha de inscripción premendo aqui

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 27 de maio contra o equipo de Salceda.

Os parciais foron: C.B.Tui- Salceda: 9-5/8-8/3-5/11-8

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

CLUBE RIBEX DE TUI

O Club Ribex de Tui, gaña o Trofeo Rosaleira.

O pasado domingo día 28 de maio, tivo lugar o Trofeo Rosaleira, o Cuarteto de Ribex coa coreografía “ Fobia”, proclamouse campeón do mesmo. Neste cuarteto participa Patri de 6ºC.

Na mesma xornada o equipo Xuveníl show pequeño, coa coreografía “ Para siempre”, tamén se proclamou campeón no mesmo torneo e na súa categoría.

Aquí vos deixamos video e fotos para que disfrutedes do ben que o fan e as gañas e ilusión que lle poñen. Noraboa campionas, e un noraboa especial a Patri.

Información facilitada pola familia de Patricia de 6ºC. Moitas gracias

COPA DO MUNDO DE PIRAGÜISMO

Brais Casás,  Roi Rodríguez e Manu Garrido, padeeiros do Club Kayak Tudense participarán na Copa do Mundo de Szeged ( Hungría).

 

Varios padeeiros do Club Kayak Tudense, participaran na Copa do Mundo que terá lugar en Szeged ( Hungría). Algúns deles xa estiveron presentes na Copa do Mundo que tivo lugar en Montemor Velho a pasada fin de semana do 20-21 de maio de 2017.

Dende o noso equipo de Deporte no 2, desexarlles moita sorte.

Podedes atopar máis información en: http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/33680/claves/Los%20palistas%20del%20Kayak%20Tudense%20Brais%20Cas%C3%A1s%20y%20Roi%20Rodr%C3%ADguez-en%20la%20Copa%20del%20Mundo%20de%20Szeged%20Hungr%C3%ADa

Distribuir contido