Deporte en Tui

CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17

Dom 23 de Abril 2017 ( Tui )

 

        O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril de 2017  apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2017.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 7 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Podedes descargar a autorización premendo aqui

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 25 de marzo contra o equipo da Cañiza.

Os parciais foron:

C.B. Tui- Cañiza: 7-9//8-9//1-14//10-10

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 21 de marzo contra o equipo do Cangas B.

Os parciais foron: Cangas B- C.B. Tui: 3-3/5-9/3-6/4-8

Información facilitada pola familia de Iria Pato de 5ºC. Moitas gracias

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 26 de marzo contra o equipo do Bueu

O Resultado foi:

Bueu- C.B. Tui: 23-20

Neste equipo que xogan vari@s antigos alumn@s do noso cole: e tamén o fai Maya Moledo de 6ºC. Con este resultado o equipo conseguiu ser Campeón de Copa. Noraboa equipo!

O Vindeiro Venres día 31 de marzo o equipo desprazarase a Xallas na Coruña para xogar a fase de ascenso. O equipo xogará partidos o Venres, Sábado e Domingo. Moita sorte campionas.

Información facilitada pola familia de Maya Moledo de 6ºC. Moitas gracias

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE TRIATLÓN

Gustavo Rodríguez Campión do Triatlón Illa de Madeira Portugal

O pasado domingo, 26 de marzo tivo lugar en, na illa de Madeira en Portugal a proba de Triatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo.

Noraboa Tavo!!

 

BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 19 de marzo contra o equipo do Octavio.

Os parciais foron:

Octavio- C.B. Tui: 10-6//8-6//8-4//8-3

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

ELSA PENA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN 3000 METROS

 

Elsa Pena do Club Atletismo Tui-Thermalia

Subcampeona de España en 3000m

 

O pasado sabado día 18 de marzo de 2017, disputouse en Antequera-Málaga, o Campionato de España de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete.


Nesta competición nacional a atleta guardesa Elsa Pena, atleta do Club de Atletismo Tui-Thermalia, acadou o segundo posto nos 3000 metros lisos.

Noraboa para Elsa e para todo o clube polo gran traballo que está a levar a cabo.

I TORNEO DE LIGA NACIONAL

 

I Torneo de Liga Nacional.

Bronce para o equipo Kaiak polo femenino

do Club Penedo de Caldelas.

 

O pasado fin de semana do 20 de Marzo de 2017, tivo lugar en Arcos da Fronteira en Cádiz o I Torneo da Liga Nacional, na que participou o Club Penedo de Caldelas, proclamándose terceiro a nivel nacional.

Ademáis no mesmo torneo logrou 3 ouros, 1 prata e 1 bronce.

A nosa noraboa a todo o equipo!!

O CLUB KAYAK TUDENSE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO

 

O Club Kayak Tudense gaña o seu duodécimo campionato de España de piragüismo.

 

O pasado fin de semana do 20 de Marzo de 2017, celebrouse en Sevilla o campionato de España de Piragüismo. Nesta proba ao igual que todos os anos participou o equipo do Kayak tudense, proclamándose campeón de España de esta proba.

Está é a duodécima véz que o fai e de xeito consecutivo, grazas ao esforzo e traballo dos participantes, equipo técnio é clube, o que fai que sexan o mellor equipo a nivel nacional.

 

A nosa noraboa a todo o equipo.

 

TRILHOS EUROCIDADE VALENÇA-TUI 2017

A Eurocidade Valença-Tui vai organizar unha serie de andainas para os vindeiros meses que percorreran diferentes lugares destas dos cidades irmanadas.

CLUBE DE PATINAXE RIBEX

O club de patinaxe Ribex Tui

7º no campionato de España de patinaxe.

 O Club de patinaxe Ribex Tui, 7º no campeonato de España de patinaxe, celebrado a pasada fin de semana do 5 de Marzo de 2017 na categoría Show.

Este posto permitiralle ao equipo tudense particiapar no Campionato de Europa que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Italia.

Noraboa a todo o equipo.

 

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DUATLON

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Duatlón

en Orihuela ( Alacante)

O pasado domingo, 5 de marzo tivo lugar en, Orihuela ( Alacante), o Campionato de España de Duatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo. Unha proba na que Gustavo rematou primeiro cubrindo unha distancia de 16km correndo, 66 km en bicicleta e por ultimo percorrendo 8 km correndo novamente. Noraboa a este gran atleta.

Podedes ver o video da carreira en:https://www.youtube.com/watch?v=eeSnTH8NY7U

 

 

LINO MARTÍNEZ CAMPIÓN DE EUROPA

Lino Martínez Campión de Europa de Judo.

Lino Martínez ven de proclamarse Campión de Europa Máster WIBK en Ginebra (Suiza), o pasado fin de semana do 4 de marzo de 2017.

O Domingo 5 de marzo de 2017, tan só un día despois de gañar en suiza o Campionato de Europa, Lino, participou no Campionato Nacional Portugués, que tivo lugar en Coimbra, onde conseguiu a medalla de bronce.

Os nosos parabéns para este gran deportista tudense. Noraboa Lino!

Atoparedes máis información en: https://telemarinas.com/lino-martinez-empieza-la-temporada-pisando-el-podio/

 

KAYAK TUDENSE

O Kayak Tudense, Campeón galego de Inverno.

O Club Kayak Tudense proclamouse campión galego de inverno, na categoría senior esta fin de semana do 5 marzo, no embalse de Belesar, no concello de Taboada en Lugo, onde todas as regatas se levaron a cabo na distancia de 5000 m. Noraboa a todo o equipo e a todos os participantes. Gran traballo de este  equipo tudense.

Podedes atopar máis información en:

https://www.vigoe.es/deportes/polideportivo/item/15706-el-kayak-tudense-campeon-gallego-de-invierno.

 

 

BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de marzo contra o equipo do Lavadores en Vigo.

Os parciais foron:

C.B. Lavadores- C.B. Tui: 9-2//6-0//7-3//3-0

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

Distribuir contido