Publicadas no BOP as axudas, por parte do Concello de Boborás, para a adquisición de material escolar do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclo de FP.
O prazo de presentación ábrese o día 15 de decembro e estará aberto ata o día 21.
O 5 de decembro celebramos no centro o DÍA DA DISCAPACIDADE. Viñeron da asociación ASPADISI a contarnos o conto "Mi hermana Lola" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria. O alumnado fíxolle preguntas sobre a discapacidade e as actividades que se facían na asociación.
Despois trouxeron xogos populares feitos polas persoas que acoden á asociación e xogaron co alumnado do colexio.
Dende o equipo de biblioteca e tamén dende o centro queremos agradecer a Sandra a súa implicación, creatividade e bo facer, e compartir todo iso con nós é un privilexio.
Hoxe fixo dúas "contadas" a primeira para o alumnado de ED. Infantil.
No que despois de visionar o vídeo de "Diferentes" falounos da diversidade a todos os niveis e o enriquecedor que resulta que todos e todas sexamos diferentes. que é o enfoque lle demos á actividade para os máis pequenos e pequenas) e despois contounos ¡Vivan las uñas de colores! para a continuación facer un mural colectivo con todo o alumnado de ED. Infantil e finalizar pintándonos as uñas de cores ( coa colaboración das profes Natalia, Mercedes e Mirian)
E aquí vos queda unha pequena escolma fotográfica do momento:
A seguinte quenda foi para o alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria que tamén desfrutaron do vídeo que Sandra "dobrou " ao galego , despois de falarlles de discapacidade e diversidade.
Para contarlles o "conto da cebola" . Unha historia que invita a reflexionar sobre o que pode influir en nós os comentarios ou reaccións dos demais.
E quizais o que máis lles gustou, ou co que máis desfrutaron foi co "RAP DA CEBOLA" co que nos deleitou Sandra e nos puxo a todos a bailaaaar.
E por último , utilizou unha cebola para darnos a coñecer unha marabillosa mensaxe, na que estamos totalmente dacordo: so podemos darlle AS GRAZAS .
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, convoca para o vindeiro domingo 10 de decembro de 2023, unha MOVILIZACIÓN en O Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca.
A saída será ás 12.30 horas na Igrexa da Veracruz e irá ata a Praza Maior.
A atención pediátrica é un servizoesencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.
A nivel de centro imos distribuir as actividades arredor desta data en 2 días.
Mañá día 4 a actividade irá dirixida ao alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria.
Sandra, a nai de Iria, da clase de 5º vai representar 2 contos relacionados coa diversidade e a discapacidade, ademais dunha serie de actividades de concienciación mediante o conto e a actividade lúdica.
Moitísimas grazas a Sandra por colaborar con nós.
O martes dia 5 , unha pequena representación de ASPADISI visitará o noso centro , para desenvolver unha actividade para o 2º e 3º ciclo de ED. Primaria e tamén unha actividade de xogo na hora do recreo para todo o alumnado do centro.
Por outra banda, queremos agradecer novamente a Sandra, que locutou e dobrou ao galego, un vídeo da "Seño Mica" ( co permiso da autora) sobre a diversidade : DIFERENTES.
Queremos agradecer tamén ao profe Javi xa que foi o que editou e gravou con Sandra en Radio Xuve a dobraxe do vídeo, que vos deixamos a continuación:
Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes así podedes atopar diversos materiais e contidos sobre ciencia en galego e tamén o MANIFESTO elaborado por Elena Vázquez Cendón , do que reproducimos aquí un pequeno anaco:
"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
Elena Vázquez Cendón
A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que investigasen e preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso PDI deste curso: XUVE SAUDABLE) para facer a demostración dos mesmos ao resto do alumnado.
Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto do alumnado Un grupo fíxoo no patio "tapado " novo e o outro no patio , diante da nosa B.E. .
E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.
Foi unha actividade moi interesante , na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto o que aprendeu .
Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.
Adxuntamos a infografía en formato PDF para poder vela cunha maior calidade.