Skip to Content

                              

Blogues

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA, BACHARELATO E CICLOS DE FP

 

Publicadas no BOP as axudas, por parte do Concello de Boborás, para a adquisición de material escolar do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclo de FP.

O prazo de presentación ábrese o día 15 de decembro e estará aberto ata o día 21.
 

Preme na ligazón para acceder á convocatoria

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 5 de decembro celebramos no centro o DÍA DA DISCAPACIDADE. Viñeron da asociación ASPADISI a contarnos o conto "Mi hermana Lola" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria. O alumnado fíxolle preguntas sobre a discapacidade e as actividades que se facían na asociación.

Despois trouxeron xogos populares feitos polas persoas que acoden á asociación e xogaron co alumnado do colexio.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE ED. PRIMARIA

Como comentamos onte nesta entrada 3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE hoxe tivemos 2 actividades que levou a cabo Sandra Coego, a nai de Iria da clase de 5º de ED. Primaria.

 

Dende o equipo de biblioteca e tamén dende o centro queremos agradecer a Sandra a súa implicación, creatividade e bo facer, e compartir todo iso con nós é un privilexio.

 

Hoxe fixo dúas "contadas" a primeira para o alumnado de ED. Infantil.

No que despois de visionar o vídeo de "Diferentes" falounos da diversidade  a todos os niveis  e o enriquecedor que resulta que todos e todas sexamos diferentes. que é o enfoque lle demos á actividade para os máis pequenos e pequenas) e despois contounos ¡Vivan las uñas de colores!  para a continuación facer un mural colectivo con todo o alumnado de ED. Infantil e finalizar pintándonos as uñas de cores ( coa colaboración das profes Natalia, Mercedes e Mirian) 

 

E aquí vos queda unha pequena escolma fotográfica do momento:

 

 

A seguinte quenda foi para o alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria que tamén desfrutaron do vídeo que Sandra "dobrou " ao galego , despois de falarlles de discapacidade e diversidade.

Para contarlles o "conto da cebola" . Unha historia que invita a reflexionar sobre o que pode influir en nós os comentarios ou reaccións dos demais.

E quizais o que máis lles gustou, ou co que máis desfrutaron foi co "RAP DA CEBOLA" co que nos deleitou Sandra e nos puxo a todos a bailaaaar.

E por último , utilizou unha cebola para darnos a coñecer unha marabillosa mensaxe, na que estamos totalmente dacordo: so podemos darlle AS GRAZAS . 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade. 

 

 

MOVILIZACIÓN a favor do restablecemento do servizo de pediatría na comarca de O Carballiño

 

 

Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, convoca para o vindeiro domingo 10 de decembro de 2023, unha MOVILIZACIÓN en O Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

 

A saída será ás 12.30 horas na Igrexa da Veracruz e irá ata a Praza Maior.

 

atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

 

A dirección

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

 

 

 

A nivel de centro imos distribuir as actividades arredor desta data en 2 días.

Mañá día 4 a actividade irá dirixida ao alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria.

Sandra, a nai de Iria, da clase de 5º vai representar 2 contos relacionados coa diversidade e a discapacidade, ademais dunha serie de actividades de concienciación mediante o conto e a actividade lúdica. 

Moitísimas grazas a Sandra por colaborar con nós.

O martes dia 5  , unha pequena representación de ASPADISI visitará o noso centro , para desenvolver unha actividade para o 2º e 3º ciclo de ED. Primaria e tamén unha actividade de xogo na hora do recreo para todo o alumnado do centro. 

 

Por outra banda, queremos agradecer novamente a Sandra, que locutou e dobrou ao galego, un vídeo da "Seño Mica" ( co permiso da autora) sobre a diversidade : DIFERENTES.

Queremos agradecer tamén ao profe Javi xa que foi o que editou e gravou con Sandra en Radio Xuve a dobraxe do vídeo, que vos deixamos a continuación:

 

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

Semana da ciencia 2023

Do 20 ao 24 de novembro, celebramos no colexio a SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO". 

Aquí o enlace á entrada feita polo equipo de biblioteca ao respecto:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/2135.

Noraboa polo traballazo.

Aquí deixamos un video para o recordo de esta actividade.


MENÚ DECEMBRO 2023

Prema na seguinte LIGAZÓN para visualizar o menú de decembro.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Por sexto ano consecutivo poñemos en marcha o concurso de Postais de Nadal.

Acó vos queda o texto da convocatoria.

Grazas por participar ,implicarvos e compartir :

 

MANIFESTACIÓN POLO 25 N

Hoxe , luns 27 , se o tempo o permite, imos facer unha camiñada ata o Concello e despois o alumnado de 4º lerá un pequeno manifesto.

Notificamos ás familias e convidámolas a unirse anós.

Acó tedes toda a información:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut