Hoxe día 3 de decembro é o día Internacional da Discapacidade, dende o equipo de Biblioteca e en coordinación co Departamento de Orientación propúxose unha tarefa de investigación ( ALFIN, AMI) para o alumnado de primaria: investigar sobre unha discapacidade, para despois transmitirllo ao resto das aulas.
Despois estar traballando a nivel titorial durante estas dúas semanas, hoxe foi o momento de compartilo co resto do alumnado do centro. O noso punto de retransmisión foi a nosa Biblioteca Escolar, en "rigoroso directo".
Moitísimas grazas polo traballo desenvolvido dende as titorías, o esforzo, a motivación e o bo facer.
Tamén salientar que dende a área de ED. Física, o profe Rubén traballou co alumnado de ED. Primaria a temática nestas últimas semanas , para concienciar e sensibilizar.
Acó vos queda un pequeno resumo realizado pola mestra de A.L ,Carolina.
( Premede no adxunto PDF)
Iremos engandindo parte das presentacións, lapbooks, infografías e diversos vídeos e materiais que se elaboraron e compartiron na xornada de hoxe.