E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.
Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.
Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!
En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".
Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!!
Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.
No primeiro trimestre o alumnado de ED. Infantil (en pequenos grupos) ademais de utilizar a biblioteca para ver contos e para coller os libros para levar á casa e ler en familia, tamén tivo varias sesións para traballar as "cores" dun xeito divertido: coa mesa de luz.
Partindo do branco, fixeron series, agrupamentos e pequenos puzzles coas pezas de cores ( observando así as distintas figuras xeométricas) que oh! sorpresa!!, cambiaban segundo a cor de base que tivesen.
Foi unha experiencia moi divertida e interesante, que lles gustou moitísmo!!!
Neste trimestre o alumnado de ED. Infantil estivo xogando cunha placa chamada "makey makey" ( un elemento moi interesante para traballar a "pre-robótica") que nos permitiu facer que tocabamos os "bongos" con kiwis ou tocar un pequeno piano de cores e facer música.
Tamén se divertiron simulando que tocaban unha batería ou algún que outro instrumento musical ao mesmo tempo que traballabamos a súa motricidade fina e a atención.
Foi unha experiencia divertida e interesante na que puideron ver unha das moitas funcionalidades que ten esta plaquiña.