Skip to Content

                              

Educación infantil

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA ED INFANTIL ( 18-24 MAIO)

Deixámosvos unha nova proposta semanal para o alumnado de ED. INFANTIL.
 
Premede na imaxe para acceder á proposta.
 
E lembrade que se queredes compartir con nós algunha das propostas, enviádenolas a: xuvefoto@gmail.com
 
BOA SEMANA E ÁNIMO.
 

 

Proposta semanal Educación Infantil do 11 ao 17 de maio

Aquí vos deixamos a proposta desta semana para educación infantil do 11 ao 17 de maio.

Como sempre tedes que pinchar na imaxe para ver o pdf.

 

Se queredes enviarnos algunha foto con algunha das propostas feitas a xuvefoto@gmail.com será ben recicibida.

Moito ánimo e grazas.

Propostas semanais infantil 27 de abril ao 3 de maio

Aquí vos deixamos a proposta de traballo para ED. Infantil  desta semana ,
do 27 de abril ao 3 de maio
 
Premede na imaxe para ir á proposta ( arquivo PDF)
 
 
 
ÁNIMO!!!
 NOTA: SE NOS QUEREDES ENVIAR ALGUNHA FOTO CON ALGUNHA DAS PROPOSTAS FEITAS A xuvefoto@gmail.com SERÁ BEN RECIBIDA. MOITAS GRAZAS
 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA ED INFANTIL (20-26 ABRIL)

Aquí vos deixamos a proposta de traballo para ED. Infantil  desta semana ,
do 20 ó 26 de abril
 
Premede na imaxe para ir á proposta ( arquivo PDF)
 
 
 
 
ÁNIMO!!!
 NOTA: SE NOS QUEREDES ENVIAR ALGUNHA FOTO CON ALGUNHA DAS PROPOSTAS FEITAS A xuvefoto@gmail.com SERÁ BEN RECIBIDA. MOITAS GRAZAS
 

PROPOSTA SEMANAL PARA ED. INFANTIL

Aquí tedes unha "proposta de traballo semanal" para o alumnado de ED. INFANTIL.
 
Como podedes observar no arquivo PDF, tedes actividades  do máis variado e para todas as áreas.
 
Agardamos que vos gusten e que desfrutedes delas en familia.
 
Un saúdo e unha aperta das mestras do ciclo de ED. Infantil.
 
PREMEDE NA IMAXE E LEVARAVOS Ó PDF COAS PROPOSTAS.

 

 
ÁNIMO!!

 

VIAXE Ó REINO DAS EMOCIÓNS

O alumnado de ED. Infantl e Primeiro de Primaria está traballando  nas aulas, co material da FUNDACIÓN MENIÑOS:

 VIAXE Ó REINO  DAS EMOCIÓNS.

 

Aquí tedes unha serie de actividades, xogos, e vídeos para que poidades seguir traballando as emocións e a xestións das mesmas  nesta viaxe,  tan adecuada nestas datas, premede a continuación para ver as actividades ( arquivo PDF) 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR

"VIAXE Ó REINO DAS EMOCIÓNS" 

A MOVERNOS UN POUQUIÑO: RECOMENDACIÓNS PARA ED. INFANTIL

Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (mestra de Psicomotricidade nas 3 aulas) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.

 

No arquivo adxunto  tedes que premer nos debuxos , segundo a temática e lévavos ó vídeo ou actividade que indica.

 

 

 

 

8M: CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN.

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.

Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)

 
                         

 

 

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA ED. INFANTIL

 

Deixámosvos tamén un documento que enlaza ás principais cancións que utilizamos nas "rutinas" de cada día por se as queredes escoitar con eles

(Tedes que premer en cada unha das imaxes das cancións para que vos leve ó vídeo)

PREMEDE  AQUÍ!

 

No archivo adxunto van unhas recomendacións de inglés para que practiquen todo o alumnado de infantil.

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O pasado venres, Tamara veu ó cole a contarnos o conto de "Elmer e o osiño perdido" .
Elmer encántalles, pero moitos deles non coñecían esta nova historia que protagoniza o elefante máis multicolor de todos.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento.
Moitísimas grazas a Tamara por vir á biblioteca e compartir o seu tempo con nós.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut