Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.
Non se ten precisado con certeza a orixe das festas do Entroido. É en épocas escuras da Idade Media cando aparece con máis forza formando parte do círculo litúrxico cristián, polo que parece que sen a existencia da Coresma, o Entroido, non perdurase na forma que maioritariamente se presentou ata hai algúns anos.
O xoves 22 de novembro os nenos de infantil degustamos algunhos froitos que non coñeciamos entre eles :a granada, a papaia, as uvas, avelas, noces, pomelo .....algunhas gustaron moito máis ca outras.
Cos froitos traballamos e aprendimos moitas cousas: