Skip to Content

                              

probando como se copia textom,jos4e

Non se ten precisado con certeza a orixe das festas do Entroido.
É en épocas escuras da Idade Media cando aparece con máis forza formando parte do círculo litúrxico cristián, polo que parece que sen a existencia da Coresma, o Entroido, non perdurase na forma que maioritariamente se presentou ata hai algúns anos.
Desde o Renacemento creuse que o Entroido proviña directamente das antigas festas Saturnais romanas. Nestas festas existía como costume xeneralizado, o troco de agasallos e invitacións, de vestirse con máscaras ou disfrazarse e de que os señores vestisen humildes roupas dos escravos, gozando estes por contrapartida, de certa liberdade sen recoñecer amo algún
A propia verba Carnaval levou a alguns a derivala de "carrus navalis" ou representación que nas festa das Kalendas de marzo viñan celebrala os romanos en honra da deusa Isis, con procesións, disfraces e exhibicións de barcos arrastrados pola terra.
O Entroido é unha festa na que os ritos e manifestacións de orixe arcaica mestúranse na época romana con outros de tipo social, que perduran ata a Idade Media, adquirindo tamén un sentido cristián. A convivencia de ambas  manifestacións, a pagá e a cristiá, lévannos definitivamente a fixar os carácteres que aínda hoxe na actualidade detéctase na festa do Entroido.
A cultura popular era poderosa mentres que a oficial e relixiosa máis feble, polo que, con fins propagandísticos a igrexa facía cadrar as súas festas con aquelas que fosen pagás co único fin de intentar cristianizalas. As festas populares nas que a risa, a burla ou a pantomima, eran elementos esenciais, foron consideradas como cousa demoníaca, emanante do Inferno, e o rezo, o recollemento, a oración e o arrepentimento como provintes de Deus. Estas premisas marcaron a concepción filosófica dos primeiros tempos da igrexa medieval, e en canto, comenzou a considerar como unha segunda natureza humana, estas manifestacións de desafogo, ata o estamento relixioso chegou a asumilo no contorno do seu propio ritual, permitindo pois estes excesos en determinadas datas do ano co único fin de erradicalo aos poucos, e así desta forma os mesmos relixiosos, conscientes do seu papel transformador, contribuíron á súa expansión baixo novas formas, potenciadas por eles. Así chegaron a recrearse situacións xocosas e satíricas de paisaxes bíblicas e de libros relixiosos, sempre xustificándoas baixo a premisa desa segunda natureza humana. Na liturxia, nos funerais, nos matrimonios, bautizos e outras cerimonias comezan a aparecer estas manifestacións satíricas, exemplo diso, son: "As festas do San Xoan" "Os Inocentes" "A Liturxia dos Borrachos" "O Evanxelio dos Borrachos" "O Testamento Porcelli" "Pater Noster" "Credo" e outras letanías, que sen ningunha dúbida remítennos aos Testamentos e Enterros das nosas festas do Entroido. Tamén vellas pezas teatrais, os "ministerys" (dos menestrais=gremios) con intención ridiculizadora son un precedente dos Entremeses e Apropósitos dos nosos tempos.
En moitas destas festas saían xa previamente os "demos" enmascarados, circulando libremente polas rúas e creando un ambiente de desenfreo. Ao pouco tempo estes enmascarados xa aparecen organizados participando en gremios, en danzas e finalmente en procesións como penitentes representando sempre o demoníaco, o negativo fronte ao triunfo da fe.



page | by Dr. Radut