Skip to Content

                              

Novas

PLAN DIRECTOR NO CEIP XUVENCOS

O alumnado de 5º e 6º cursos de Ed. Primaria, asistiu o pasado mércores 6 de novembro a unha charla sobre os perigos en internet, en redes sociais, videoxogos e ciberacoso.

SAMAÍN 2024

O mércores 30 celebramos no colexio a festividade do SAMAÍN/HALLOWEEN con diferentes actividades, ademais da exposición de sombreiros terroríficos elaborados polas familias do alumnado.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O luns 28 de outubro o alumnado de 3º de primaria participou nun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por personal do SERGAS.

No seguinte video podedes ver algúns momentos do obradoiro.

REUNIÓN XERAL

Queridas familias, queremos convidarvos a  reunión xeral de principio de curso que terá lugar o vindeiro martes 10 de setembro as 16:00 h no colexio.
Teremos unha breve presentación do claustro de profesorado e a continuación cada familia subirá as titorías correspondentes.

Esperamos a vosa asistencia.

Un saúdo.

FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE INFANTIL

Aquí vos deixamos un vídeo do alumnado de 6º de educación infantil que rematou a súa etapa este curso.

FORMACIÓN EN ACCESIBILIDADE COGNITIVA DE TEA

O martes 11 de xuño tivemos no centro a Aitana García Lage de Autismo Galicia, para impartirnos unha formación en accesibilidade cognitiva.

Esta formación foi dirixida ao alumnado dende 1º a 5º de educación primaria en dous obradoiros que tiveron lugar pola mañá en horario lectivo e 4 horas pola tarde para o profesorado do centro.

No seguinte video podedes ver algúns momentos desa formación.

SAÍDA A BIBLIOTECA E AUDITORIO DE OURENSE

Saída a Biblioteca Pública para asistir a un contacontos e ao Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro PINGÜÍN.

VIDEO RESUMO - RECÍCLATE CON SOGAMA

Aquí vos queda un video - resumo de todas as actividades que fixemos no proxecto RECÍCLATE CON SOGAMA do Plan PROXECTA deste curso.

NOVOS ESPAZOS NO COLEXIO

Agora estamos intentando rehabilitar outra zona do patio, onde imos plantar flores en xardineiras feitas con caixas de froitas do comedor e con botellas de leite (aínda estamos na primeira fase).

MATERIAIS DE RECICLAXE

Durante todo o curso se crearon materiais con refugallo (caixas,  restos de cartón, botellas de auga, cinta illante, vasos de plástico, botellas de plástico, tapas de plástico,...), material manipulativo para o alumnado TEA, varios photocall para o día do Autismo e a Convivencia intercentros, xogos tradicionais, agasallos con materiais de refugallo para o amigo invisible, mobles para a curtametraxe con caixas de medicamentos, clasificación de tapas  por cores e tamaños, xarróns con flores,...

Distribuir contido


by Dr. Radut