O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.
Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.
O programa a desenvolver será o seguinte:
- 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
- 11:00 Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
- Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
- 11:30 Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
- Lectura de manifesto gañador (adaptado)
- Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
- Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
- 11:30 Na praza vermella:
- Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
- Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
- Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
- Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
- Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
- Actuación dun dos gañadores do cantalingua:
- Zënzar : “ O mundo ao revés”.
- Som do Galpom: “Antes de pequeno”.
- Sacha na Horta: “Galiza chamiza”.
Documentos para descargar: