Como sabedes , o alumnado de ED. Infantil estamos facendo un PDI sobre o homenaxeado no día das ARTES GALEGAS 2022: PDI LAXEIRO.
Como culmen ao noso proxecto, e tendo en conta a terra natal de Laxeiro, pareceunos interesante e oportuno facer a nosa excursión de fin de curso a LALÍN e poder ver algunhas das súas obra en directo.
En primeiro lugar fomos ao Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa (queremos agradecer ao persoal do museo , as actividades que nos tiñan preparadas, e o bo facer para que disfrutásemos da exposición sobre Laxeiro) , ademais de ensinarnos o observatorio .
Despois da visita, e coller forzas merendando, fomos ao Pazo de Liñares. onde, ademais de poder desfrutar do mesmo visitamos as exposicións sobre o Xoguete e a Marioneta ( que lles fascinou)
Xantamos no Pazo, e despois houbo un momento para poder xogar, e por último, autobús e para o colexio.
Pasárono xenial, desfrutaron moito, pudieron ver obras do autor sobre o que traballamos e o museo do xoguete e a marioneta encantoulles.
Agradecemos tamén á profe Mercedes, oriunda de Lalín que organizase gran parte da excursión, e tanto ao persoal do Museo , coma ao do Pazo a boa acollida.
Quedan aquí unhas poucas fotos do día tan intenso que viviron:
Para o alumnado de ED. Infantil, o pasado xoves tivemos un contacontos fantástico.
Sandra, a mamá de Iria da clase de 3º contounos un conto, cheo de cor e maxia, cuns colaboradores e colaboradoras moi especiais: os anciáns da residencia de maiores de Beariz.
O martes fixemos unha pequena conexión para saudarnos, xa que o contacontos foi de xeito telemático, e ver que todo funcionaba correctamente, e foi moi divertido!!.
E o xoves, xa si , o gran momento do conto, que os nenos e nenas de ED. Infantil desfrutaron moitísimo, e estiveron moi atentos e atentas.
Moitísimas grazas a Sandra por esta iniciativa e a todos os axudantes e axudantas que tivo para contarnos esta historia.
En ED. Infantil imos facer un PDI (Proxecto Documental Integrado) en relación ó día das ARTES GALEGAS 2022 , que este ano está adicado ao artista LAXEIRO
Para introducir a temática , o primeiro que temos que facer é saber que é un museo. E tamén falamos de qué é a arte...
Para iso, despois de preguntar se alguén sabe o que é un museo, e obter distintas respostas, visionaremos dous vídeos:
E por último esta pequena presentación elaborada por nós cunhas pequenas nocións do que podemos atopar nun museo:
Chegou outro "Contaconto", desta volta Estefanía, coa axuda da súa filla Vega contáronnos "Orellas de bolboreta" ( se premedes no título , levaravos á ficha técnica do conto) de Luisa Aguilar, e ilustrado por André Neves.
Moitísimas grazas por esta achega, agardamos que vos guste !!!!!
E chegou o tercceiro "contaconto" por parte das familias desta volta Alba, a mamá de Sergio da clase de 4 anos contounos o conto favorito do seu fillo Sergio: "Topito Terremoto" de Anna Llenas.
Aquí vos deixamos o audio por se o queredes escoitar.
De xeito telemático ( prescindimos por segundo ano do modo presencial)
E hoxe chegounos a primeira aportación, moi acorde coas próximas datas do Samaín, e tamén próxima á data de inicio da Bibiloteca Escolar: O día das Bibliotecas escolares.
Queremos agradecer a Xermán e á súa nai Beatriz , que compartan con nós esta magnífica representación do conto