É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.
Dende o equipo de biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia propuxemos o visionado, dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar.
Estas 2 cancións tan divertidas para os máis pequenos:
Máis cousiñas:
Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:
Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ.
O pasado venres tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de Alumnado ( para o 3º ciclo de ED. Primaria)
A primeira lectura foi B.D, e moi sinxeliña para ir quecendo motores: "Baroña ou morte" de Pepe Carreiro, que nos presenta aos barbanzóns, que habitaron o Castro de Baroña.
No concello de Boborás hai varios castros, quizais o máis coñecido é o de Cameixa.
Polo que nesta primeira reunión transladamos o noso lugar habitual de reunión ( a biblioteca do cole) e fixemos unha camiñada ata alí...
Tivemos a gran sorte de que un equipo de 3 arqueólogos (moitísimas grazas a Jorge Lamas, a Rita Pérez e a Eloi Saavedra por compartir o seu tempo con nós e pola súa paciencia) que están traballando nestas tarefas nos acompañasen para explicarnos en qué consiste o traballo que están a levar a cabo e tamén nos falaron da antigüidade, da extensión do castro e do que foron atopando.
Explicáronnos alguns dos elementos que atoparon, de como teñen que ser moi coidadosos á hora de traballar ( minuciosos e con ferramentas pequenas)
Tamén nos falaron de que en base ao que foron atopando poden tirar información sobre os habitantes do Castro: da súa alimentación, . que había distintos barrios especializados en distintos oficios, das lareiras, dos enterramentos, da extensión aproximada do castro (2 campos de fútbol) E moitas cousas máis moi moi interesantes!!!
Antes de voltar ao cole, houbo un pequeno momento para a merendiña... e retornamos con máis forza!
O pasado día 30 de outubro, co gallo da celebración no cole do Samaín /Halloween no cole tivemos varias divertidísimas actividades organizadas polo equipo de actividades Complementarias e Extraescolares.
Ademais contamos coa colaboración de 2 nais para contarlle un conto ao alumnado.
Para o alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria, Mª José, nai de Pablo (da clase de 2º) contounos "Corre corre, cabaciña" .
E así disfrutamos desta historia tan divertida, que sempre é un acerto.
Despois do conto, bailamos todas e todos xuntos a canción, facendo especial fincapé no retrouso.
Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña.
Corre corre, cabazón!
Moitísimas grazas a María José (que contou coa colaboración do seu fillo Pablo) por achegarse ao cole e compartir o seu tempo con nós.
O alumnado de 5º e 6º cursos de Ed. Primaria, asistiu o pasado mércores 6 de novembro a unha charla sobre os perigos en internet, en redes sociais, videoxogos e ciberacoso.
O mércores 30 celebramos no colexio a festividade do SAMAÍN/HALLOWEEN con diferentes actividades, ademais da exposición de sombreiros terroríficos elaborados polas familias do alumnado.
No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.
Hoxe 24 de outubro conmemoramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que da lugar ao inicio das actividades na nosa B.E.
O lema deste ano nas bibliotecas é: "Biblioteca escolar, a escena" e non hai mellor xeito de facelo que mediante unha representación teatralizada por parte do alumnado do 3º ciclo
para falarnos de como funciona a nosa B.E e tamén para introducir cal vai ser o P.D.I deste curso "Móvete e emociónate con Xuve".
Como prolongación do Xuve Saudable do curso pasado e para centrarnos especialmente na saúde mental e na actividade física, como ben explicou o alumnado do 3º ciclo.
Agradecemos tanto ao alumnado coma as súas titoras Asun, María e Carmela por todo o traballo realizado e o ben que nolo fixeron pasar...
Comezamos a mañá cunha visita (por ciclos) á nosa B.Epara lembrar as normas, utilización, a CDU, as cores e as idades asociadas a cada unha delas... as quendas de recreos na biblio, funcións do voluntariado e moitas cousas máis...
Tamén se falou da importancia de coidala, xa que é para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa.
Como xa vén sendo tradición, houbo un "pincho saudable" para inaugurar a nosa B.E para todo o alumnado (e tamén para o profesorado).
Despois do recreo, chegou o momento de ir ó comedor para que o alumnado de 3º ciclo representase, dun xeito teatralizado o funcionamento da nosa B.E e a temática do P.D.I deste curso, como explicamos anteriormente.
Fixéronnos rir moito a todos e todas, moitos parabéns!!!
Finalizamos a xornada cunha das actividades que, iniciamos a finais do curso pasado e vai formar parte deste curso tamén: o "descanso activo" proposto pola profe Carmela, para exercitarnos, divertirnos e pasar un momento en comunidade.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do día de hoxe.