Skip to Content

                              

Blogues

Resumo semanal 27-31 maio

Premer en resumo semanal para ver as actividades desenvolvidas a semana do 27 ao 31 de maio, polo alumnado de 1º EP. 

MEMORIA VOZ NATURA

No archivo adxunto podedes ver a memoria de actividades que se mandou a VOZ NATURA.

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O venres 31 de maio o alumnado de 3º e 4º de educación primaria tiveron un obradoiro práctico con Iago Gordillo. Nese obradoiro gravaron dous programas de radio. Foi unha experiencia fantástica, onde puxeron en práctica todas as súas aprendizaxes durante este curso.

 

FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Como sabedes, a homenaxeada deste ano 2024 como autora do día das LETRAS GALEGAS é Luísa Villalta: unha muller nada na cidade da Coruña. 

Reivindicativa e loitadora en contra das desigualdades ( especialmente as relacionadas coa  muller)  Polifacética, música violinista, mestra de ED. Secundaria e escritora: tanto de artigos de prensa coma de poesía e outros rexistros...

 

Pensamos que o mellor xeito de festexar a esta autora e esta data era mediante a música..

 

O pasado luns 20 de maio, Cé Orquestra Pantasma achegouse ao noso cole.

Fíxonos desfrutar, cantar e bailar dun xeito ameno e participativo.

Creando un máxico ambiente de sons...

Captando a atencion dende os pequechos aos maiores.

 

Que vivan as nosas letras e as nosas artes!!!!

 

 

EL HILO INVISIBLE: CONTACONTOS DAS FAMILIAS

O pasado día 16 iniciamos os "contacontos por parte das familias" para o alumnado de ED. Infantil e 1º Ciclo de ED. Primaria.

Desta volta, Estela, a nai de Carmen da clase de 5º de ED. Infantil contounos " EL hilo invisible" de Miriam Tirado.

 

Para contarnos esta fermosa historia sobre os vínculos que temos, e a importancia deles contou coa axuda da súa filla Carmen.

 

 

Moitísimas grazas a Estela por vir á nosa biblio, na "hora de ler"a contarnos esta historia e compartir o seu tempo con nós!

 

 

Resumo semanal 1ºEP.

Premer en resumo semanal para ver as actividades desenvolvidas esta semana, polo alumnado de 1º EP. 

AXUDAS FONDOLIBROS 2024-2025

Estimadas familias:

Publicouse a ORDE que regula a solicitude de libros de texto e axudas para os mesmos, así coma as axudas para adquirir material escolar. Toda a información, plazos e anexos a continuación. Preme no indicador para obter a información e os documentos.

DÍA DAS APERTAS

Saída ao pobo de Boborás co lema "Unha aperta, un agasallo" do alumnado de Educación Infantil.

Faladoiro "MEDRAR: AUTOESTIMA E LÍMITES"

Dende o CEIP Xuvencos, convidamos a toda a comunidade educativa e á  cidadanía interesada, ao faladoiro "Medrar: autoestima e límites", impartido por Alexandre García Caballero, psiquiatra, doutor en mediciña e coordinador de Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde. 

 

 Venres 10 de maio, de 16.00 a 18.00 horas

no CEIP Xuvencos

 

Esta charla forma parte do desenvolvemento do programa educativo INCLÚE-T no noso centro educativo, dentro dos contratos-programa INCLÚE, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, encamiñados a acadar o éxito escolar a través dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente dos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero). 

 

RECOMENDAMOS A ASISTENCIA!!!

 

Algunhas fotos do obradoiro:

 

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO

 

O pasado xoves 25 de abril reuniuse o club de Lectura de familias e profesorado para falar da nosa última lectura: "Memoria do Silencio" de Eva Mejuto ( autora tamén da nosa anterior lectura)

 

Xa que a data coincidía cos 50 anos da “Revolución dos Cravos” adicamos o inicio a falar da mesma, da importancia da memoria histórica e do simbolismo dun pobo unido. ( Si tamén escoitamos un anaco de “Grándola”  

 

 Esta historia está ambientada en Ribadavia e conta a historia ficcionada do que fixeron as  irmás Touza . Pero como ven comentou algunha das integrantes, recollendo distintos puntos de vista.

 

Foi un libro que xerou comentarios sobre a represión, as inxustizas, a empatía, o medo e especialmente quedámonos con esas mulleres afoutas, e valentes que moitas veces non obteñen o recoñecemento merecido. 

 

 

Tamén falamos de que quizais se nos fixo un pouco “curta” e quedamos coa curiosidade de saber que pasaría cunha das protagonistas, e tamén de que decisións tomou coa súa vida certo integrante do exército alemán..

 

 

Decidimos xa a seguinte lectura, sabendo que acababa de sair a última novela de Ledicia Costas: “Pel de cordeiro” e que somos grandes fans dela, xa que o primeiro libro que lemos no club ao comezo foi “Golpes de Luz” e gardámoslle un cariño especial.

(Desta autora tamén lemos Infamia e Ultraluz) 

 

Dúas nais prepararon unhas sobremesas moi gorentosas que compartiron con nós, Belén fíxonos un biscoito e Paz un flan de queixo que estaba espectacular ( aínda que non puido asistir á reunión mandounos a sobremesa igualmente!!!)

Moitísimas grazas ás dúas.

 

 

 

 

E coma en todas as reunións rematamos "merendando" e falando dun xeito máis distendido para finalizar...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut