Skip to Content

                              

Blogues

DERRADEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ALUMNADO

O pasado martes reuiniuse o Club de Lectura de Alumnado do terceiro ciclo por derradeira vez este curso.

Comezamos coma sempre con xogos, e pasamos un momento moi divertido...

 

Despois vimos o vídeo que nos enviou Raquel Castro (contestándonos ás preguntas que lle fixemos dende Radio Xuve) sobre  o seu libro Sobremesas sobre versos.

 

Moitísimas grazas á autora por adicarnos o seu tempo.

 

Posteriormente a profe Patricia fixo co alumnado un obradoiro de Poesía , onde a modo de regueifa... expresaron as súas inquedanzas ( especialmente o alumnado de 6º coa idea de ir ao instituto e emprender unha nova etapa da súa vida)

 

 

 

 

 

 

 

Para finalizar, fixeron unha avaliación do seu paso polo Club de Lectura (na que foron moi claro, expresando o que máis e o que menos lles gustou do Club, suxestión de mellora.. e se o recomendarían...) 

Finalizamos, coma sempre cunha  "merendiña" un pouco especial por ser a última

 

 

Moitísimas grazas ao alumnado participante, foi un pracer compartir lecturas con eles e elas e mais as súas titoras.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

Na seguinte ligazón podedes consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2024-25.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E MESTRAS: PEL DE CORDEIRO

O pasado luns día 17 reuniuse o Club de Lectura de Familias e Mestras para falar da derradeira lectura deste curso: Pel de Cordeiro de Ledicia  Costas. 

A autora presentou o seu libro en Ourense o 28 de Maio, e como fans confesas que somos, acudimos á cita 4 integrantes do noso club para escoitala falar desta novela, e formar parte do "aquelarre" que alí se formou.

Falou dos puntos en común dos seus libros "Infamia"  e "Ultraluz" con "Pel de cordeiro"

Falou tamén de como se documentou para escribir a novela, e da "violencia obstétrica" entre outras moitas cousas...

Despois de agardar un bo anaco, falamos con ela, contámoslle que lemos todos os seus libros para adultos, e inauguramos o noso club ( xa hai 3 anos) con Golpes de Luz.

.

 

Foi un auténtico pracer poder falar con ela e que nos asinase algún dos seus libros.

 

E isto formou parte da nosa reunión, para falar de "Pel de Cordeiro", na que cada quen expresou que foi o que máis e o que menos lle gustou da novela. Cal das partes lle intrigou máis... coincidimos case todas en que o comezo é bastante noxento pero ao tempo o suficientemente hipnótico para non poder deixar de ler...

 

 

Falamos de bruxas, de crenzas, de tradicións, de "medicina popular", da Virxe do Corpiño, das cousas nas que cremos ou non e de moitas cousas máis.

 

 

 

Tamén falamos da "violencia obstétrica" e do ben retratado que está o Hospital de Ourense, na novela. Especialmente na parte de xinecoloxía..

 

 

Coincidimos en que Ledicia Costas, ademais de escribir dun xeito engaiolante e ao tempo dunha lectura moi sinxela (porque resulta adictiva e moi moi sinxela de ler)  sempre pon o punto nun tema social e de actualidade en cada unha das súas novelas. 

 

E coma sempre rematamos cunha "merendiña" na que sempre hai café , froita e algo doce. Desta volta foi Iris a que nos sorprendeu cun prato  salgado , típico da cociña Panameña que nos encantou!!! Moitísimas grazas a Iris por facernos esta delicia fresquiña e saborosa. 

FAMILIAS QUE CONTAN: O GRÚFALO

Este luns tivemos contacontos por parte das familias. Patricia , acompañada pola súa filla Mía contáronnos o conto "O Grúfalo"  entre as dúas.

 

O alumnado de ED. Infantil e 1º Ciclo de ED. Primaria estivo atentísimo.. desfrutaron moito desta narración compartida.

 

Moitísimas grazas a Patricia e a Mía (que o fixo xenial!!)

 

FAMILIAS QUE CONTAN: ¿POR QUÉ LLORAMOS?

A pasada semana, María José, a nai de Pablo da clase de 1º de ED. Primaria veu á biblio contarnos ¿Por qué lloramos? 

 

Un fermoso conto que nos explica que chorar é un xeito máis de expresar as nosas emocións... e que podemos chorar por moitísimos motivos.

 

 

 

O alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria estivo atentísimo e desfrutaron ao máximo desta fantástica narración polo mundo das emocións. Porque todos e todas choramos, sexamos grandes, ou pequenas...

 

Moitísimas grazas a María José por compartir o seu tempo con nós !!!!

 

ANDAINA A MOLDES E RUTA CIRCULAR ATA CASTRO CAVADOSO

O venres 21 de xuño fixemos a nosa tradicional Andaina a Moldes dende o colexio. Todo o alumnado de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria sairon as 10 h da mañá. O resto do alumnado, 4º, 5º e 6º de educación primaria saíron un pouco antes para facer unha ruta circular dende Moldes ata Castro Cavadoso.

Nesta saída participou toda a comunidade educativa pertencente ao colexio. Foi unha xornada de convivencia moi especial, con xogos, merendola,...  para despedir o curso escolar.

Nos seguintes videos podedes ver algúns dos momentos desa xornada.

 

 


REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ALUMNADO: FALAMOS DE MANGA E B.D

O pasado día 3 de xuño tivemos reunión do club de lectura de alumnado ( coa colaboración e asistencia das titoras do 3º ciclo)

 

Comezamos xogando, como facemos sempre  desta volta xogamos a dous xogos de mesa: SLAPZI ( un dos grandes éxitos deste curso)  e MORADA MALDITA.

 

A continuación o alumnado expuso o seu traballo sobre un libro de manga ou banda deseñada ( foi un traballo elaborado por eles e elas: houbo quen fixo presentacións en CANVA, houbo quen elaborou carteis informativos, quen se apoiou en imaxes...) a idea era que despois de ter elexido un libro na reunión anterior, espuxesen diante dos e das integrantes do club o que lles pareceu, porqué o elexiron, falar das personaxes etc etc...

 

Despois das exposicións , rematamos, coma sempre cunha "merendiña".

 

Aquí quedan unhas poucas fotos do momento:

 

 

CELEBRANDO OS MAIOS: CON COPLAS E FLORES

Este ano celebramos a festa dos maios ao noso "xeito"

 

Por unha banda o alumnado de 6º de ED. Primaria, axudados pola súa titora Patricia elaboraron unhas coplas sobre si mesmos, e tamén o fixeron co alumnado da clase de 4º e 5º de ED. Infantil.

Pero ademais fixemos unha actividade conxunta, onde lle explicaron aos pequechos e pequechas as plantas e flores máis importantes dos maios ( así falamos dos "pampillos" e tamén dos "estralos ou estralotes" dependendo da zona teñen distintos nomes) despois elaboraron unha coroa con "pampillos" por parellas para o alumnado máis pequeno.

Foi unha experiencia interesantísima e divertida na que a creatividade e o bo facer estiveron presentes. 

Esta actividade tamén se desenvolveu co alumnado de 3º de ED. Primaria.

 

Así a profe Patricia marcou como obxectivos principais: 

-Dar a coñecer  a festa dos maios.
-Achegarse á lírica popular sendo creadoras de coplas onde somos as protagonistas.
-Fomentar os vínculos e a axuda mutua entre o alumnado de 3º ciclo EP e EI
-Mellorar a convivencia do centro a través das artes e da natureza.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos da actividade de elaboración das coroas, e na que se compartiron as coplas.

 

 

 

Engadimos como arquivos adxuntos as coplas elaboradas para a ocasión.

E que vivan os maios!!!! 

Información semanal 17-21 de xuño

Premer en resumo semanalpara ver as actividades desenvolvidas a semana do 17 ao 21 de xuño, polo alumnado de 1º EP. 

BO VERÁN E BOA LECTURA!

E agora a desfrutar do verán... deixamos aquí as recomendacións lectoras  remitidas polas titorías dos distintos ciclos.

Como sabedes, este é o ano da B.D ( banda deseñada) e algunhas das recomendacións van nesa liña.

 

Por outra banda, este curso as profes Cruz, Natalia, Loli e mais eu (Leo) participamos nun grupo de traballo, de formación intercentros (varios centros da provincia e tamén o C.E.E Infanta Elena de Monforte) sobre o xogo e a súa importancia na aprendizaxe e na adquisición dalgunhas destrezas, no fomento da paciencia e da socialización ( e tamén para aprender!!)

Engadimos tamén recomendacións de xogos, testados co alumnado e que poden ser interesantes para o seu desenvolvemento e para pasar un bo momento en familia.

 

Que teñades bo verán, desfrutade e lede moito... e se queredes recomendacións...

( Van en formato imaxe e tamén en adxunto PDF que se ve con maior claridade)

 

BOA LECTURA E BO VERÁN XOGANDO EN FAMILIA!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut