O pasado xoves día 9 de Novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de familias e profesorado.
Este curso aumentamos o número de familias participantes , aínda que como pasa ás veces por diversos motivos, varias das novas incorporacións non puideron asistir.
Comezamos ás 16:00 horas na zona “maker” da nosa biblioteca.
O punto principal foi falar das nosas “Lecturas de Verán”, e houbo un pouco de todo, en xeral gustaron pero tamén houbo algunha delas que non foi o interesante que se podía agardar, ou que a espectativa non se cumpriu...
Falamos das lecturas posibles para este curso, e a idea de comezar cunha de Ledicia Costas, como fixemos os dous cursos anteriores, que casualmente acaba de sacar un libro de poesía: “Ultraluz”.
A poesía quizais non sexa o xénero máis popular no noso club, falamos de varias ideas para facer unha lectura compartida e reflexionar sobre o contido e compartir as nosas impresións. Tamén se falou de que as novas incorporacións lesen o primeiro libro que lemos no club: “Golpes de Luz” de Ledicia costas tamén e tamén falamos da seguinte lectura para todas.
Unha vez compartidas as nosas impresións sobre as lecturas de verán pasamos á tomar un café á sala de mestras e queremos agradecer a Bea e a María Luísa que aportaron parte da sobremesa.
Beatriz fíxonos 2 receitas dun libro de Receitas de Harry Potter: uns panciños de queixo moi saborosos e unhas galletas que estaban moi boas. Pola súa parte María Luisa deleitounos cun “brownie saudable” sen azucre e con fariña de avea que estaba espectacular. Finalizamos a reunión con varias ideas de lecturae postergamos a seguinte reunión para final de trimestre e xa coa nova lectura escollida xa máis de relax...