Skip to Content

                              

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes así podedes atopar diversos materiais e contidos sobre ciencia en galego e tamén  o MANIFESTO elaborado por Elena Vázquez Cendón , do que reproducimos aquí un pequeno anaco:

 

"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
 
Elena Vázquez Cendón
 
 
 

A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que investigasen e  preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso PDI deste curso:  XUVE SAUDABLE) para facer a demostración dos mesmos  ao  resto do alumnado.

Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto do alumnado Un grupo fíxoo no patio "tapado " novo e o outro no patio , diante da nosa B.E. . 

E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.

 

Foi unha actividade moi interesante , na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto o que aprendeu . 

 

Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.

 

Adxuntamos a infografía en formato PDF para poder vela cunha maior calidade

 

AdxuntoTamaño
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO.pdf6.88 MB


blog | by Dr. Radut