Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes así podedes atopar diversos materiais e contidos sobre ciencia en galego e tamén o MANIFESTO elaborado por Elena Vázquez Cendón , do que reproducimos aquí un pequeno anaco:
"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
Elena Vázquez Cendón
A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que investigasen e preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso PDI deste curso: XUVE SAUDABLE) para facer a demostración dos mesmos ao resto do alumnado.
Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto do alumnado Un grupo fíxoo no patio "tapado " novo e o outro no patio , diante da nosa B.E. .
E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.
Foi unha actividade moi interesante , na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto o que aprendeu .
Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.
Adxuntamos a infografía en formato PDF para poder vela cunha maior calidade.