Skip to Content

                              

blogue deLeo

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Por cuarto ano consecutivo convocamos o "Concurso de Postais de Nadal".

 

Agradecemos a súa  participación ás familias, e lembramos que as postais non se devolverán,  xa que compartiremos a vosa creatividade pola contorna:  centro de saúde, de maiores,  concello, outros centros educativos da contorna e demais entidades coas que interaccionamos... 

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E CREATIVIDADE FAMILIAS!!!!

 

25 DE NOVEMBRO: RECURSOS

Para o día de hoxe temos preparada unha actividade de centro que se desenvolverá nas últimas sesións da mañá ( previo traballo a nivel titorial de cada unha das aulas)

 

 

Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar no día de hoxe: 

 

 

 

Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.

 

 

20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1989 conseguiuse a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU.

É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.

Dende o equipo de  biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia propuxemos o visionado, dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar.

 

Estas 2 cancións tan divertidas para os pequenos: 

 

 

     

 

 Máis cousiñas: 

 

 

Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:

 

 

Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ.

 

Un PDF de Pocoyo y los derechos de la infancia e outro PDF dos dereitos do neno en galego.

" A castaña que rebentou da risa"

Co gallo da celebración do magosto no centro, o alumnado de 3º de ED. Primaria decidiu facer unha narración dun conto tradicional para a nosa RADIO XUVE, a partir da adaptación do conto "A castaña que rebentou da risa" dando renda solta ao seu maxín .

 

Agardamos que o desfrutedes!!!

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Chega novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO ( premede para ir aos contidos que nos recomendan dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares)

 

Dende o equipo de biblioteca e para conmemorar esta data propuxemos que cada unha das titorías fixese, ao longo do mes un "experimento" ou actividade relacionada co STEAM ( escornabots, programación en bloques, etc..) e o graven , explicando o proceso e o porqué para despois poder compartilo co resto das aulas.

 

Tamén temos a disposición do alumnado e do profesorado libros relacionados coa temática no noso ESPAZO MAKER no primeiro andar, e na entrada da nosa Biblioteca escolar.

 

 

 

 

 

 

Contacontos por parte da familia de ADRIÁN: "A banda de Raimunda"

E chegou o segundo "contacontos" por parte das familias!!!!!!

 

Desta volta foi Vanessa, a mamá de Adrián a que compartiu con nós o conto de Pablo Nogueira " A banda de Raimunda" ( se premedes no título levaravos á ficha técnica do mesmo)

 

 

Aquí vos queda, agardamos que vos guste tanto coma a nós. E moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e creatividade.

 

 

SAMAÍN EN XUVENCOS

Nesta semana terrorífica fixéronse diversas actividades relacionadas co SAMAÍN -HALLOWEEN.

 

Dende os equipos de Normalización e extraescolares propuxéronnos dúas actividades de SAMAÍN 

 

Dende biblioteca propuxemos unha serie de lecturas temáticas para o noso alumnado ( tanto para o préstamo individual, coma para a hora de ler... en ED. Infantil por exemplo esta semana os contos da hora de ler , foron todos monstruosos...)

 

 

Ademais, Claire, a nosa "auxiliar de conversa" tamén lles contou os máis pequenos un conto de Halloween  en inglés...

E estiveron moi atentos e atentas!!!!

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS DENDE RADIO XUVE: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA

A terceira actividade que se propuxo para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS  (e tendo en conta que o lema deste ano é A BIBLIOTECA TEN A PALABRA) foi para o alumnado de 6º de ED. Primaria, que xunto coa súa titora colleron a nosa proposta e transformárona en 3 "clips" de radio no que nos contan o que lles gusta da nosa B.E, curiosidades sobre as bibliotecas e mesmo nos explican os distintos libros que podemos atopar.

 

Fixeron 3 equipos de traballo, organizáronse,  guionizaron, e este foi o magnífico resultado.

 

 

 

 

Moitas grazas á clase de 6º e á súa titora!!!

 

 

 

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Mañá comezan a súa andaina as nosas "mochilas viaxeiras" , que conteñen libros ( de lectura, de receitas, de consulta...) contos, CDs ou  DVDs adaptados a cada unha das aulas ( seleccionados polos seus titores e titoras) .

 

BOA VIAXE, E BOA LECTURA EN FAMILIA!!!

 

Información mochilas viaxeiras.

24 DE OUTUBRO: INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS

Para conmemorar o día das Bibliotecas, a segunda das actividades propostas para esta data foi a elaboración dun marcapáxinas para intercambiar co alumnado doutra aula.

Así: 

O alumnado da aula de 3/4 anos de ED. Infantil,  fixo un intercambio coa clase de de ED. Primaria.

O alumnado da aula de 5 anos de ED. Infantil , fixo un intercambio coa aula de de ED. Primaria.

O alumnado de de ED. Primaria fixo un intercambio co alumnado de de ED. Primaria.

O alumnado de de ED. Primaria , fixo un intercambio co alumnado de de ED. Primaria.

Despois de poñer en marcha a súa creatividade durante a semana, o venres cada aula fixo o seu intercambio (aleatorio e anónimo).

Aquí quedan unhas poucas fotos do momento!!

 

 

E AGORA A DESFRUTAR DA LECTURA!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut