Hoxe tivemos a segunda reunión do clube de lectura de 6º de ED. Primaria, para falar do libro "Plan de Rescate" de Antía Yáñez.
O primeiro que fixemos foi falar do libro, contar un pouco a historia e os momentos que máis lles chamaron a atención.
Despois desta pequena reflexión fixeron 3 equipos e redactaron un texto breve centrándose en 3 bloques: breve resumo da historia, falar un pouco dos protagonistas principais e por último unha brevísima biografía da autora.
Despois de practicar , subimos a Radio Xuve e coa axuda do profe Javi fixeron a gravación en 3 roldas.
Posteriormente voltamos á biblioteca para facer unha dinámica de cohexión e reflexionar de como podemos sentirnos cando traballamos en equipo, e cando sentimos que estamos sos.
E para finalizar unha pequena "merendola" que había que repoñer forzas!!!
E aquí o resultado da gravación... que organizaron e levaron á práctica en tempo record...
O pasado luns 14 de marzo, reunímonos por segunda vez, o "Clube de Lectura para Familias e Profesorado"
Desta volta para comentar a nosa primeira lectura: "Golpes de Luz " de Ledicia Costas.
A conclusión xeral é que nos encantou a todas. Gustounos moito por diversos motivos, pero a narración a 3 voces por parte dos 3 protagonistas foi algo no que todas coincidimos. As súas peripecias, experiencias de vida , déronnos para falar moito.
Pareceunos unha novela áxil, unha historia ben contada e que toca moitas realidades, e nalgún momento da historia todas nos sentimos identificadas con algo. Tamén e con todo é unha novela divertida.
Falamos moito, compartimos sensacións, tamén definimos aos protagonistas con palabras, e de cada un deles:
LUZ
SEBAS
XULIA
Cada unha comentou 3 imaxes ou conceptos que lles evocase o libro , nalgunhas imaxes coincidimos, noutras fomos moi diversas... adxuntamos un documento PDF con esta escolma de imaxes.
E por último fixemos propostas para a elección da nosa seguinte lectura...
A proposta dende o equipo de biblioteca para esta data foi a elaboración dun libro colaborativo entre todo o alumnado de ED. Primaria.
Ao alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria propúxolles que buscasen ( coa axuda das súas familias) un refrán relacionado coas plantas, con sementar, regar, ou os tempos no que facelo.
Para o alumnado de 3º a 6º de ED. Primaria a proposta foi a elaboración dunha ficha informativa , na que falasen dunha planta e os tempos nos que sementala, debuxar o proceso, e os distintos factores que inflúen no seu crecemento ( tamén coa axuda das familias)
Con toda esta información recompilada,( grazas ao profesorado, alumnado e familias) elaboramos un libro ( do que fixemos unha copia, para ter 2 exemplares).
O alumnado de ED. Infantil foi o encargado de elaborar as portadas dos mesmos, que proximamente estarán a disposición na sección de consulta da nosa B.E.
Na entrada da nosa biblioteca durante estas dúas semanas, estivo a disposición unha escolma de libros relacionados coa auga, árbore e poesía .
Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.
Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles)
Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta.
Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver.
Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros.
Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.
( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria)
Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)
Este curso, para conmemorar o día da POESÍA, e xa que no centro estamos traballando a inclusión e dentro diso estamos introducíndonos en DUA (Deseño Universal da Aprendizaxe)
Dende o equipo de biblioteca, e en coordinación co D.O por medio da mestra de A.L fixemos a seguinte proposta:
Que escollesen poemas e os convertisen a DUA.
Centrándonos no segundo dos principios : "Proporcionar múltiples formas de representación" porque non todas as persoas percibimos e comprendemos do mesmo xeito.
Nos cursos máis baixos, pedimos que elaborasen un ou dous poemas por aula ( nos máis pequenos coa axuda dos titores e titoras) , e nos máis altos, que os elaborasen de xeito autónomo en pequeno grupo.
Parte do alumnado de sexto , ademais de presentar os poemas de xeito textual adxuntou un "CÓDIGO QR" para que tamén se puidesen escoitar, ampliando así a accesibilidade dos mesmos.
Foi unha experiencia interesante e motivadora para o alumnado e tamén serviu para adquirir outras perspectivas á hora de recibir e transmitir a información, tendo en conta a diversidade.
A escolma poéitca recompilada aparece a continuación en formato PDF, coma arquivos adxuntos.
O día 21 de marzo os cursos de 5º e 6º de educación primaria fomos á Ínsua dos Poetas, no concello do Carballiño, para celebrar o Día Mundial da Poesía.
Entre as actividades que se fixeron houbo un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.
Dito recital estivo feito por alumnos e alumnas dos centros participantes.
Iria Lorenzo González, Néstor Pérez Estévez e Adrián Souto González, foron os encargados de representar ao noso centro na actividade.
A continuación, tivemos a ocasión de ver un espectáculo de música e danza levado a cabo polo grupo “Cantares Transhumantes” de Miriam Sandoval, co que se quixo facer unha pequena homenaxe ás letras arxentinas.
Por último, plantouse unha árbore (ombú) e interpretáronse os himnos de Ourense, Galicia e Arxentina.
(Redacción do texto: Carmela, titora de 5º de ED. Primaria)
O martes tivo lugar a terceira e última parte do Obradoiro de Radio con Iago Gordillo.
Desta volta cada aula tivo unha sesión telemática individual para falar da súa creación, do seu programa de radio.
Escoitárono, con moitísima atención, e falaron de como corrixir erros comúns, subir ou baixar as voces, as sintonías e depurar pequenos detalles para facer que a súa creación tivese unha mellor calidade.
Moitas grazas novamente a Iago, porque foi un obradoiro interesante, moi ilustrativo, no que aprenderon moito, implicáronse e desfrutaron.
Cada unha das aulas preparou un "pareado" ou "rima", hai quen tamén lle chama "coplas" para celebrar o noso entroido.
Cada unha das aulas pasou por "Radio Xuve" para facer a gravación das súas creacións, e aquí tedes o resultado final. Grazas ao profe Rubén pola montaxe do mesmo:
(A canción que se escoita é dos "Amigos dos Músicos", titulada " Non pare a festa" )
(Se premedes no titulo de cada un, accederedes a súa ficha técnica)
Para os outros 2 grupos, ademais de contarlles os contos dun xeito engaiolante, fixeron unha serie de actividades moi dinámicas, para pensar e reflexionar sobre as nosas actitudes.
Foi unha actividade moi completa e interesante, e agradecemos tanto á Mancomunidade coma a magnífica contadora de contos Uxía Morán, este obradoiro.
Aquí deixamos unhas poucas fotos do evento , que se desenvolveu no patio exterior do centro.