O alumnado de sexto de ED. Primaria, coa colaboración do profe Rubén , está desenvolvendo esta actividade denominada "bookface" ou o que é o mesmo: a arte de fundirse coa portada dun libro.
Aquí temos as 5 primeiras creacións, acompañadas dunha breve reseña de cada un dos libros:
As estrambóticas viaxes de Gulliver (Adrián)
Autor: Pinto y Chinto.
Sinopse: O que Jonathan Swift, o mordaz escritor anglo-irlandés, presenta na súa novela satírica As viaxes de Gulliver, é o colmo do absurdo para a literatura da época. Gulliver viaxa catro veces como médico dun barco, rematando catro veces entre estrañas civilizacións que non só teñen nomes que parecen trabalinguas, senón que non poderían ser máis singulares.
Idade recomendada: 3º e 4º de primaria.
A miña opinión. A min gustoume, pero pareceume un pouco longo.
Arrodeos e desvios do camiño de Santiago e outras rotas (Alfonso)
Autor: Uxío Novoneyra
Sinopse: Libro de poemas de Uxio Novoneyra entorno o camiño de Santiago e as suas rutas. Idade recomendada: libro para adultos
A miña opinión: Ten un vocabulario moi complicado.
El chubasquero de Aurora (Christian)
Autor: Paco Ortega.
Sinopse: O libro trata dunha nena que cre nuns monstros que a atacaban todo o tempo entón a súa mama regaloulle un chuvasqueiro branco con botóns moi grandes e de distintas cores para que perda o medo aos monstros.
Idade recomendada: 10 anos
A miña opinión: Non me gustou moito, pero si que me encantaron os monstros.
A escalada vermella (Diego)
Autor: Fernando Pérez Hernando
Sinopse O libro trátase dun paxaro que usa unha escaleira para subir a lugares, e un día o paxaro perdeu a escaleira pero o seu amigo o coello dille que pode voar e o problema solucionouse e aquí terminan os problemas.
Idade recomendada: nenos e nenas de ED. Infantil
A Miña opinión: a miña opinión sobre o libro é que e un bó libro para o publico que esta dirixido.
Insólitos dinosaurios (Gabriel)
Autor: María Mañeru
Sinopse O libro trata de dinosaurios e pon varios dinosaurios e as súas características.
Idade recomendada: de 6 a 10 anos.
A Miña opinión o libro está regular porque as imaxes son pouco cribles e di algunha información incorrecta por exemplo: Pon aos pterosaurios como un dinosauro e non é verdade xa que é unha familia de réptiles voadores.