Título | Resumo |
---|---|
Analizando a publicidade! - SEMANA AMI |
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen e sexan máis conscientes á hora de adquirir un producto. Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
|
RIMAS CON LETRAS NA HORA DE LER! |
Na hora de ler pódense facer actividades moi diversas, pero en ocasións as sorpresas son tan gratas coma esta. Sara, Celia e Martina abaneando a poesía coas súas máns. Poñendo música ás verbas! Gracias rapazas pola vosa creatividade! Gloria Sánchez e as súas Rimas con letras estarán felices de escoitarvos.
|
PAXARIÑOS |
Os recreos dan para moito! Xogamos cos paxariños!
|
GRUPOS INTERACTIVOS |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos (aínda sen poder convidar ás familias) pero co mesmo entusiasmo por aprender, colaborar e compartir o aprendido. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
Máis información no anexo |
ARGALLANDO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DOCES DE AMÉNDOA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
NOVIDADES EN FONDOS! #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ven a ollar as novidades e leva a que máis che preste!
|
Compartindo experiencias con Percebiño! |
As vacacións sempre son época de historias e anécdotas que estamos querendo contar á volta polo que organizouse un pequeno obradoiro de Cartas a Percebiño, a nosa mascota, que está encantado de ler sobre todas esas grandes aventuras que viviron! O alumnado traballou sobre diferentes modelos de carta aproximándose así a esta bonita forma de compartir a súa realidade cós demáis.
|
PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.
Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.
Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.
Unha experiencia para repetir!
|
LECTURA EN FAMILIA DENDE OS COMEZOS! #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
O noso alumnado máis pequerrecho tamén goza en familia da lectura. Luns e xoves levan unha bolsiña cun tesouro para as súas casas: un conto e un xogo relacionado coa temática. Unha actividade que realizarán cos que máis queren para fomentar o pracer pola lectura, deixar voar a imaxinación, crear novas historias e gardar estes intres como tesouros. Pois sen darlle importancia estamos creando bos cimentos cara a lectoescritura, deixando que as emocións xoguen un papel vital como en calquera aprendizaxe.
Os xoves as bolsiñas voltarán cheas de novas historias e vivencias. Espallade pitufiñas e pitufiños!
|
TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian Families sorprendeunos cunha actividade. Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron! Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro! Parabéns mozas e mozos!
|
FORMACIÓN PROFESORADO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os mestres tamén recibimos formación contínua. |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
DÍA DA ILUSTRACIÓN - TEXTURAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Escollendo como tema de base a Paz para celebrar o Día da Ilustración,
en plástica, nas seccións bilingües, o alumnado experimenta con diversas texturas.
Estes son os resultados.
O traballo das texturas quizais non se aprecia pero visto en directo é impresionante!
|
MARES DE CEDEIRA MUSEO - A NENA E A CIENCIA #11F #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mareas, ese foi o título co que comezou unha tertulia levada a cabo polo Museo Mares de Cedeira, onde representaron os efectos da Lúa na producción das mareas. Foron tantas as preguntas da rapaza e tal o interese que o tempo estipulado quedábase curto. Gracias Mares de Cedeira por traer ciencia á escola.
|
PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía. Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira. Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro no que facemos unha saída a un acto público.(*) Ogallá, as raiolas veñan para quedarse! (*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo.
|
A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro. Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro. Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira. Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento, e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo, só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur. Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.
Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra. Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.
|
GREEN CLUB - UN CLUB PARA PROTEXER A NOSA CONTORNA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A implicación do alumnado coa protección do medio ambiente é algo que ven de fai bastente tempo. Se botamos un ollo atrás, moitos proxectos e actividades realizadas, tiñan esa mirada á protección da nosa contorna. Actividades realizadas en colaboración coa asociación Arce, Museo Mares de Cedeira, protocolos deseñados polo alumnado para todo o centro, intervencións no centro escolar, creación de patios vivos, eliminación dos disfraces con bolsas plásticas, creación de hortas, roteiros, cadernos naturalistas... son algunhas das intervencións levadas a cabo. Este percorrido, hoxe vese materializado nun espazo para uso de toda a comunidade educativa, cuns chalecos, luvas... e o protocolo deseñado polo alumnado. As persoas formamos o Green Club, un club que mira por coidar a nosa contorna e poñer un graiño de area limpa, neste mundo cheo de contaminación. Unha contaminación que somos moi conscientes que non provocamos nós só, polo menos non en gran medida, detrás están as fábricas, as multinacionais, grandes empresas que poden facer moito máis para non verter produtos ao mar, aos ríos, non envasar todo en plástico... Aquí a ODS 17, Alianzas para acadar obxectivos, teñen un papel primordial, os gobernos e a xente con fortunas son realmente quen poden dar un gran cambio a este sistema de mercar, tirar, volver mercar... o gran consumismo no que estamos inmersos. Eles teñen un poder que nós non pusuímos, aínda que sabemos que a rapazada e moitos adultos, somos conscientes que temos que cambiar os nosos hábitos de consumo e que xuntos podemos apretar moito máis. Pero, non poden converternos en protagonistas, nós temos que seguir loitando e facendo o que está na nosa man, pero os que de verdade poden facer, teñen que reaccionar xa! O Green Club, fará todo o que está na súa man! Un club de tod@s e para tod@s. E comezamos intervindo o noso arredor, o principio da praia da Magdalena, que está ao pe do noso cole.
Primeiro, poñemos luvas e chalecos, recordamos normas, que imos recoller e cal é o espazo de acción. Despois intervimos, buscamos, atopamos, recollemos e depositamos nos contedores.
Son moitos os cubos e cestas recollidas e nun espazo reducido, moitas as tira a xente pouco cívica; outras voan co aire, dos mesmos contedores, que non teñen tapas; outras chegan do mar... Tamén somos curiosos e observamos cunchas e pequenos descobrementos, estes aledan a xornada!
Ollar, mirar para aprender, ogallá nunca o perdamos. Eses minutos son tesouros que cada un de nós levamos, provocan pracer, emoción,... Son recordos que conservaremos sempre. A unión por un ben común, conseguir un obxectivo xuntos, o traballo en equipo, serán aprendizaxes que lles axudarán nun futuro. Rematamos a xornada colocando todo no seu lugar, para que outro grupo faga outra actividade que beneficie ao noso medio ambiente. Todas e todos temos algo que aportar! Gracias Vagalumes!
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 7 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Volvemos con outra marea de poesía co noso programa Música, poesía e estrelas! Un programa realizado coas aportacións de toda a comunidade educativa, adicando poesía a quen máis queremos. Aquí o noso séptimo podcast!
|
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #8M #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta semana nos recreos de biblio podes investigar sobre mulleres que marcaron a historia. Unhas aparecen nos libros outras, a meirande parte, son descoñecidas para moitos. Empodérate e dalles voz!!
ONU DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 10 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Chegamos á fin dun programa. Despois de dez podcast temos que dicirlle adeus a un programa realizado por toda a comunidade educativa, "Música, poesía e estrelas" acompañou as mañás na escola, na casa, no comercio, na viaxe do coche... As emocións mantivéronnos unidos. Hoxe deixamos voar a poesía pero só tedes que estender a man para coller versos e verbas. Parabéns á radio e parabéns a Rosalía!
|
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #semanadolibro #diadolibro #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Queremos celebrar o Día do Libro e os Dereitos de Autor cun gran agasallo. Aló polo 2020, con todos confinados, nacía "A viaxe de Percebiño", unha historia fantástica escrita por Quique Vázquez e ilustrada por Diego Cheda. Este ano, esa historia cobra vida, poderemos pasar as súas follas, ulir cada páxina, observar as ilustracións... Este 22 de abril achégate á biblioteca e dalle cor!
|
FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son
illas, son oasis, son espazos entornados,
silenciosos, en que podemos camiñar entre o
pasado e o futuro. Espazos que acubillan os
artefactos perfectos que nos conectan coa
eternidade.
Desde os andeis das bibliotecas os lombos
chaman a nosa atención.
Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,
nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha
imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza
creativa.
Con esa materia prima necesaria, o editor deulle
forma: alquimia.
Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e
actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección
do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria
gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os
roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar
imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.
Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.
Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.
Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez
e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial
que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.
Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros
complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,
aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso
o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca
do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.
Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre A viaxe de Percebiño!
Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!
|
ENTREVISTA A PABLO RAÑALES - SIERVOS DE TINTA #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entrevista a Pablo Rañales, autor de Siervos de Tinta, escritor e xornalista.
Valentina, Rodrigo, Iago e Basma, alumnas e alumnos de 6º de primaria dirixen a entrevista para amosarnos a parte máis creativa de Pablo Rañales.
Pablo Rañales, deixou pegada no noso alumnado de sexto.
|
EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS #LetrasGalegas2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »