Skip to main content

A NOSA BIBLIOTECA

Finalistas do SuperReto Digicraft #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA

O alumnado Digicraft foi finalista do SuperReto e asistiu a un

encontro na Cidade da Cultura para amosar o seu proxecto.

Parabéns polo traballo!!

 

 

 

 

 

 

Proxecto SuperReto Digicraft #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA

O alumnado de 5º de E.P. participante en Digicraft realizou un proxecto

interdisciplinar que vos queren amosar.

Viaxaron polo espazo na procura de recursos sostibles

e atoparon un planeta novo moi especial.

 

 

 

 

 

 

LIBROS, LIBROS E MÁIS LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Chegamos ao final deste curso tan peculiar.

Son moitos os momentos compartidos dende moitas casas neste tempo de confinamento.

Agardamos poder vernos moi prontiño con novas propostas.

Despedímonos compartindo os vosos libros favoritos

e achegando recomendacións lectoras para este verán.

Unha aperta!

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

ENTREVISTA A EXPERTOS NATURALISTAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

As Aulas ao aire quixeron resolver moitas dúbidas que foron xurdindo ao elaborar os cadernos de naturalistas.

As pequenas e pequenos puxéronse moi preguntóns.

A colaboración de grandes expertos foi imprescindible nesta tarefa de investigación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un privilexio poder contar con todos eles.

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

14 DE XUÑO. DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

O 14 de xuño do ano 1936 constituiuse a CNSE

(Confederación Estatal de persoas xordas).

Por este motivo, o 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

 

As Aulas ao aire tomaron a proposta achegada por unha das familias.

 

E todo o alumnado aprendeu un pouquiño da Lingua de Signos Española (LSE).

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEDEIRA, RESERVA MARIÑA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

No ano 2009, creouse a Reserva da “Ría de Cedeira”, como unha medida de axuda para fomentar a protección do ambiente e dos recursos naturais.

Actualmente, na costa de Galicia, existen dúas Reservas Mariñas de Interese, a de Cedeira é unha delas.

Unha das finalidades de crear a Reserva de Cedeira, e así se indica no Decreto 28/2009 do 29 de xaneiro, é a seguinte:

c) Conservar e protexer a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade

Así pois, facer referencia ao areal de Cedeira é obrigatorio. A Reserva mariña da Ría de Cedeira é unha maneira de preservar os recursos e os hábitats; hai evidencias científicas que amosan que este tipo de áreas mariñas protexidas son poderosas ferramentas para a conservación da diversidade biolóxica. 

Que Cedeira sexa unha Reserva mariña implica moitas cousas, unhas referidas á pesca, outras ao marisqueo, pero o máis importante é que con carácter xeral dentro da reserva mariña queda prohibida a extracción de fauna e flora. Por tanto, xa sabedes, amigos e amigas: nunca hai que coller nada da praia, e xa non só porque esté prohibido, senón por aquilo no que insistimos tanto que é respectar o medio que nos rodea.

Na praia podemos atopar cousas lindísimas: berberechos, cangrexos, xebras de moitos tipos, esqueletos de ourizos de area, cunchas fraxilísimas…

 

Aquí van algunhas delas:

 

Berberechos

Seguramente se levantades un pouquiño de area cando baixa a marea poderedes atopar berberechos, que se abren para alimentarse. O que vai na foto é un carneirolo, tamén lle chaman berberecho bravo.

 

 

 

Ardecasas

Adoitan estar metidos polo medio das rochas da praia. Na praia da Arealonga hai moitos, pero ollo... TRABAN!

 

 

 

Cangrexo ermitaño

Se ides á praia da Arealonga poderedes ver como a marea arrastra numerosos caracoliños que gardan dentro un cangrexiño. O cangrexo ermitaño vai mudando de casa conforme vai medrando. Esta podería ser a cuncha dun deles:

 

Xebra

Hai días que parece que o mar fora unha ensalada de mil cores, hai xebras verdes, xebras marróns... As que aquí aparecen chámanse marmulos. Seguramente xogastes máis dunha vez a estoupar as boliñas de aire.

 

 

 

 

Amigos e amigas, xa sabedes… as beiras da marea son lugares preciosos que temos que conservar.

Por iso, propoñemos facer un cartel para que toda a xente saiba que a Ría de Cedeira é unha reserva mariña. 

Nese cartel ten que ir o título: 

 

Ría de Cedeira, Reserva Mariña 

 

E cada un de vós escribirá algo importante referido á reserva.

 

Aquí vai o noso:

 

Esta actividade didáctica realízase en colaboración co Museo Mares de Cedeira, así que cando teñades feito o cartel, facédeslle unha foto e enviádela ao seguinte correo: maresdecedeira@gmail.com

Xa podedes ver algunhas creacións no facebook do museo.

 

 

 

O museo do mar, berce de reservistas, será a caixa de resonancia que impulse as nosas voces e envíe a nosa mensaxe de defensa medioambiental.

 

 

 

Fotografías: Rafael López Loureiro

 

 

 

 

 

 

 

 

8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Poema do libro “Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro

 

 

“A saúde dos océanos é fundamental para sustentar a vida na Terra” (Ban Ki-Moon, secretario Xeral da ONU dende o ano 2007 ao 2016) 

 

Os océanos son os pulmóns do noso planeta, e ao mesmo tempo son o fogar de milleiros de especies de animais e plantas. Nun curso escolar coma o presente, preocupado especialmente por todas as actividades relacionadas co coidado do medio, o día de hoxe non podía pasar desapercibido.

8 de xuño, Día Mundial dos Océanos.

Unha das actividades que se fixeron nas aulas da escola, foi a seguinte:

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - CADERNO DE NATURALISTAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

O respecto e coidado do medio ambiente comeza cando nos achegamos a coñecelo.

Presentamos os cadernos de naturalistas realizados polo alumnado de 5 anos nas súas

Aulas ao aire.

 

PAXARIÑOS PIADORES, CASIÑA DO MEU CONTENTO

 

(Preparando un día de clase nas aulas no aire)

 

Carmen: -Que levante a man o que algún día, paseando, escoitara o canto dos paxaros...

Alba: -Seguro que moitos levantaron a man. Verdade, Carmen?

Carmen: -Si, muller... se os puidese ver, seguro que había tantas mans levantadas como cando preguntamos quen quere falar na asamblea da escola... pero aí vai outra:

(poñemos o reclamo dun paporroibo)

Carmen: -Que levante a man o que seipa que paxariño está cantando

Alba: -Que levante a man o que sepa o nome do rei dos paxaros...

Carmen: -Esa non sei eu se a saberán...

Alba: -Seguro que moitos de vosoutros levantastes a man unha vez, dúas... ou se cadra tres, pero pequenos naturalistas, asegurámosvos que despois do día de hoxe, se abrides ben eses ollos tan atentos que tedes, e afinades con precisión o oído, porque xa sabedes que "o que non atende non aprende", se cadra, algún día paseando recoñeceredes o cantar dalgún paxariño.

 

Pois para empezar, imos contarvos unha fábula, que sabemos que vos gustan...

 

O Rei das Aves

 

Houbo unha vez, hai moito tempo, en que todos os paxaros do mundo se reuniron porque querían nomear un gobernante , e así, xuntáronse nunha asamblea para decidir quen de todos sería o Rei das Aves. 

- O Rei das Aves terá que ser aquel que poida voar máis alto, que para iso son os paxaros! -dixo unha águia (que xa se vía no máis alto do podium con coroa e todo).

E así foi como empezou unha gran competición por ver quen acadaba o posto máis alto. Os paxaros voaron, esforzáronse moito... batían as ás con todas as súas forzas para poder chegar moi arriba...

Así son as competicións...

Os voitres e as águias eran os primeiros, os mellores, ata que unha delas empezou a subir, un águia enorme, fermosísima... unha águia real! Chegou máis alto que ningunha outra.

Foi daquela cando ao verse gañadora, chamou polos demáis paxaros para anunciar que ela sería a raíña, pois estaba por enriba de todos eles...

Pero meus pequenos naturalistas... a águia sinteu que algo lle rebulía no medio das súas ás. Por entre aquelas plumas enormes foise asomando un paxariño, coma un chisco, coma un faragulliño de pan dos que quedan na mesa despois da merenda... e sen pensalo nin esforzarse, púxose na cabeza da rapiña, e berrou:

O rei son eu! O rei son eu!

 

E así foi como o tuí, o máis pequeno de todos os paxariños, se fixo o Rei das Aves e os Paxaros...

 

 

E agora, a actividade de hoxe. 

Seguro que tedes ben gardado o voso caderno de naturalistas. Veña...rapidamente a buscalo, que hoxe imos facer máis páxinas.

Aprenderemos os nomes de catro paxariños que podedes atopar en Cedeira, e algunhas cousas de cada un deles. Non tedes que escribir todo... cada un o que poida.

 

 

O PAPORRUBIO

 

 

O paporrubio, tamén chamado paporroibo, peizoque ou richinó, é un paxariño solitario e moi territorial, que non acepta a presenza doutros conxéneres, ata o punto de zouparse contra a súa propia imaxe se a ve nun espello ou nun vidro. Fundamentalmente insectívoro, libra aos nosos campos de moita bichería, razón pola que sempre se lle ve arredor das xentes que traballan nas terras. Residente durante todo o ano na nosa bisbarra, no inverno chegan grandes cantidades do norte de Europa.

 

O paporrubio ten un cantar moi especial. Aquí tedes o seu son:

 

 

"O peizoque Roque" é un conto de Dores Tembrás que ten como protagonista a este paxariño. "O peizoque Roque pescuda palabras polo bosque. Palabras que saben, que abrigan, que recenden. Verbas de luz e de música que alimentan a vida"

 

 

 

O MERLO

  

O merlo e a merla son ben diferentes. O merlo é negro e a merla é parda. Paxaros moi comúns e abondosos son coñecidos de todos polo seu melodioso e potente cantar á caída da tarde. Estes paxaros comen de todo: insectos, grans, froitos... e aínda que teñen o plumaxe negro, moitos deles teñen abondosas plumas brancas, chegando algún deles a ser completamente branco. De aí naceu o famoso dito: "Eres máis raro ca un  merlo branco".

 

"A merla de trapo", un conto de Antón Cortizas. Unha historia de fadas pero que non ten fadas. É a historia de Antonia, unha costureira que salva a un merlo de ferro dun estorbo no peteiro que lle impedía cantar. O merlo pouco a pouco entristece,e Antonia cose unha merla de trapo para que lle faga compaña...

 

 

 

 

O MARTÍN PESCADOR

 

 

Puidera ser o máis famoso paxariño da nosa contorna. As súas cores rechamantes, a súa voz metálica, e o seu voar en liña case a ras das augas, cautivan a atención de todo aquel que o ve por primeira vez. Gusta de pousarse nalgunha póla alta á beira dos ríos, dende a que asexa os peixiños  que nadan na auga, para zouparse rapidísimo e conseguir algo para comer.

O Martín pescador, tamén chamado Picapeixe na zona de Ourense é o paxaro que dá nome á asociación de pais e nais dos nenos e nenas da escola de Cedeira: a ANPA "Picapeixe".

 

 

 

A PÍLLARA DAS DUNAS

 

Paxariño emblemático dos nosos areais, agora mesmo en Galicia está en perigo crítico de desaparición. Por isto a píllara das dunas foi nomeada ave do ano 2019.

O seu niño, extremadamente discreto é moi difícil de percibir para os ollos humanos, pero non tanto para o olfato dos cans que pasean polas praias.

 

Sodes capaces de atopar o niño de píllaras nesta fotografía?

Para a súa protección e sobrevivencia existe un plan de protección oficial da Xunta de Galicia:

 

 

E despois de toda esta información, xa estades preparados e preparadas para facer as novas páxinas do noso caderno de naturalistas. Cada un pode apuntar a información que vexa máis interesante. Aquí van as nosas páxinas:

 

 

 

E para que os debuxos sexan máis fáciles de facer, deixámosvos os paxariños paso a paso:

 

 

 

 

 

 

A tomar nota, pequenos naturalistas!

 

As fotografías que acompañan esta entrada pertencen ao arquivo particular do mestre e naturalista Rafael López Loureiro

Nas súas palabras....

"Eu quedo no niño"

 

 

Mil gracias.

 

 

 

 

 

Podedes seguir aprendendo nas Aulas ao aire:

 

- Caderno de naturalistas "Eu quedo no niño"

 

 

- Animaliños que nos visitan... / Caderno de naturalistas "As vosas bolboretas"

 

- Bichiños

 

- Xente de auga e de terra / Caderno de naturalistas "Grandes exploradores"

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - FLORES #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Respectar e coidar o medio ambiente resulta máis doado se o coñecemos.

Hoxe traemos dúas propostas:

un caderno naturalista (5 anos) e plantación de sementes (4 anos).

 

Un caderno de naturalista na casa?

Pois si, empezamos a crear un caderno para que o día que podamos saír a pasear

saibamos chamarlles ás cousas que vemos polo seu nome.

E por qué?

Pois porque a aprendizaxe debe construírse dende o noso entorno máis inmediato. Os nenos e nenas teñen que aprender os nomes das cousas,

e con esta actividade pretendemos isto mesmo: coñecer algúns nomes de flores.

 

Non digas unha árbore,

dille "carballo",

se che gusta a súa sombra

tes que nomealo.

Que ten un nome,

se che gusta a súa sombra,

que non se borre.

(Campo, M., 2005)

 

Fotografías: Rafel López Loureiro

 

Pois si, amiguiños e amiguiñas... son flores que hai en Cedeira. Cando poidades saír a pasear seguro que atopades algunha delas, e seguro que as ides coidar moito, estamos convencidas de que así será.

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana 

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - XOGOS TRADICIONAIS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

O proxecto anual deste curso plantexado desde a biblioteca versa sobre o medio ambiente: "Contra o cambio...eu cambio. E ti?".

Son moitas as actividades xa realizadas, e tamén durante o confinamento.

Iremos amosando moitas destas propostas ao longo da semana.

 

Hoxe comezamos cos

XOGOS TRADICIONAIS

do alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).

 

 

Cando chega a hora do recreo na escola é un momento de felicidade: xogar, estar con nenos e nenas doutras aulas, correr, brincar, gritar, inventar xogos... Ao ler e escoitar isto, fainos retroceder á nosa infancia, aos xogos que aprendimos e recordamos ata o día de hoxe. Dámonos conta de que algúns deles producíronse nas rúas do noso pobo, nos campos da nosa vila, na plaza do sitio onde crecimos e incluso no patio do recreo da nosa escola. Os xogos tradicionais son chamados así por ser de dominio dos nenos e nenas dunha época atendendo aos seus costumes, crenzas, reglas e variantes. Ademais de ser transmitidos oralmente polos nenos e nenas de maior idade.

Moitas persoas cren que o xogo é unha perda de tempo e que non ten que ver coa aprendizaxe formal. Diversas investigacións vinculan o xogo coas matemáticas, xa que é un dos mellores vehículos que os nenos e as nenas teñen para explorar e dominar a súa contorna e, como consecuencia, para aprender gran parte das matemáticas elementais que se establecen como a base para o desenvolvemento de nocións máis complexas a desenvolver posteriormente. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xogade que é bo para a saúde... e compartide as vosas experiencias.

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

XOGAMOS COA SÉPTIMA ARTE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

A proposta de hoxe vén da man das profes de 5 anos.

 

Coñecedes este xogo?

 

 

Parécese moito á zoadeira de botón.

É un xoguete que consiste nun disco con dúas imaxes diferentes, unha por cada lado.

Ao facelo xirar, as imaxes mestúranse e aparece o movemento.

Chámase taumatropo, e pode considerarse un dos inicios do cine.

 

O cine… a séptima arte…

Hoxe, amigos e amigas… vai de cine.

 

Gustaríanos, coma sempre,

transmitirvos unha mensaxe nestes días que empezamos a saír á rúa,

e decidimos facelo tal que así:

 

 

Hoxe podedes escoller entre dúas actividades:

              • Facer un taumatropo.
              • Crear a vosa película de cine mudo.

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

BÚSQUEDA DO TESOURO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

  •  

Un dos obxectivos fundamentais da biblioteca escolar é o de contribuír á mellora das capacidades lectoras do alumnado. Porén, falar de lectura nesta altura do século XXI é falar de multialfabetismos. Unha persoa alfabetizada nestes momentos é aquela que amosa “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”, segundo a definición do Consello de Europa en 2012. Plan LÍA 2016-2020

A interpretación de mapas é un bo exemplo de alfabetizacións múltiples.
As nenas e nenos de 4 anos realizaron unha búsqueda do tesouro...nas súas casas!
Que atoparían?
 
 
 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/


@beCarlosLabrana


biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

A COLECCIÓN DE PALABRAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Xa está lista a colección de palabras.

Que bo traballo fixeron as rapazas e rapaces!

O seu esforzo mereceu un agasallo: unha foto con Percebiño.

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

PARABÉNS, PIPPI! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Foi o aniversario de Pippi.

Desde a nosa biblio mandámoslle moitos bicos.

Parabéns!

Astrid Lindgren escribiu as aventuras desta rapaza como agasallo para a súa filla, fai xa 75 anos.

 

 

 

 

Tamén podedes desfrutar dos capítulos da serie de televisión.

 

 

Mais...sabedes cal é o nome completo de Pippi?

Pippilota Victualia Cortinela Piperminta Efraímez Mediaslongas,

filla do capitán Mediaslongas.

Sodes quen de repetilo de memoria?

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

A CASA DA MOSCA CHOSCA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Mirade que ben contan A casa da mosca chosca as nenas e nenos de 4 anos.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

EXPERIMENTOS NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

 

As nenas e nenos de 4 anos experimentan nas súas casas.

Pasade.

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Unha representación do conto "O incrible neno devorador de libros".

Os nenos e nenas de cinco anos fixemos a nosa versión.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

O PERIPLO DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Pasaron xa moitos días desde que Percebiño comezou a súa viaxe polo mundo.

Nos vosos barquiños de papel vai visitando lugares moi diversos.

Se premedes no mapa podedes acompañalo no seu periplo e engadir algún outro destino (máis indicacións aquí). 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

A NOSA BIBLIO NO XORNAL #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Compartimos con todas e todos vós esta publicación.

A nosa biblioteca é sempre lugar de encontro, e agora tamén, aínda que na distancia.

Entre todas e todos facemos posible que funcione.

Quixeron dar a coñecer o noso traballo no xornal.

Velaquí está a publicación de hoxe no Dario de Ferrol.

 

 

Gracias á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia por ternos sempre presentes.

Gracias a Puri Ceballos, xornalista de Diario de Ferrol, por esta reportaxe.

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega.

O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela.

Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:

 

O misterio de Portomarín (2016). Galaxia.

Senlleiras (2018). Galaxia. 

O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. 

Be Water (2019). Cuarto de inverno.

A Reconquista (2018). Baía Edicións.

 

Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros:

- Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras.

- I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista.

- Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego.

- III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado.  

Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela.

E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas.

Pensándoo ben…

Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir...

E…como se lle ocorren as historias?

E…que fai estes días de corentena?

Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias…

Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:

 

 

 

Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Distribuir contido