Título | Resumo |
---|---|
BAILAMOS E PRACTICAMOS INGLÉS "CON MASAKA KIDS AFRICANA DANCING" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Estes rapaces de Masaka Kids Africana Dancing teñen moito ritmo, non paran! E tamén nos aprenden moitas cousas do coranavirus covid-19, ese bichiño que fai que esteamos na casa. En inglés, claro!
|
DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS |
Dende o Ceip Nicolás del Río, queremos celebrar o día Europeo das Linguas, resaltando a riqueza lingüística e cultural presente na nosa comunidade educativa. Porque todas as linguas contan.
|
MOC MOC ESPECTÁCULO |
O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA FOI CONVIDADO Á ACTUACIÓN DE MOC MOC, ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL DENTRO DA PROGRAMACIÓN "LER CONTA MOITO".
|
CARTAZ BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021/22 |
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.
Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura.
Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
|
UN CONTO DIFERENTE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe convidámosvos a que creedes un escenario para as vosas historias, para os vosos contos. Aí van as indicacións.
Infografía de Nestor Alonso.
E mirade que ben o fixo Roi. É todo un artista!
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
PROTOCOLO BE "CARLOS LABRAÑA" - CURSO 2021-2022 |
DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" DÁMOSLLE A BENVIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. PODEDES LER O PROTOCOLO DESEÑADO PARA ESTE CURSO ESCOLAR NAS FOTOGRAFÍAS OU EN PDF. QUEDAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN.
|
COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.
Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.
Aquí están en acción. Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa! A gozar dun Samaín de medo e sabor!
|
PROXECTO O CORPO HUMANO |
O ALUMNADO DE 4 ANOS ESTÁ INMERSO NUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO. ESTES DÍAS RECIBIRON A VISITA DE TRES FAMILIARES NA NOSA BIBLIOTECA.
A MAMÁ DE LUCAS VEU ENSINARLLES COMO SE COIDAN OS BEBÉS.
COA MAMÁ DE LÍA APRENDERON DISTINTAS PARTES DO CORPO HUMANO.
A AVOA DE NEREA QUE É ENFERMEIRA ENSINOULLES DIFERENTES APARELLOS E O SEU FUNCIONAMENTO. |
CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "MATILDA" |
|
COLECCIONISTAS DE PALABRAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
COMEZA A SEMANA ADICADA ÁS LETRAS GALEGAS.
Hoxe imos coleccionar palabras. Si, si... está ben, non son cromos, nin chapas, nin pegatinas da froita... PALABRAS Unha vez estando nun congreso de profesorado, escoitámoslle a un Maestro que "Saber é saber palabras"; nesa mesma xuntanza, nunha sala chea de mestres de toda Galicia, un poeta comezou a súa exposición declarando que o que el facía era "roubar palabras nos libros cada día" para poder escribir... Pois si, amiguiños e amiguiñas, unha das cousas máis importantes que tedes que aprender son PALABRAS. Moitas! Palabras grandes, palabras pequenas, palabras brillantes, palabras para a noite, palabras para rir e palabras para cando un está máis triste... O caso é saber que palabras queremos decir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas. A biblioteca da escola está chea de libros e palabras, pero con esta actividade gustaríanos encher a nosa biblioteca virtual coma se fora un saco... Se as gardamos aquí, asegurámosvos que ninguén nolas vai poder quitar, e así poderemos collelas cando queiramos. Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir... Andivemos apañando palabras para esta actividade.
Agora é a vosa quenda: A actividade de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribila soa ou metela nunha frase, e mesmo gravar un vídeo. Cada un o que máis lle guste.
Que as palabras voen dende as vosas casas á nosa biblioteca virtual!
Só por participar poderedes recibir un agasallo de Percebiño. Diego e Quique estanlle axudando a crear fotos personalizadas. Mirade
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Achegade tamén as vosas fotos para poder agasallarvos.
|
UN DÍA CALQUERA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
As dúas salas ocupadas... Nunha a aula de Teresa de 4º A, investigando, aprendendo, descubrindo... Noutra os Vagalumes de 3º A, cos recunchos do xoves... Abren a porta e vese baixar unha fila de formiguiñas de 3 anos, son os peques de Raquel, queren ler un conto. Os Vagalumes os convidan a seguir, apertándose un pouco collen todos. O traballo continúa, Raquel senta aos seus nenos e nenas e comeza o conto, "A que sabe a Lúa?", de Michael Grejniec, editorial Kalandraka, non transcorren dous minutos e as cabezas dos Vagalumes se erguen e se xiran, hai emocións no ar, recordos da nenez recen deixada, cheiros doces... Xa non hai recunchos, hai letras, contos, a atención é selectiva e está con Raquel, nas súas verbas... Foi tan lindo o que ocorreu! Por máis días calquera. |
ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral, están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse... o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas. Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar, pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.
|
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - CON POESÍA!! |
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL RECITANDO E LENDO POESÍA! A ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA PROFUNDIZARON NA LECTURA DA OBRA "BOLBORETAS NO PAPEL" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA SEMENTOU POESÍA DA MAN DE GLORIA FUERTES "COMO SE DIBUJA UN CASTILLO". QUE OS VERSOS VOEN! POESÍA PARA SENTIR, LER, ESCOITAR, ULIR, DEBUXAR... POESÍA PARA VIVIR!
|
ARTE EN ESTADO PURO - 2º PARTE - ILUSTRACIÓN |
Crear, imaxinar, dar forma e imprimir a nosa impronta persoal é de máxima importancia. Aquí temos o proceso artístico, levado a cabo polo alumnado de 1º, os Vagalumes, baseado en varias obras que parten da inspiración dun libro: Alén. A arte de explorar. Dentro dunha biblioteca chea de recursos, a nosa, á Biblioteca Carlos Labraña. Últimas creacións de quebracabezas de obras e autoras/es. O FILLO DO HOME DE RENÉ MAGRITTE FEMME MAISON DE LOUISE BOURGEOIS
|
ACOMPAÑANDO Á INFANCIA - PROXECTO COMPETENCIAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo crea frases positivas para adicarlle a outra compañeiro ou compañeira e axudal@ a sentirse acompañado. Unha actividade enmarcada no proxecto competencial.
|
MUSEOS #Patrimonio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mini proxecto dos Museos. O alumnado busca información en grupos de diferentes museos que lles tocou nun maletín, teñen museos de diferente tipo arqueóloxico, obras de arte, do humor, do xoguete,... de direrentes lugares galegos, nacionais e internacionais.
|
Seguimos traballando o corpo... cun experimento! |
Sen case darnos de conta, chegamos xa a novembro, mes que no celebramos o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Na nosa biblioteca podedes atopar un montón de materiais relacionados coa ciencia pero, neste caso, queremos mostrarvos un experimento moi chulo. Nas clases de segundo están traballando sobre o corpo humano e para afondar sobre a respiración e cómo funcionan os órganos relacionados con este proceso fixeron este sinxelo experimento no que se pode observar moi facilmente o intercambio de gases mediante a inspiración e expiración.
|
MES DA CIENCIA - PATIOS VIVOS E INTERACTIVOS NA BIBLIO! |
Polo Mes da Ciencia, as actividades dos Patios Vivos e dos interactivos da biblioteca, dos Vagalumes de 1º estiveron organizados en torno á ciencia. Nos Patios Vivos fixeron: construción de barcos e comprobaron a súa flotación, creación de papaventos, amasaron terra e a converteron os tortas, plantaron sementes, xogaron ás canicas...
Na biblioteca, nas sesións de interactivos (que pola situación que vivimos non pode celebrarse con familias), reflexionaron e reflexaron algúns dos descobrementos, pero tamén fixeron mezclas de cores, dobraron camisetas, inventaron unha pista para vehículos, compararon pesos, crearon figuras... Na praia voaron papaventos, no Día da Infancia, e tamén aproveitaron a probar o mar, sentir as ondas.
Aquí un vídeo coa experiencia resumida. |
O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador. Baixou a serras do Courel e achegouse ata Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas. Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
PATIOS VIVOS - DÍA DA INFANCIA |
O 20 de novembro é o Día da Infancia.
Elas e eles serán os que cambien o mundo, necesitan espazos para medrar, explorar, crecer...
Nos Patios Vivos da nosa escola o alumnado goza de xogo libre e en ocasións, de actividades dirixidas.
Asi descobren como funcionan as máquinas, pequenos insectos, vermes..., as mesturas, as disolucions,
asi achan a ciencia dun xeito placentero e respectuoso co medio e con eles/elas mesmos.
|
RICARDO CARVALHO CALERO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Compartimos este vídeo no que podemos coñecer a súa biografía.
Nestas ligazóns poderedes atopar actividades para aprender máis sobre Ricardo Carvalho Calero.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
DÍA DO LIBRO |
CAL É O TEU LIBRO FAVORITO?
http://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2016
VENRES, 22 DE ABRIL DO 2.016
En conmemoración do Día Internacional do libro
anímase a toda a comunidade educativa a
acudir ao colexio co seu libro favorito
e facerse unha foto con el nun recuncho habilitado na biblioteca.
Con todas as fotos farase un gran mural. Adaptación da actividade http://bibliovivaulaboral.blogspot.com.es/2015/04/preparativos-para-celebracion-do-dia-do.html
|
PAKOLAS NO AUDITORIO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este xoves a Biblioteca Municipal "López Cortón" agasallou ao alumnado de 1º a 3º de Primaria con moito rock e libros!
|
ROTEIRO: SAN ISIDRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) realizan un roteiro por San Isidro para coñecer o límite entre dúas parroquias.
Durante a saída a rapazada tiña que conseguir tres retos, identificando plantas e cunchas, sempre respectando á natureza.
O reto máis importante era recoñecer e situar o límite natural entre dúas parroquias: Piñeiro e Esteiro, que é o Rego do Medio. Podedes ver a súa documentación no Diccionario toponímico do Concello e da Ria de Cedeira, de Xosé-Álvaro Porto Dapena, na páxina 369-370.
Tamén se aproveitou para colgar os adornos realizados por Baba Marta (actividade que xurde polo interese dun neno búlgaro) e para xogar, crear, imaxinar tan necesario nun ano que deixou de lado a socialización tan necesaria na infancia. |
BIBLIOTECA CREATIVA - FORMACIÓN ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|