Título | Resumo |
---|---|
TRABALLANDO NA HORTA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto prepara o bancal e planta sementes de melóns e cabazas.
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos dúas cancións para tocar coa pandeireta, de seguro que moitas e moitos as recordades. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!"
|
A MÚSICA DO XOGO E DO MAR #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nunha vila mariñeira como a nosa o simple son do mar é música para os nosos oídos. Aproveitando un recurso mariñeiro, Mari Luz Lorenzo, ensínanos a tocar as cunchas e unha morea de xogos para ter vivos na vida e na memoria. Así, xeración tras xeración manterá asegurada as nosas tradicións. Gracias Mari Luz!
|
XEOPARQUE CABO ORTEGAL - XEOBRADOIROS #XeoparqueCaboOrtegal #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Xeoparque Cabo Ortegal ofreceunos unha charla sobre os diferentes minerais que podemos atopar na nosa contorna. Rexistramos tódolos nomes, pois estamos certos que será unha aprendizaxe a longo prazo, das importantes e necesarias. Coñecer e valorar o que temos e o punto de partida.
|
COSTURA E BONECOS - BIBLIOTECA HUMANA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bescolaresgal #TecendoRedes #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
Dentro do programa "Lectura e Familias" tivemos a Thais. Con ela estivemos aprendendo a facer pequenos complementos para @s nos@s bonec@s, unha pezas soltas que remataron no obradoiro de costura e sufriron un gran cambio. Os vestimos e fixemos camas e coxíns. Por suposto, isto non tería sentido se o xogo non fose a parte final (aínda que houbo moito polo medio). Un xogo que permitiú traballar a expresión oral, montando diálogos cos compañañeir@s. Tamén a arte plástica en 3D tivo o seu punto forte, pois outr@s quixeron realizar mobles para a futura casa dos seus bonecos. Isto que hoxe vedes nunhas poucas fotografías é o traballo de varias semanas nas que a motivación do alumnado era inmensamente alta, tanto pola participación dunha famila como do producto final que conseguirían. Agora terán que coidalos moito, pois son totalmente artesanais, pois foron construidos en madeira pola familia de David. Gracias a todos os que o fixeron posible!
|
ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras, antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos... Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas, contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor á terra e ás súas xentes! De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada, o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.
|
SEMENTEIRA DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar, toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz, Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño, ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento para cantar todos e todas xuntas. Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos. Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando. Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión. Un proxecto de toda unha vila!
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 3º E 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Ollade ben! Aquí van as recomendacións de lectura do noso alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros". Neste verán non quedes sen un libro!
|
SON DE CEDEIRA - UNHA VILA CANTANDO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que se volcaron coa escola, tanto brindando información, como participando en innumerables obradoiros, actividades de documentación, gravacións en radio, identificación de persoas nas fotografías, realización de xogos, música, concertos ofrecidos... é tanto o que nos destes que rematamos cheos e cheas de orgullo pola nosa vila e as nosas xentes. Sabedes tanto, tanto, non sabemos se sodes conscientes do privilexio que temos. Sodes libros abertos e nós dámosvos as gracias. Para a memoria de todas e todos un recordo: "A praia do Varadeiro" ou "Son de Cedeira" (como guste).
|
OBRADOIRO HAMA BEADS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º B tivo o pracer de contar con Almudena e Celia para facer un obradoiro de Hama beads. Pasáronno en grande. Agradecer ás familias a súa colaboración.
|
ÁLBUMS PERSONALIZADOS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto fixo un álbum personalizado coa app Canva con fotografías de Manzaneda que foi seleccionando e clasificando. Nelas contan o que fixeron, acnédotas... engaden música adaptandoa a cada actividade que hai na presentación (actividades na natureza, discoteca,...). Crear documentos para manter os mellores recordos é necesario e moi saudable!
|
MOITO DOCE EN FAMILIA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A familia de Xoel veu realizar un obradoiro moi dulce. Pasteleiras e pasteleiros por un día!
|
HERBAS DE SAN XOÁN #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As tradicións é algo que temos que mimar e conservar. Preparar a auga de San Xoán, coñecer as herbas necesarias para facela, saltar o lume... A rapazada quere espantar meigas, así que fai o potingue limpador: auga de San Xoán! Por se alguén non a ten na casa levan a receita e uns botes coa menciña, refregade ben as cariñas!
-Dime rapaza bonita, Recollido na Web da Galicia Espallada.
|
NOVIDADES EN FONDOS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CONTINUAMOS COA FORMACIÓN DE USUARIOS! #PLAMBE #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolatesgalabertas |
Continúan pasando os cursos para recibir a formación de usuarios. Este ano o noso alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º curso axudan ao profesorado a impartir a formación. Grazas rapazada, sodes inmens@s!
|
EXPERIMENTOS EN FAMILIA #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48