Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Xov, 20/06/2024 - 17:33
Posted in
As tradicións é algo que temos que mimar e conservar.
Preparar a auga de San Xoán, coñecer as herbas necesarias
para facela, saltar o lume... A rapazada quere espantar meigas,
así que fai o potingue limpador: auga de San Xoán! Por se alguén
non a ten na casa levan a receita e uns botes
coa menciña, refregade ben as cariñas!
-Dime rapaza bonita,
Con que lavas o pelo?
-Cunhas herbas do monte,
Que fío chaman tromentelo!
Recollido na Web da Galicia Espallada.