Título | Resumo |
---|---|
MUSEO E CASTELO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #museomaresdecedeira |
O alumnado de 5 anos, seguindo co proxecto da clase "Cedeira na primavera" van ao Museo "Mares de Cedeira" para ver unha colección de bolboretas e despois continuar observando e recoñecendo lugares preciosos e únicos como o muelle, o porto, as cetareas, as praias, os faros, o castelo da Concepción, as excavacións do castro do Sarridal, o cemiterio e as rúas de Cedería Vella, rúa Real, rúa do Cristo, rúa Tetuan, a biblioteca, as fontes.... un fermoso paseo polo pobo.
|
PROXECTO GRUPOS INTERACTIVOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Algunhas das xornadas dos grupos interactivos estiveron adicadas ao proxecto da flora e da fauna. O alumnado co acompañamento das familias, profundizou na lectura c omprensiva da información que aporta o Álbum de Flora e Fauna, ollaron as fotografías de Rafael Loureiro (Calel) que foron de gran axuda para colorear e nomear os debuxos para o Libro que eles están realizando, ordenaron fases do crecemento da planta e da ra, traballaron no caderno de campo... e namentres tamén se fixeron máis ricos, coas aportacións dos adultos e dos seus compañeiros e compañeiras. Está claro que a unha sesión de interactivos, nunca se sae como se entra.
|
CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse, pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos, enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas. Canto disfrutaron, rapazada e mestras!
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN #RecomendaciónsLectoras #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes encher a bolsa da praia de fermosas lecturas e viaxar a calquera tempo ou calquera lugar. Estas son as nosas recomendacións lectoras para este verán! |
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros" despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega, praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!
|
XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!
|
OBRADOIROS PREMIO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 7 de xuño o voluntariado escolar gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Hoxe foron os grupos de 3º, 4º e 5º. O día 12 o farán os de 6º. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Aquí unha mostra do seu traballo!
|
ESPECTANTES! OVOS DE BICHO PALO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado espera espectante o nacemento dos bichos palos. Por agora, adican o tempo a crear o ambiente para axeitado para os ovos. Moita humidade e moita calor, día a día ollan, esperando o su nacemento.
|
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
SAÍDA DIDÁCTICA AQUARIO E MUSEO DAS CIENCIAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 1º realiza unha saída na que recollen información para o PDI, sobre a fauna dos nosos mares.
|
PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
PROCESO NA OBRA - A PRINCESA DO COUREL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos B leva xa varias representacións de "A princesa do Courel", unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios, ensaios... e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario (amosando que saben ser responsables e ordeados coa súa roupa) facendo e repartindo as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada!
|
DESPEDIDA DO CLUB LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 19 de xuño dixemos deica logo aos Club de Lecturas "Chocolate con Libros". Desexándonos boas lecturas de verán (podedes ollar as recomendacións lectoras abaixo) moitos voltaremos en setembro. Desexarlles o mellor e moitas visitas, ao alumnado de sexto na súa nova etapa. Unha vez máis, igual que o curso pasado, o tempo non acompañou. A choiva deixounos saboreando uns ricos xeados de chocolate e lucindo as nosas camisetas lectoras na biblioteca, de seguro serán un bo complemento para este verán, e quen sabe... Igual ata se poñen de moda! Enchede a vosa alma de risas e libros. Bo verán rapazada!
Se algún non realizou o formulario de avaliación, agradecemos o faga clicándo aquí se es de 3º ou 4º ou aquí se es de 5º ou 6º. Aquí as recomendacións lectoras para o verán! |
XINCANA COMUNIDADE EDUCATIVA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Unhas imaxes da xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias.
|
"CAMINOS PARA RECONOCER TU TÍTULO UNIVERSITARIO" POR MEY LIN APAC RIVERA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 26 de maio ás 28:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Aberto a tódolos públicos. Achégate!
Unha experiencia de vida!
|
FORMACIÓN DE USUARIOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #Díaeuropeodaslinguas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O día 26 de setembro chegou unha carta as nosas aulas.
Unha carta cunha palabra escrita, unha verba un tanto estraña acompañada dunhas personaxes moi "cómicas". Buscamos na rede que significaban
esas letras xuntas e en que idioma estaban escritas, resultou que era a palabra CÓMIC en diferentes idiomas de Europa. E con todas estas palabras enchimos a cortiza
conmemorando a riqueza das linguas.
26 de setembro, Día internacional das linguas europeas
|
CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,
sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado
Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.
Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional
que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.
|
LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora. Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan, pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación, avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades, sen tan sequera ser conscientes. Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.
|
FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Sesión de martes de tarde con Formación de Usuarios para o profesorado.
|
LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
As veces só necesitamos tempo, darlles tempo. Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto "Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos, por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural, cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite. A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo, é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos. Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.
Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade. Parabéns rapazada! Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo. Por suposto, para xogar!
|
O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador. Baixou a serras do Courel e achegouse ata Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas. Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
NADAL INTERCENTROS #inclusión #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O tempo de Nadal é unha época para coincidir, para convidar, para estar xuntos e compartir o que temos con outros. Así decidimos realizar un encontro entre o alumnado da Asociación Apader e un dos sextos. Primeiro presentáronse, algúns xa se coñecen de coincidir pola vila, outros xamais se viran, pero todos gozamos dun tempo xuntos realizando un obradoiro moi doce típico do Nadal. Ao remate, o alumnado de sexto explicoulles o funcionamento da nosa Biblioteca Lía, non lles quedou detalle, probaron diversos recursos (ordenadores táctiles, xogos, pantallas...) explicáronlles a CDU e quedamos en que virán facer empréstito. Na seguinte a repazada de sexto irá ao centro de Apader realizar un obradoiro ben chulo, que tamén ten que ver con libros! 3 de decembro Día Internacional das Persoas con discapacidade, todos somos iguais e todos diferentes, isto non é cousa dun día. Por unha convivencia plena e normalizada.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- seguinte ›
- última »