Título | Resumo |
---|---|
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Recursos e fondos da biblioteca escolar! ABC Diario de Pablo Otero e un xogo permite poñer en marcha a creatividade con algo que nos identifica, que nos fai únicos e especiais, o noso nome!
|
BRAILLE OBRADOIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
Dende a Biblioteca Creativa, no noso espazo argalleiro, o alumnado poderá gozar esta semana dun obradoiro de Braille, para visibilizar outros xeitos de escribir.
Ofértase unha plantilla para escribir o nome con axuda do material de apoio exposto no cadro Lego, coas súas pezas Braille. Tamén poderase descargar a tipografía Braille e poñer dende o ordenador o nome, texto... que se desexe.
Acompañamos o obradoiro de fondos bibliográficos e libros de texto en Braille usados por alumnado cego. Libros de texto e material de apoio cedido pola ONCE. Anéxase un conto, tamén da mesma fundación, que permite aprender a escribir en Braille e unha ficha para elaborar o nome, creación da biblioteca.
|
Provocación QUEN VIVE NO BOSQUE? #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Quen vive no bosque?
Baixo esta pregunta xorde un novo espazo de xogo no noso espazo argalleiro. Un espazo para crear, xogar, ler, inventar, provocar, explorar... da man e acompañamento do noso voluntariado todo o alumnado do centro poderá pasar no tempo de lecer. Tamén poden facelo durante titorías ou especialidades coas mestras e os mestres. Podes seguir as instrucións, xogar ou ler. Tedes fondos para acompañar a proposta.
Para quen desexe crear ten os materiais nun apartado da mesa.
Idea do obradoiro extraída de Divertoloxía.
|
PROXECTO INTERXENERACIONAL "Naturalmente aprendendo!" #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa escola atópase mergullada nunha contorna natural chea de cousiñas por descubrir. Son moitas as especies de animais e plantas que podemos ver nun simple paseo e que ás veces non somos quen de ollar ou de percibir sexa por descoñecemento, por non darlle importancia ao ser cousa habitual ou polo simple ir e vir da vida de hoxe que cada día se fai máis rápida e non nos deixa pararnos a pensar, observar ou apampar. Temos multitude de fauna miúda, paxariños que cantan ao noso paso, flores únicas, unha reserva mariña ou simples felgos, que por non ser tan simples sobreviven dende a Era Terciaria.
Co obxectivo de reconectar e de tecer redes interxeracionais queremos fomentar o encontro e o intercambio de coñecementos e valores cun proxecto de traballo que vén da man da nosa biblioteca. Trataremos de tomar tempo e observar a natureza: ulila, escoitala, explorala, prestarlle atención e descubrir un mundo cheo de vida.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
POR UN ANO CHEO DE SOÑOS POR CUMPLIR! #bibliotecacreativa #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O CEIP Nicolás do Río queremos felicitar as festas coas nosas mellores mensaxeiras e mensaxeiros: as nenas e os nenos. Por un ano cheo de soños por cumprir!
Montaxe realizada dende a área de Música por todo o alumnado.
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento. No club de inventos están facendo duendes con calcetíns.
Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles.
No club de reciclaxe hai cartón por doquier, están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración.
No club de baile non paran de mover o esquelete.
O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros. Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes. Luns: Club de inventos Martes: Club de reciclaxe Mércores: Club de baile Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).
|
ESTRELA... FUGAZ? VAGALUMES & CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dous anos atrás envoltos nunha pandemia, un grupo de Vagalumes, as súas familias e a mestra sacaban adiante unha obra de teatro. Unha obra que se converteu nun radio teatro, pois non podían interactuar máis que de xeito virtual. Roupas, voces, fotos, atrezzo... voaban a través das liñas telefónicas, internet... A obra era "Estrela... fugaz?", naquel momento, obra inédita do dramaturgo que da nome á nosa biblio "Carlos Labraña". Autor que escribe para divertir, pero sempre utilizando o teatro coma unha ferramenta para achegar temáticas controvertidas. Este ano, Carlos Labraña volveu sorprendernos e esa obra saíu á luz coma unha estrela. Do mesmo modo, un bosque cheo de especies diversas volverá a escintilar e reunirnos, desta volta si, para ver aos Vagalumes no seu radio teatro, con "Estrela... fugaz?".
Quedades todas e todos convidados! Ata encher aforo.
|
CLUB DE BAILE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Club de baile de 5º e 6º despide así o trimestre! Felices Festas!
|
DOCUMENTACIÓN PROXECTO #Axenda2030 #colección #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Novas adquisición para documentarnos no proxecto "Aprendendo, naturalmente!".
|
I RUTA INTERXENERACIONAL #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Convidamos a toda a veciñanza e á comunidade educativa á I Ruta Interxeneracional (calquera persoa de calquera idade) pola Praia da Madalena. En ela, Rafael López Loureiro e Álvaro Pérez Pérez, ofertarán unha documentación sobre especies da nosa contorna. Recoméndase traer cámara fotográfica e prismáticos (en caso de ter) e a rapazada un caderno de campo.
Este roteiro pertence ao proxecto "Aprendendo, naturalmente!", esta é unha das actividades voluntarias fóra do horario escolar.
|
VOLUNTARIADO NA BE "Carlos Labraña" #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado en acción, sen elas e eles os recreos serían moi diferentes.
Gracias por facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe e xogo.
|
RICITOS DE ORO E OS TRES OSOS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ricitos de Oro e os tres osos é o conto escollido para as vindeiras
tertulias dialóxicas, dentro do Club de Lecturas, o alumnado realiza actividades relacionadas co entroido e a teatrealización da historia que complementan a lectura.
|
LEGO BRICQ #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aprendizaxe compartida, cousas lindas que ocorren na biblioteca cando un sabe de algo e quere compartir. Mecanismos!
|
OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.
Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo
amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.
Bravas! Moitos parabéns!
|
RECEITAS E COCIÑA DE ENTROIDO #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un grupo de familias toma a iniciativa e realiza unha gran proposta.
Obradoiros de cociña para o entroido. Unha xornada a mar de doce e divertida. Cantidades, produtos, pasos, perigos no cociñado, colaboración... unha gran mestura de saberes e novas aprendizaxes para conseguir unha merendola fantástica e emotiva.
Gracias familias!!
|
FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Experimentan coa flotación. Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados. Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.
|
ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,
gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.
A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco
(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.
Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e
bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,
chachán vemos a mensaxe secreta.
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.
Realizouse un obradoiro de creación de monicreques. Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e posteriormente crearon un monicreque.
Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos aos que darlles un nome e crear, con eles, un guión para unha pequena representación.
Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado, poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...
|
RECOLLIDA RECICLADOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AULAS ABERTAS #arte #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As xornadas dos venres, o alumnado de 4 anos leva a cabo unha actividade extraordinaria. As portas das dúas clases ábrense de par en par para converterse nun só grupo, cun ambiente preparado con diversas actividades que convidan a xogar, aprender, descobrer, experimentar... O alumnado vai pasando e escollendo onde quere estar, se atopa sitio libre pode quedar e pasar alí o tempo que desexe, tamén pode facelo se rapidamente decide marchar. Son as nenas e nenos onde deciden estar. Tomar decisións é algo moi importante xa dende as primeiras idades. A biblioteca actúa como banco de recursos. Pero para ver a dimensión da actividade nada mellor que unha imaxe.
|
A MIGRACIÓN DAS AVES - OBRADOIRO TEATRO #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A colaboración do banco de familias oferta diversas actividades. Nesta ocasión Simone Jenkinson ofrecerá un obradoiro de teatro sobre "A migración das aves" para o alumnado de 5 anos. Serán dúas sesión, a primeira ás 9:30h e a segunda ás 11:30h. Esta actividade está enmarcada no programa "Lectura e familias", a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
|
PRODUCTOS DA HORTA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Chema de Couzadoiro volve visitar ao alumnado de 5º de primaria, para observar o crecemento das sementes, asesoralos sobre os productos da horta e facer un obradoiro práctico. Chema tamén é o home do tempo da comarca, podedes seguilo no Facebook co nome de Meteo Ortegal. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"
|
CONTO VAI, CONTO VEN #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de catro anos leva unhas mochilas viaxeiras os luns, cheas de historias, xogos e risas que voltan á escola os xoves. Cada unha leva un conto e un obxecto relacionado con él.
|
VOLUNTARIADO REUNIÓN CURTAMETRAXE #AMI #VoluntariadonaBE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Despois do casting e diversas xuntanzas entre o equipo de bilblioteca e Alicia Freire Vera, celebramos unha reunión co alumnado voluntario que participará no casting.
Alicia dalles os parabéns, moi merecidos e faise un primeiro reparto de papeis. O alumnado expresa as súas opinións, é escoitado e validado. Recóllense as súas propostas e todos nos sentimos emocionados ante esta nova aventura.
|
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO - COLABORACIÓN FAMILIAS #bescolaresgal #FamiliasnaBE #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- seguinte ›
- última »