Título | Resumo |
---|---|
WONDER - LECTURA EN VOZ ALTA |
O ALUMNADO DE 4º REALIZOU DURANTE O 1º E O 2º TRIMESTRE LECTURA EN VOZ ALTA DO LIBRO WONDER. UNHA VEZ REMATADO CADA UN VISIONOU A PELÍCULA.
|
VOLUNTARIADO DE 5º E 6º |
O NOSO EQUIPO DE VOLUNTARIOS! GRACIAS CHICAS E CHICOS POR AGASALLAR CO VOSO TEMPO Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA!
|
DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA? |
DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS... CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE. GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS! |
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR |
ESTADES TODOS CONVIDADOS!
|
TV GALIZA VAGALUMES |
COINCIDINDO COAS XORNADAS QUE MARES DE CEDEIRA MUSEO ORGANIZOU PARA OS CENTROS ESCOLARES DA VILA, OS VAGALUMES DE 3º A DECIDEN DEIXAR CONSTANCIA DO SUCESO E PREPARAN UN TELEXORNAL. A RAPETA É UN ARTE DE PESCA (PROHIBIDA AGORA NA VILA), PERO QUE PERMITÍU CREAR MEMORIA COLECTIVA NO POBO. ESTE ALUMNADO, INMERSO NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, DECIDÍU SACARLLE O MÁXIMO PROVEITO. CON ANTERIORIDADE Á RAPETA REALIZARON RUTINAS DE PENSAMENTO EN GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS.
|
AVALIACIÓN BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
AGRADECEMOS CUBRA ESTA ENQUISA ONLINE E ANÓNIMA PARA AVALIAR O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CARLOS LABRAÑA. PODE FACELO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRES. ISTO AXUDA A MELLORAR. MOITAS GRACIAS! ENQUISA ONLINE BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
APADRIÑAMENTOS LECTORES - INTERCENTROS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS COMPARTÍU HOXE UNHA XORNADA MOI EMOTIVA XUNTO AO ALUMNADO DE 2º DE BACHERELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA. A LEDICIA ILUMINOU OS OLLOS DE TODOS CANTOS PARTICIPARON. PARABÉNS POR TANTO DERROCHE DE CARIÑO E VERSOS!
|
BIBLIOTECA CREATIVA |
UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE. UN LUGAR PARA A COOPERACIÓN QUE BRINDA DIFERENTES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E DE CREATIVIDADE. UNHA BIBLIOTECA PARA TODAS E TODOS QUE CONTRIBÚE Á INCLUSIÓN. |
A NOSA BIBLIOTECA CREATIVA! |
ACTIVIDADES REALIZADAS NA NOSA BIBLIOTECA CREATIVA E INCLUSIVA. O LABORATORIO DE APRENDIZAXE QUE ACOLLE A TODOS E TODAS, UN ESPAZO FLEXIBLE CON MATERIAS DIVERSOS QUE OFERTA OPORTUNIDADES PARA ARGALLAR, CREAR, EXPRESARSE E APRENDER. |
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
XEOLOXÍA - PROXECTO INTERCENTROS |
Os Vagalumes de 4º A xa están inmersos no Proxecto Intercentros que iniciaron o curso pasado sobre o Patrimonio Inmaterial co alumnado do Ies Punta Candieira. Comezan este ano cunha tarefa sobre xeoloxía. En grupos ou de xeito individual escolleron dous experimentos sobre a tectónica de placas. Aquí as súas exposicións. |
MIÑA TERRIÑA - MEU LAR |
PROXECTO MEDIO AMBIENTE O día 27 de setembro escolares, mestres e familias participaron nunha charla-coloquio no auditorio municipal. Os nosos obxectivos: ver cales eran as ideas do alumnado respecto ao cambio climático, a perda de biodiversidade, as posibles actuacións dende a escola,... A charla foi guiada por un traballador do Concello, habitual colaborador nas actividades escolares: Quique Vázquez. O fío conductor do debate foi o vídeo titulado: "Miña terriña, meu lar", que convidaba a reflexión. Foi este día o que xurdiron as bases sobre as que se asentará o proxecto anual de biblioteca. Os escolares teñen bastante claro o que debemos Reducir - Reutilizar e Reciclar. Xa iremos vendo como o facemos... |
SEMANA DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN |
DENTRO DA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN: APRENDER A INVESTIGAR (QUE O ALUMNADO DE 4º E 6º DE PRIMARIA LEVAN A CABO NAS TITORIAS) TIVEMOS UNHAS SESIÓNS ESPECIAIS ONDE RAMÓN LOUREIRO, ESCRITOR E PERIODISTA NA VOZ DE GALICIA, VEU ACHEGARNOS A SÚA PROFESIÓN. ESTAS SESIÓNS ESTÁN ENMARCADAS NA CELEBRACIÓN DA SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN A PROPOSTA DA UNESCO.
|
XEOLOXÍA E LENDAS! |
CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA, OS VAGALUMES E TODO O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA,REALIZARON UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO XEOLÓXICO DA CAPELADA. ALÍ PUIDERON APRECIAR AS FORMACIÓNS XEOLÓXICAS DO PALEOZOICO, DA MAN DO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA. ASÍ MESMO REALIZARON UN OBRADOIRO DE FIGURIÑAS DE PAN (SANANDRESIÑOS) E LENDAS CON JORGE BELLÓN EN SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. |
ESTAMOS DE PARABÉNS!! |
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA ESTAMOS MOI FELICES! "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE, RESULTOU PREMIADO NO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESTA AVENTURA QUE SOÑAMOS HOXE AGROMA, DESPOIS DE RECIBIR MIMOS E COIDADOS DO ALUMNADO PARTICIPANTE, DAS AVOAS, ATURUXEIRAS, FAMILIAS EN XERAL, DIVERSOS AXENTES SOCIAIS E DAS MESTRAS. QUEREMOS AGRADECER A TODOS E TODAS OS QUE PUXERON UN POUQUIÑO DE ILUSIÓN EN QUE ISO FÓRA POSIBLE. COMO SEMENTE QUE PLANTAMOS ESTE ANO ESTÁ MEDRANDO, ESTE ALUMNADO TEN MOITO MÁIS QUE OFRECER, ATENTOS! PROXECTO "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE
|
Proxecto "Somos pediatras" |
Neste segundo trimestre, os Vagalumes de 4º A, están realizando un miniproxecto que leva por título "Somos pediatras", coa intención de profundizar no estudo da nutrición e prevención de enfermidades comúns. Para documentarse solicitaron a axuda dunha pediatra. Ana, a tía de Miguel García, foi a encargada de transmitir unha información moi valiosa.
Dende logo foi unha visita moi productiva, pois solventou dúas dúbidas de gran actualidade na vida cotiá da nosa vila: - Por qué non temos sustituta ou sustituto de pediatría? - Que pasa co coronavirus? Agradecer que respondese a todas as dúbidas plantexadas e toda a preparación do material para a formación. Dende a Biblioteca Carlos Labraña apoiamos "A revolta dos chupetes". Aquí deixamos algunha información de interese. |
Tertulias dialóxicas |
Os Vagalumes xa están moi adiantados na lectura de "A increible historia da avoa ganster" de David Wallies.
Os nosos moderadores Miguel (aluno) e Diego (familiar adulto) darán remate á ultima tertulia dialóxica por este libro o luns 9 de marzo.
De seguro aparecerán unha manchea de novas proposta de lectura para dialogar, gozar e debater. Agradecer ás familias a súa implicación. |
Avaliación da charla: Onde vai a auga que usamos? |
Agradecemos que se participaches na charla como aluna, aluno, mestra, mestre... realices a avaliación que se presenta. Así podemos mellorar! Gracias por participar. |
RECICREA! |
Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea. Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado. Moita sorte a todas e todos!
|
Xornada de teatro escolar |
O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina. Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.
Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa, manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais, poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.
Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos! Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña. |
Coronavirus - #euquedonacasa |
Ante o estado de alarma, "suspéndense as clases lectivas dende o luns 16 de marzo e durante 14 días". Pero dende a Biblioteca Carlos Labraña queremos seguir propoñendo actividades didácticas que axuden a levar este encerro necesario dun xeito máis ameno. |
CÁNTALLE A ROSALÍA #EuQuedoNaCasa |
#EuQuedoNaCasa Este luns tiñamos xa organizado o noso karaoke a Rosalía de Castro nos recreos da biblio. E se cantamos desde casa? Cantade baixiño, a berros pola ventá, en parellas, con coreografía... E se queredes compartilo: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Aí van as nosas propostas!
|
QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
SEGUIMOS CANTANDO! E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS
VEÑA! A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE. ACORDÁDESVOS?
|
MANUALIDADES UN POUCO MÁXICAS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Estades preparadas e preparados para facer unha manualidade chea de maxia? Precisades:
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
karaoke Ua, Ua, Ua! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe toca cantar karaoke e que mellor que co noso karaoke de A viaxe de Percebiño! Veña queremos escoitarvos dende todas as ventás! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »